Crónica fotográfica do recital Versos na Baixamar 2022, en Barreiros

Estas son algunhas das fotografías do recital Versos na Baixamar en Barreiros, que tivo lugar o 22 de maio, iniciativa da AELG e o Concello de Barreiros. A crónica fotográfica completa (a autora das fotos é Alba Díaz) pode verse aquí.

Lugo: presentación de Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa

O 30 de maio, ás 19:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21º), en Lugo, preséntase o libro Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa, editado por Biblos. Estarán presentes  Pilar García Negro, Manuel Castelao Mexuto e Marica Campo.

Carral: A cultura é un dereito. Xornada XII: “Certames de poesía como motores dunha literatura propia”, o 9 de xuño

O Porriño: actividades do 27 de maio da Feira do Libro 2022