Arquivo da categoría: Poesía
A Coruña: recital de Xavier Rodríguez Baixeras e Maria do Rosário Pedreira no Ciclo Poetas Di(n)versos

A segunda feira 14 de xuño, ás 20:00 horas, no Auditorio do Centro Ágora, continúa o Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido polo Concello da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Xavier Rodríguez Baixeras e a poeta portuguesa Maria do Rosário Pedreira. Con 90 prazas permitidas de público presencial, non se espera que ninguén quede fóra deste acto aberto e gratuíto, coas debidas medidas de seguridade pero tamén retransmitido por streaming. Máis información aquí: Poetas Di(n)versos xuño 2021
Festival de Poesía Guitirica 2021
Recital: Binomio poético, con Oriana Méndez e Manuel López Rodríguez
“Xela Arias: A palabra na guía”
Carlos Callón: Inscricións
Bertamiráns, Ames: presentación de Estrita necesidade, de Carlos Negro
Rianxo: presentación de Trobar do ar, de Xosé Manuel Lobato, o 11 de xuño
Tabela dos libros. Xuño de 2021
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a nova Tabela dos Libros, que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”






