Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
A Coruña: debate arredor das persoas refuxiadas, con Beatriz Maceda e Laura Lizancos
O
19 de xuño, ás 20:00 horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, terá lugar un debate, coorganizado por esta entidade e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, arredor das persoas refuxiadas con motivo do Día Mundial das persoas refuxiadas que é o día seguinte o día 20, coa participación da autora do libro Lúa en Ningures, Beatriz Maceda, acompañada de Laura Lizancos (Coordenadora de Families 4 Peace).
Ribeira: actos do 14, 15 e 16 de xuño na Feira do Libro 2019
Melide: presentación de No perfil das verbas e Luces de festa, de Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero
Compostela: presentación de En efecto bolboreta, de Ana Pillado Vega
Compostela: presentación de Cidade Cemento, de Ana Santiso
Redondela: actos destacados do 8 e 9 de xuño na Feira do Libro 2019
O
9 de xuño finaliza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 8
– 18:30 h. Concerto-presentación de Canta, miña pedra, canta. Homenaxe a Antonio Fraguas, de Xoán Curiel, publicado por Galaxia.
Domingo 9
– 12:00 h. Sinatura de Vicus. Un lugar do común, de Beato Luces, na caseta da Libraría Hijos de Amador Pérez.
– 13:00 h. Cantos de traballo das mulleres do mar, banda sonora da novela A gran travesía de Chiruca Macallás, espectáculo musical de Xurxo Souto.
– 18:30 h. Concerto-presentación de Cantamos, de Luís Vallecillo, publicado por Guindastre Edicións. Posterior sinatura na caseta da Secretaría.
Melide: presentación de Revolución detrito, de Xosé de Cea
Redondela: acto destacado do 7 de xuño na Feira do Libro 2019
O
7 de xuño continúa a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Presentación de Pelo de nube, de Dani Viéitez e Iria Iglesias, publicado por Embora.
– 20:45 h. Presentación de As Penlas de Redondela, de Telmo Crespo Tojeiro, publicado por Imprenta Amador Pérez.
Compostela: xornada de homenaxe a Xabier P. DoCampo
Máis información aquí.








