Arquivos da etiqueta: Fran Alonso
Ourense: “Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas”, con Ánxela Gracián
O
Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas é unha actividade coa que colabora a AELG ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), ten como obxectivo nesta quinta edición afondar no diálogo entre imaxe e texto e tamén en como a partir doutras expresións artísticas se configuran obras infantís.
Desenvolverase na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) da Universidade de Vigo, todos os martes do mes de outubro, días 1, 8, 15, 22 e 29, sempre ás 18:00.
Recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección (en proceso). Inscrición, gratuíta, en imocino@gmail.com.
Entrada libre.
Este é o programa:
8 de outubro
Ánxela Gracián
Escribir coa memoria prestada.
15 de outubro
Fran Alonso
Palabras deseñadas.
22 de outubro
Jacobo Fernández Serrano
En que forno estaba o teu
?
29 de outubro
Jorge Campos
Explorando narrativas alternativas.
Compostela: presentación de Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en Matemáticas, de Nicanor Alonso e Miguel Mirás
O
7 de outubro, ás 18:00 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en Matemáticas de Nicanor Alonso e Miguel Mirás, publicado por Xerais. No acto participarán Elena Vázquez Cendón, Decana da Facultade de Matemáticas da USC; Nicanor Alonso e Miguel Mirás, autores do libro; e Fran Alonso.
Marín: presentación de Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad
Helena González Fernández: “Chegar a unha interpretación feminista de Rosalía foi unha carreira de obstáculos”
Entrevista
de Xan Carballa a Helena González Fernández en A Nosa Terra:
“(…) – A Nosa Terra (ANT): Antoloxías de Rosalía pódense facer moitas, pero aquí é clara a intención desde o título, Rosalía feminista.
– Helena González Fernández (HGF): Facer este libro foi como armar un xoguete fermoso. Foi unha aposta do editor Fran Alonso, quería algo contemporáneo, non un traballo filolóxico que xa está realizando Anxo Angueira. Un libro máis popular e deste tempo intentando conectar coa lectura que fixeron as feministas dos 80 e que foi medrando. O panorama de estudos rosalianos estaba moi receptivo a eses enfoques, nos que Rosalía saía da única lectura do nós e a nación. É de aí que xorde a antoloxía Rosalía feminista: popularizar unha Rosalía que nos acompaña no século XXI e que dá claves para cuestións do noso tempo. O título viña dado e só aceitei se podía remexer os poemas e propoñer un novo fío narrativo, que é o que fago nas miñas clases. Traballo con estudantes que entran en contacto con Rosalía un tempo moi limitado e debo manexar conceptos de teoría política e de feminismo que eles teñan a man. Propoño poemas que conecten coas grandes figuras da teoría feminista. O outro elemento que perseguín é que houbese figuras. Moitas veces lese a Rosalía desde unha ollada biográfica, que para min redúcelle potencial político, ou senón lecturas moi histórico-filolóxicas. Parecíame que en Rosalía hai moitas mulleres. E isto non é unha idea miña senón das persoas que máis saben nos estudos rosalianos. Que puidesen verse nenas, mozas e vellas, mulleres frustradas, iradas ou suicidas ou mulleres que celebran.
– ANT: Interésalle iso que denomina facer a xenealoxía das viúvas.
– HGF: Ler As viúvas dos vivos como un libro narrativo, con principio e final. De maneira que podes ver a marcha do home, a soidade da muller, a dor horríbel que a confinaba na desesperación, na saudade que non ten cura ou na loucura que a leva ao suicidio e diante da imposibilidade do suicidio (o poema das Torres de Catoira) concluír que xa que non podo morrer por el teño que facerme cargo do meu. Velaí cando xorde o concepto da viúva de vivo, non só como alguén que espera, que é a lectura habitual que facemos dela, senón de alguén que farta de esperar decide navegar. Velaí o fío con Xohana Torres. A viúva dos vivos non é unha muller vella, senón alguén con forza para a travesía, para ir a América, aínda sabendo que pode non atopar o home, e que sente a perda da Terra que deixa. É un final espectacular, moito máis interesante que o da muller que só queda esperando por moi conmovedor que resulte. (…)”
Ourense: “Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas”, con María Solar
O
Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas é unha actividade coa que colabora a AELG ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), ten como obxectivo nesta quinta edición afondar no diálogo entre imaxe e texto e tamén en como a partir doutras expresións artísticas se configuran obras infantís.
Desenvolverase na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) da Universidade de Vigo, todos os martes do mes de outubro, días 1, 8, 15, 22 e 29, sempre ás 18:00.
Recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección (en proceso). Inscrición, gratuíta, en imocino@gmail.com.
Entrada libre.
Este é o programa:
1 de outubro
María Solar.
Do que eu escribo ao que ti les. Imaxes, interaccións e recursos no proceso narrativo infantil.
8 de outubro
Fran Alonso
Palabras deseñadas.
15 de outubro
Ánxela Gracián
Escribir coa memoria prestada.
22 de outubro
Jacobo Fernández Serrano
En que forno estaba o teu
?
29 de outubro
Jorge Campos
Explorando narrativas alternativas.
Ourense: “Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas”

Pontevedra: presentación de En las orillas del Sar, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
Feira do Libro da Coruña 2019: actividades literarias destacadas do 7 de agosto
O
7 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Presentación de Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco, publicado por Xerais. Participan María Lado, Fran Alonso e o autor. Ao remate sinatura de exemplares.
– 18:00 h. Animaliños (5 a 11 anos). Narración oral de contos do mundo con Ramiro Neira.
– 19:00 h. Presentación de Remexido de patacas, de Eli Ríos e As fauces feroces de Emma Pedreira, publicados por Baía Edicións.
– 19:00 h. Obradoiro, contacontos e presentación de A manchas ou a raias?, de Estefanía Padullés, publicado por Hércules de Edicións.
– 19:00 h. Carlos Meixide asina na caseta da Libraría Berbiriana.
– 19:30 h. Nuria Díaz asina Pioneiras na caseta de Moito Conto.
– 19:30 h. Lucía Cobo asina na caseta da Libraría Lume.
– 19:45 h. Presentación de Rosalía feminista, de Helena González Fernández, publicado por Xerais. Participan Ana Romaní, Fran Alonso e a autora. Ao remate sinatura de exemplares.
– 20:30 h. “Retratos e poemas da emigración”. Participan Manuel Rivas, Manuel Álvarez, Manuel Bragado e modera Xosé Manuel Pereiro. Sinatura de Sementeira porträts e de todos os libros de Manuel Rivas.
– 20:30 h. Esther López Castro asina María na busca da liña do horizonte na caseta da Libraría Arenas.
Feira do Libro da Coruña 2019: actividades literarias destacadas do 6 de agosto
O
6 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Tito Pérez asina O latexar do barrio, na caseta da Libraría Nobel da Coruña.
– 18:00 h. Presentación de En efecto bolboreta, de Ana Pillado Vega, publicado por Fervenza. Con Sofía de Labañou e María Manseliña.
– 19:00 h. Presentación de Galileo no espello da noite, de Xabier Paz, publicado por Xerais. Participan Carmen Denébola Álvarez Seoane, Vicepresidenta da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Fran Alonso e o autor. Ao remate sinatura de exemplares.
– 19:00 h. Xulio López Valcárcel asina A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. II. A configuración do mito. De Mesías a Deus, publicado por Laiovento, na caseta do Consorcio.
– 19:30 h. Enrique López asina Hércules e o xigante. Unha torre de lenda, na caseta de Hércules de Edicións.
– 19:45 h. García Lorca en imaxes. Seis poemas galegos, publicado por Alvarellos Editora. Con Henrique Alvarellos e Diego Rodríguez.
– 20:30 h. Antonio Sandoval asina A Torre, publicado por Kalandraka, na caseta de Moito Conto.