A Coruña: “A cultura é un dereito. A escena galega no palco do Colón”, o 9 de xuño

Semana do Libro de Compostela (Selic) 2018, actos destacados do venres 1

O venres 1 de xuño abre as súas portas a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 17:00 a 21:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:

– 17:30 h. Espazo efémero. Inauguración SELIC. Brinde con Rosalía de Castro.
– 18:30 h. Teixido. San Andrés de Lonxe: Mitos e Ritos. Deputación da Coruña. Presentación do libro de Xohana Torres. Participarán á Vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín Rei, Xan Carballa e Ana Romaní.
– 19:30 h. Xandobela. Poemas estampados. Obradoiro creativo no que ilustraremos poemas con selos e tintas de cores.
– 21:30 h. OFF SELIC. Quico Cadaval. Contada a cargo de Quico Cadaval organizada polo Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago.

Compostela: XIII Simposio O Libro e A Lectura: Ler para comprender o mundo, os 15 e 16 de decembro

Desde asociacion-galega-de-editorasa Asociación Galega de Editoras:
“A Asociación Galega de Editoras celebra o XIII Simposio O Libro e A Lectura: Ler para comprender o mundo, os días 15 e 16 de decembro, no Auditorio do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. A continuación pódese consultar o programa completo:

Xoves 15
– 16:30 h. Inauguración.
• Xosé Ballesteros, Presidente da AGE.
• Ramón Villares, Presidente do CCG.
• Manuel Dios, Concelleiro de Educación e Cidadanía de Santiago.
– 17:00 h. Conferencia.
Xabier DoCampo: Ler na escola: o risco de prender lume. Presenta: Paz Castro, Kalandraka Editora.
– 18:00 h. Café.
– 18:30 h. Conferencia.
Quico Cadaval: Ler para crer. Presenta: Bea Campos, actriz

Venres 16
– 10:00 h. Mesa redonda I: Compartindo lecturas, abrindo fiestras.
Modera: Belén López, Baía Edicións, secretaria da AGE.
• Cristina Novoa, Bibliotecas escolares de Galicia.
• Carmen García Paz, CIFP Ánxel Casal de Monte Alto.
• Gracia Santorum, Club de Lectura, IES Laxeiro de Lalín.
– 11:00 h. Café.
– 11:30 h. Mesa redonda II: Compartindo lecturas, abrindo fiestras.
Modera: María Xesús Gómez, Editorial Rodeira, tesoureira da AGE.
• Mercedes Queixas, Secretaria xeral da AELG.
• Carlos Coira, Libraría Trama.
• Ánxeles Roca, Bibliotecaria.
– 13:00 h. Conferencia.
Gustavo Martín Garzo, O territorio do lobo. Presenta: Henrique Alvarellos, Alvarellos Editora, vicepresidente da AGE.
– 14:00 h. Clausura.

O XIII Simposio O Libro e a Lectura: Ler para comprender o mundo conta coa colaboración de CEDRO, CCG e a Concellaría de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago.
As persoas interesadas en asistir ao Simposio poderán realizar a inscrición de balde no seguinte enderezo electrónico: s.tecnica@editoresgalegos.org

Entregarase un diploma sempre que se acredite un 75% a asistencia ao evento.”

Porto do Son: presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2016 e entrega dos Premios Barbantia da Cultura 2016, o sábado 3 de decembro

convite_anuario_2016Os premiados deste ano, segundo o escrutinio dos votos das socias e socios, son:
– Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza 2016: Maxi Olariaga.
– Premio Barbantia á Iniciativa Cultural no Barbanza 2016: Museo do Mar de Noia.
– Premio Barbantia da Cultura Galega 2016: Quico Cadaval.

Comunicarlles tamén que ese mesmo día, ás 14:30 h., faremos un xantar de confraternidade nun restaurante de Porto do Son. Para acudir ao xantar, é necesario anotarse antes do 30 de novembro no mail: barbantia@barbantia.org ou contactar co coordinador de Barbantia.

Votacións dos Premios Barbantia da Cultura 2016

“Como Barbantiacada ano nestas datas, comunicamos que xa está aberto o prazo das votacións para que os socios e socias da Asociación Cultural Barbantia elixan os Premios Barbantia da Cultura 2016, que este ano se van celebrar no Concello de Porto do Son o sábado 3 de decembro.
Os candidatos, segundo a categoría aos PREMIOS BARBANTIA DA CULTURA 2016 son:

PREMIOS BARBANTIA 2016 Á TRAXECTORIA CULTURAL NO BARBANZA:
– Maxi Olariaga.
– Mª José Paz Franco – Maralla.
– Francisco A. Vidal.

PREMIOS BARBANTIA 2016 Á INICIATIVA CULTURAL NO BARBANZA:
– Museo do Mar de Noia.
– Leñaverde (Boiro).
– A. C. Terra de Outes.

PREMIOS BARBANTIA 2016 DA CULTURA GALEGA:
– Quico Cadaval.
– Manuel Romero.
– Blanca-Ana Roig Rechou.”

Toda a información aquí.