Arquivos da etiqueta: Manuel Esteban
Ourense: actividades do 10 de xuño da Feira do Libro 2023
Vigo: micro aberto no Día das Letras Galegas
Soutomaior de Libro 2023
Manuel Esteban: “Quixen plasmar o transo fermoso, misterioso e por veces doloroso da infancia á adolescencia”
Entrevista de Laura Veiga a Manuel Esteban en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Como comezou a historia de Setestrelo?
– Manuel Esteban (ME): Como todo o mundo sabe, porque xa é un lugar común, eu comecei a escribir con A ira dos mansos inspirándome na miña vivencia cun fillo maior que ten síndrome de Down. Mais eu teño dous fillos e, aínda que o máis novo era moi pequeno cando isto ocorreu, chegou un momento no que confluíron esas dúas circunstancias: a de pai e a de escritor. Nós liamos xuntos desde que el era moi pequeno, e chegou un punto no que el me miraba preguntando se eu non podería escribir para el un libro así. E de feito, Setestrelo é un libro que case podería dicir que comezamos a escribir medio man a man.
Tamén teño que confesar que o inspector Manso é un personaxe moi atormentado e eu como escritor tiña ganas de deixalo descansar. Por iso me pareceu a ocasión ideal para escribir algo máis destinado ao público xuvenil. O que ocorre é que supoño que o tormento está dentro de min, porque ao final un tampouco pode librarse do que é.
– ND: Como foi ese proceso de escrita xuntos?
– ME: El daquela non tiña nin dez anos, así que participou o que participou. Eu ía escribindo e léndolle e el ía dando a súa opinión e aportando pequenas suxestións. É un libro, na capa máis superficial, de ciencia ficción, é unha especie de space opera para a cativada onde hai unha parte de imaxinar os seres que poboan a nosa Vía Láctea. Aí participaba el coa súa imaxinación de neno e me axudaba a tirar ideas para esas creacións. Tamén era o supervisor do proceso, porque ía sendo o meu lector cero a medida que eu ía escribindo.
Aínda que está pensado para os 12 ou 13 anos, eu non fago ningunha concesión: falo de astronomía, computadores, telescopios, linguaxes de programación, física cuántica, partículas entrelazadas… Mais debaixo dese pano tamén hai ese tormento que comentaba, un certo desacougo que vai comigo. O que quixen plasmar foi ese transo fermoso, misterioso e por veces doloroso que vai desde a infancia até a adolescencia, que non deixa de ser a antesala da vida adulta.
É algo polo que pasamos todas as persoas, mais que non é doado. É un paso complexo e cheo de contradicións e no que tamén poño un pouco enriba da mesa cousas que apreciei cos meus fillos.
Os seres humanos somos animais gregarios e debido a iso e a certos patróns, entendo que de supervivencia, tendemos a premiar a conduta adaptativa. A parte mala é que tendemos a castigar o diferente, o disruptivo. Diso é algo que tamén falo en A ira dos mansos. Tendemos a domesticar: o monte, a auga, os alimentos, os animais… (…)”
Manuel Esteban: “A infancia é un territorio de liberdade, curiosidade e exploración”
Entrevista a Manuel Esteban sobre Setestrelo en TeleVigo
Actividades destacadas do Culturgal 2020
Manuel Esteban: “O inspector Manso volve ser xuíz, verdugo e vítima da súa consciencia nesta nova novela”
Entrevista a Manuel Esteban no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A vinganza dos homes bos é unha novela que abrangue dúas historias policiais separadas por vinte anos e dous mil quilómetros e que se desenvolve no Sáhara Occidental, Fuerteventura e nos túneles baixo a cidade de Vigo. A entrevista pode verse aquí.”
Feira do Libro da Coruña 2020: actividades destacadas do 6 de agosto
O 6 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 12:00 h. José Luís Graña Muíño asina Verso plural, publicado por Medulia.
– 19:00 h. Manuel Esteban asina A vinganza dos homes bos, publicado por Xerais, e o resto da súa obra.
– 19:00 h. Henrique Dacosta asina Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético, publicado por Xerais, e o resto da súa obra.
– 19:00 h. África López Souto asina Mulleres que (nos) dan que pensar, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Rosalía Fernández Rial asina Árbores no deserto, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Xesús Fraga asina Virtudes (e misterios), publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Fuco Paz Souto asina Versos que recenden a mar, publicado por Medulia.
– 21:00 h. Eduardo Estévez asina [sen-fin], publicado por Positivas.
– 21:00 h. Serxio Moreira asina Lugares de incendio, publicado por Caldeirón.