A
terza feira 6 de febreiro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, Teresa López pronunciará, dentro do ciclo “Língua, Cultura e País”, a palestra Sobre a poesía e os poetas da Irmandade da Fala, nun acto organizado pola A. C. O Facho.
Arquivo da categoría: Poesía
Bueu: presentación de O branco non pinta!, de Antía Otero, e Lumes, de Ismael Ramos
O Courel: presentación de Os Eidos, de Uxío Novoneyra
Compostela: concerto de despedida do Pergamiño Vindel con Ensemble Micrologus e Dores Tembrás
A
sexta feira 2 de marzo, ás 20:30 horas, no Museo do Centro Gaiás (Cidade da Cultura), terá lugar un concerto de despedida do Pergamiño Vindel, a cargo do grupo de música antiga Ensemble Micrologus, que interpretará seis das sete cantigas con melodía de Martín Códax, mentres que Dores Tembrás recreará a única sen notación, pero á que lle porá musicalidade co seu recitado. Máis información sobre as entradas aquí.
Pontevedra: presentación de Cartas dende o esquenzo, de Baldo Ramos
Moaña: presentación de As cinzas de Pasolini, de Xosé M. Millán Otero
Pontevedra: Teñamos a poesía en Paz, con Daniel Salgado, Elvira Ribeiro e Míriam Ferradáns
Vídeo da presentación, en directo, de amada Rosalía polas redes sociais, por Suso Díaz
Desde
a web do autor:
“O 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, presentei en directo polas redes sociais, Facebook e Instragram, o libro amada Rosalía, adicado á nosa autora universal.
Foi unha presentación distinta, moi especial, á que calquera podía sumarse e seguila alá onde se atopase, tamén interactuar ou deixar o seu comentario.
Coido que é un novo xeito de achegar os traballos ao público que o demande, tamén os literarios, de amosalos ao mundo sen distancias e impedimentos físicos, un vieiro que cómpre ir explorando e aproveitando en prol da literatura, por que non?
Deixo aquí a gravación completa da presentación.”






