Ourense: actividades destacadas da Feira do Libro o 1 de xuño

O 1 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

19:00 h. Presentación de Flor negra, de Genaro da Silva, publicado por Chan da Pólvora.
20:00 h. Recital poético arredor do libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, publicado por Alvarellos.
21:00 h. Presentación de Os Eidos de Novoneyra, do selo da Biblioteca da Mesopotamia, de Chan da Pólvora.

Semana do Libro de Compostela (Selic) 2018, actos destacados do venres 1

O venres 1 de xuño abre as súas portas a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 17:00 a 21:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:

17:30 h. Espazo efémero. Inauguración SELIC. Brinde con Rosalía de Castro.
18:30 h. Teixido. San Andrés de Lonxe: Mitos e Ritos. Deputación da Coruña. Presentación do libro de Xohana Torres. Participarán á Vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín Rei, Xan Carballa e Ana Romaní.
19:30 h. Xandobela. Poemas estampados. Obradoiro creativo no que ilustraremos poemas con selos e tintas de cores.
21:30 h. OFF SELIC. Quico Cadaval. Contada a cargo de Quico Cadaval organizada polo Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago.

A Coruña: recital de Antón Blanco Casás e Najwan Darwish no Ciclo Poetas Di(n)versos

A segunda feira 28 de maio, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Antón Blanco Casás e o poeta palestino Najwan Darwish. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos maio 2018.