Arquivo da categoría: Tradución
A Coruña: presentación de Eno mar cabe quant’i quer caber, froito do II Obradoiro Con barqueira e remador, con Isaac Xubín e Yolanda Castaño
O
mércores 17 de decembro, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32) da Coruña, preséntase o libro de poesía internacional contemporánea en tradución ao galego Eno mar cabe quant’i quer caber, froito do II Obradoiro de Tradución Poética Con barqueira e remador, que tivo lugar na Illa de San Simón, en outubro de 2013, obra publicada pola Deputación de Pontevedra. O acto contará coa presenza do tradutor ao galego, Isaac Xubín, e Yolanda Castaño (coodinadora do Obradoiro Internacional de Tradución Poética).
Madrid: conversa con Yolanda Castaño arredor de A segunda lingua
O
luns 15 de decembro, ás 19:30 horas, na Librería Alberti (Rúa Tutor, 57) de Madrid, terá lugar unha conversa de Yolanda Castaño con Elena Medel arredor de A segunda lingua, co gallo da publicación da edición bilingüe da obra en Visor Libros. A foto da autora é de Pedro Castro.
A Coruña: conversa con Yolanda Castaño arredor de A segunda lingua
O
martes 9 de decembro, ás 20:00 horas, na Linda Rama (Porta de Aires, 4, baixo) da Coruña, terá lugar unha conversa de Yolanda Castaño con Ana Abelenda arredor de A segunda lingua, co gallo da publicación da edición bilingüe da obra en Visor Libros. A foto da autora é de Pedro Castro.
Pontevedra: programa de actividades do Culturgal 2014
A Coruña: presentación de Galiza, um Povo Sentimental?, de Helena Miguélez-Carballeira
A
sexta-feira, 5 de decembro, ás 20:00 horas, na Linda Rama (Rúa Porta de Aires, 4, baixo) da Coruña, preséntase Galiza, um Povo Sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego, de Helena Miguélez-Carballeira, publicada por Através, editado orixinalmente en inglés, con tradución de Fernando Vásquez Corredoira. No acto, xunto á autora, participa Alberto Lema.
Entrevista a María Alonso Seisdedos, unha das tradutoras ao galego do Ulises de Joyce
Vila Nova da Cerveira: presentacións e recital de Manuel Cortés, Raúl Gómez Pato, María Reimóndez, Carlos Negro e Lorena Rei
“Dragal: un llibre de misteri i aventures”, reportaxe sobre o libro de Elena Gallego na TV3
Emitiuse
, no programa Super3 da Televisió de Catalunya, unha reportaxe arredor do encontro de Elena Gallego co alumnado do Institut Pau Claris de Barcelona sobre a versión en catalán da saga Dragal.
Pódese ver completa nesta ligazón.
Comunicado da Editora Hugin e Munin
Desde
a Editora Hugin e Munin:
“Hai agora un mes manifestamos publicamente o noso malestar co sistema de adxudicación de axudas á tradución e comprometémonos a explicar os motivos nun prazo de tempo razoable.
O luns 3 de novembro de 2014, entregamos formalmente o seguinte documento con senllas copias para o Valedor do Pobo, o Secretario Xeral de Cultura, o Conselleiro de Cultura e mais o Presidente da Xunta de Galicia. Intitulámolo “Denuncia do actual sistema de adxudicación de axudas á tradución e proposta para un cambio efectivo de modelo”, e pedímosvos agora que o leades con suma atención e que o difundades tanto como vos sexa posible.
Non só atangue aos tradutores e editores, tamén aos autores e aos lectores, que vemos mermada, cuantitativa e cualitativamente, a produción editorial de tradución en galego.”
O texto, asinado por Alejandro Tobar, pódese descargar aquí.”


