Do mércores
30 de marzo ao venres 29 de abril, os Encontros Cidade da Coruña chegan á sua cuarta edición co lema Ser Escritor, Ser Escritora, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega.
Teremos oportunidade de asistir a catro conferencias, todas no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) ás 20:00 h.:
– Mércores 30 de marzo: Ser Escritora e Africana, Ana Paula Tavares
– Mércores 6 de abril: Creación, Lingua e Identidade, Mariasun Landa.
– Mércores 13 de abril: Vagar nos lindes. Tirar da pel, Ana Romaní.
– Venres 29 de abril: Da natureza e a xeración do pensamento. Linguaxe poética, Antonio Gamoneda.
Ser escritor/escritora significa un determinado xeito de se realizar na escrita.
Ser escritor/escritora significa unha forma de asumir publicamente unha voz que pregunta, cuestiona, compromete e ofrece á sociedade aquela perspectiva alternativa ou mesmo oculta.
O ser do escritor/escritora non obedece ás convencións ou imposicións alleas ás súas conviccións -coas que busca no inexplorado do ser humano-, co que se comunica co ser dos outros, co que coñece o propio ser.
Ser escritor/escritora é ser voz e dar a coñecer o seu consciente ou subconsciente persoal ou colectivo.
Ser escritor é ser dun idioma e dun tempo.


xoves 10 de febreiro, ás 20:00 h, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o novo poemario de
26 de outubro, ás 20:30 h., no Órgano da Igrexa da Universidade, en Santiago de Compostela, a Asociación Panda de RR. LL. e a Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago organizan un recital, no que participan
venres 1 de outubro de 2010 ás 19:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, preséntase o libro
Durante os días 20, 21 e 29 de abril de 2010 terán lugar no Consello da Cultura Galega as xornadas “Comunicar cultura”, que contarán coa participación, entre outras, de Ramón Villares, Ana Romaní, Camilo Franco, Carlos G. Reigosa, Santiago Jaureguizar, Xosé Ramón Pena, Antón Lopo e Alfredo Ferreiro. A organización está principalmente a cargo de Xosé López, Xosé Manuel Pereiro e Rosa Aneiros. Pode consultarse o 