Arquivo da categoría: Música
Salvaterra: XXXI Festival de Poesia no Condado
A
Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado organiza o XXXI Festival da Poesia, que este ano está dedicado ao río Miño. Dentro do seu programa destacamos os seguintes actos literarios:
Venres 1
– 21:00 h. Noite nas Minas. Fran Alonso. Recital poético previo ao concerto de Branta. Esta é a única actividade de pagamento do festival; as entradas custan 10 euros (8 para pessoas desempregadas) e poden reservarse chamando ao 605676572 ou no correo info@scdcondado.org.
Sábado 2
– 13:30 h. Sessom Vermute, con Leo i Arremecághona, Marga Tojo e Vítor Vaqueiro.
– 19:00 h. Poesia. Abordagem poética: Comando Esbardalle e Catarina Fernandes.
– 20:30 h. Poesia & Música. Presenta Isabel Risco.
Recitan: Charo Lopes, Francisco Xosé Fernández Naval, Miriam Ferradáns, Rebeca Baceiredo, Lorena Conde e Marilar Aleixandre.
Música: De Outra Margem, Esposa, Os Diplomáticos de Monte Alto e Sacha Na Horta.
Parada, O Courel: III Festival dos Eidos
A Coruña: Libros a monte 2017
“Vigo e as mulleres artistas”
O Barqueiro: VII Xornadas Memoria dun tempo
Monforte: actos destacados da Feira do Libro no venres 25
O
venres 25 de agosto continúa a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Concerto-espectáculo de Volta, revolta e reviravolta, das Maimiñas, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Presentación de Contáronme que che contara, de Antón Valcarce, publicado por Agrasar. No acto participa Manuel Veiga.
Compostela: presentación de Sopa de versos, de Quico Valeiras
Monforte: actos destacados da Feira do Libro no mércores 23
O
mércores 23 de agosto comeza a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. (neste primeiro día só abrirá pola tarde), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Inauguración da Feira. Pregón inaugural a cargo de Yolanda Castaño, tras actuar a Banda de Gaitas de Monforte.
– 21:00 h. Presentación de A invención dun deus. Xesús de Nazaret I. De predicador a Mesías, de Xulio López Valcárcel, publicado por Laiovento. Participan no acto, xunto ao autor, Manuel Rajo e Pedro Corsino Fernández Vila.
Teo: V aniversario de Avelino Pousa Antelo
O
domingo 20 de agosto, ás 12:00 horas, na Casa do Concello de Teo, terán lugar os actos do V aniversario de Avelino Pousa Antelo.
PROGRAMA:
I. Casa do Concello de Teo.
* Benvida pola Concelleira de Cultura, Pilar Faxil.
* Saúda do Representante da A. C. Xermolos, Irmandade Manuel María e Irmandade Avelino Pousa, Alfonso Blanco Torrado.
* Intervención musical de Mini e Mero.
* Lectura da acta de concesión do Premio O Caxato de Avelino á familia de Valentín Arias.
* Intervén o Mantedor do Acto: Arlindo López Arias.
* Entrega do Premio por parte de Mini e Mero.
* Intervención da familia de Valentín Arias.
* Actuación musical de Mini e Mero.
* Intervención da familia de Avelino Pousa.
* Intervención Peche do Acto polo Alcalde de Teo, Rafael Sisto.
II. Xardín/Paseo Avelino Pousa, na Urbanización Os Verxeis.
* Actuación musical.
* Intervención en representación da A. C. Xermolos, Irmandade Manuel María e Irmandade Avelino Pousa, de Xosé Quintas Canella.
* Intervención familia de Avelino Pousa.
* Ofrenda floral a Avelino Pousa.
Estase programando un xantar e iso depende de quen se apunte. As persoas interesadas deben avisar en erdao@hotmail.com ou no teléfono 636032750.







