Arquivos da etiqueta: Francisco X. Fernández Naval
A Coruña: presentación de Mar de Lira, de Francisco X. Fernández Naval
“O 11 de abril, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, Francisco X. Fernández Naval presenta a súa obra Mar de Lira, publicada pola editorial Caldeirón. Acompaña ao autor o poeta Xosé Iglesias. As persoas interesadas poden anotarse aquí.”
A Coruña: Polavila Xabier P. DoCampo. Na memoria, o 5 de abril
A Polavila Docampo é unha homenaxe pública e itinerante ao mestre e escritor Xabier P. DoCampo, que terá lugar cada ano nunha provincia e cidade distinta, o 5 de abril, coincidindo coa data do seu nacemento.
A deste ano é a primeira e celebrarase no Fórum Metropolitano da Coruña (Rúa Río de Monelos, 1). Nela participarán poetas, músicos, narradoras/es orais, cantoras, escritoras e escritores e outras amizades.
Programa da xornada do 5 de abril 2024:
– 18:00-18:15 horas: apertura da Polavila, da exposición bibliográfica sobre Xabier DoCampo e das adhesións recibidas de bibliotecas escolares, no vestíbulo do Fórum Metropolitano.
– 18:15-19:00 horas: Vouche contar un conto, sesión de contos para público familiar na sección infantil da Biblioteca do Fórum Metropolitano. Require inscrición previa.
– 19:00 – 19:45 horas: Catro cartas, lectura pública e continuada deste libro a cargo de amizades de Xabier DoCampo, no vestíbulo do Fórum Metropolitano.
– 20:00- 22.00 horas: Gala Polavila Docampo 2024, no auditorio do Fórum Metropolitano. Entrada libre até completar capacidade. Estará conducida por Paula Carballeira, Lois Pérez e Isabel Risco. Contará coa presenza dos membros da Xeración Lamote Paco Martín, Fina Casalderrey e Xavier Senín. Escoitaranse os poemas de Mans na voz de Daniel Puente Bello, ao que seguirán as voces das poetas Yolanda Castaño, Dores Tembrás, Antonio García Teijeiro e Antía Otero. Haberá lecturas de textos de Xabier por parte dalgunha das súas amizades: Francisco X. Fernández Naval, Mercedes Queixas, Irene Penas e Concha Blanco. Rematará a gala cunha rolda de contos de medo de Lois Pérez, María da Pontragha, Antonio Reigosa e Paula Carballeira. A música correrá a cargo da cantora Uxía.
Ademais, o 2 de abril, Día do Libro Infantil e Xuvenil, ás 11 da mañá haberá un encontro cos clubs de lectura das bibliotecas municipais na Biblioteca do Fórum Metropolitano coa participación de María Xesús Fernández (crítica e tradutora de LIX), Xosé Cobas (ilustrador) e Martin Pawley (crítico de cinema). E durante todo o mes de abril a sala de cinema Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano rende homenaxe ao escritor Xabier P. DoCampo a través da súa programación.
Organizan a Iniciativa Polavila Docampo, a Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (Concello da Coruña) e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coa colaboración da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Compostela: presentación de Mar de Lira, de Francisco X. Fernández Naval
Ourense: presentación de Mar de Lira, de Francisco X. Fernández Naval
Pontedeume: Francisco X. Fernández Naval presenta Ser cetáceo
A Coruña: recital Versos e baleas
Betanzos: Francisco X. Fernández Naval presenta Ser cetáceo
Polafía do Mar
A Polafía do Mar é unha actividade organizada pola Sección de Literatura de Tradición Oral, coa subvención da Deputación da Coruña, o apoio de CEDRO e a colaboración do Aquarium Finisterrae e do Museo do Pobo Galego, que terá lugar o mércores 20 e o xoves 21 de decembro no Aquarium Finisterrae da Coruña e na Sala do Mar do Museo do Pobo Galego.
Conta coas intervencións de: Francisco Xosé Fernández Naval, Manuel Vilar e Fernando Patricio Cortizo.
Coordina: Lois Pérez (Coordinador da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG).