Desde o Concello de Bueu:
“Antía Yáñez resultou gañadora do XIX Premio Johan Carballeira de Xornalismo convocado polo Concello de Bueu con “A saúde mental en Galicia, en bragas’, publicada na revista Luzes e que destacou de entre as dezaseis obras presentadas. O xurado, que se reuniu na tarde deste martes, 3 de maio, coincidindo co Día Mundial da Liberdade de Prensa, estivo conformado polas xornalistas Cláudia Morán Mato, Marta Veiga Izaguirre (gañadora da pasada edición do certame), e Manuel A. Mosteiro García, en representación da Asociación de Amigos de Johan Carballeira. Na acta, o xurado salientou que “esta crónica xornalística vincula o persoal e o político, pois parte dunha vivencia propia entroncando coas opinións de profesionais e doutros doentes de forma fluída”. Así mesmo, “visibiliza o tema das enfermidades mentais, de urxente atención e agravadas pola pandemia, e da problemática que supón ter que enfrontarse a un profesional diferente cada vez que abres a porta da consulta”, sen esquecer “que o remate desta crónica, a pesar de ser breve, é moi expresivo e contundente”.
O premio, dotado con 1.500 euros, naceu coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johan Carballeira, quen tamén fora alcalde de Bueu ata o seu asasinato a mans dos franquistas. (…)”
Arquivos da etiqueta: Antía Yáñez Rodríguez
Combarro: Vermús literarios Un Ronsel de historias, maio de 2022
Compostela: actividades do 7 de maio da Feira do Libro 2022
Ourense: presentación de Non penses nun elefante rosa, de Antía Yáñez
Compostela: actividades do 3 de maio da Feira do Libro 2022
Antía Yáñez, escritora: “Non sabemos como tratar e tratarnos canto a doenzas mentais”
Entrevista a Antía Yáñez na Televisión de Galicia:
“Na psicoloxía hai un efecto chamado o do elefante rosa. Trátase do control dos pensamentos. A sensación de que os pensamentos nos traizoan. Cada persoa pode vivilo de maneira diferente e, máis ou menos, obsesivamente. Se non queres pensar nun elefante rosa, inmediatamente o noso pensamento faise rebelde e aparece nel un elefante rosa…
Neste libro hai obsesións, pensamentos rebeldes e intención de controlalos. Non penses nun elefante rosa é a novela de Antía Yáñez que se acaba de publicar en Xerais.
A entrevista pode verse aquí.”