Arquivo da categoría: Obradoiros
Vigo: obradoiro arredor do libro ZOO LIBRE, de Soledad García Riveiro, o 19 de outubro
A Coruña: VII Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Compañeira, facemos a foliada, o 15 de outubro

Chegan as VII Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Compañeira, facemos a foliada, organizadas pola Universidade da Coruña, coas que colabora a AELG ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
A actividade terá lugar o 15 de outubro, ás 17:00 horas, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, con entrada libre e gratuíta. As profesoras coordinadoras da actividade son Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire, Patricia Carballal Miñán e Andrea Maceiras Lafuente, da Facultade.
O obradoiro-coloquio contará coa presenza de:
– Icía Varela e Xosé Manuel Varela, que falarán sobre Cantareiras.
– Bea Campos, arredor de Orella pendella: obradoiro para xogar cos ditos de sempre.
Allariz: X Festival Internacional de Poesía Poemagosto
Ourense: presentación e obradoiro de escrita creativa arredor de Rolando. Un fío resistente, con Alba de Evan e Xabier Domínguez, o 5 de outubro
O 30 de setembro, Día Internacional da Tradución, botou a andar o XIII Obradoiro de Tradución Poética en San Simón
XIII Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador
Obradoiro Sen fronteiras. Creación literaria e diálogo entre xéneros, impartido por Paula Carballeira, en Compostela
 O Obradoiro Sen fronteiras. Creación literaria e diálogo entre xéneros, impartido por Paula Carballeira e cunha sesión especial de Clara Gayo, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Santiago de Compostela.
O Obradoiro Sen fronteiras. Creación literaria e diálogo entre xéneros, impartido por Paula Carballeira e cunha sesión especial de Clara Gayo, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Santiago de Compostela.
O teatro dialoga coa prosa e, por suposto, coa poesía, porque hai poesía na novela e narración, ás veces, no drama. Neste obradoiro achegarémonos aos diferentes xéneros, creando textos, xogando, e descubrindo as posibilidades da escrita. Probaremos a esvaecer as fronteiras entre eles, a propoñer diferentes formas para as ideas que queiramos transmitir, a recoñecer as nosas habilidades na artesanía da linguaxe. E, sobre todo, divertirémonos en serio.
– Terá 8 sesións de 3 horas cada unha.
– Hai un total de 15 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase, mediante o envío dun correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.
– O obradoiro desenvolverase no Espazo Apego (Rúa República do Salvador, 12, entresollado), en Santiago de Compostela.
Calendario
– Días: sábados 26 de outubro; 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro; e 7 e 14 de decembro de 2024.
– Horarios: de 10:30 a 13:30 h.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
Apiario: obradoiros de poesía e escrita creativa curso 2024/2025

Máis información aquí.
 
							











