Arquivos da etiqueta: Susana Sanches Arins
Ribeira: X Día das Galegas nas Letras, en celebración da vida e a obra de Aurora Marco
A Estrada: presentación de Barroco, de Antía Otero
Noceda, Lalín: Cultura no rural 2022
A falsa autónoma, de Yolanda Castaño, gañadora do Premio González Garcés
Desde a Deputación da Coruña:
“(…) A obra presentada baixo o título A falsa autónoma, que unha vez aberta a plica resultou ser da autoría de Yolanda Castaño, é a gañadora do XXI Premio González Garcés de Poesía da Deputación da Coruña.
O xurado, que se reuniu na mañá do 28 de setembro, estivo formado polas poetas Pilar Pallarés, Alba Cid, Susana Sanches Arins, Ismael Ramos e Daniel Asorey –este último gañador da anterior edición do premio xunto a Lupe Gómez-, e presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto. Como secretaria actuou a xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes, Mercedes Fernández-Albalat Ruiz.
No seu informe, o xurado valorou “o tratamento temático das vidas precarizadas, facendo fincapé no eido laboral e cultural desde unha marcada perspectiva de xénero”.
Indica, ademais, que considera “positiva a orixinalidade do tema, escasamente abordado na poseía galega.” No plano formal, salienta “a ironía no discurso, as referencias meta-literarias e a pericia na construción do poema” (…)”
A Coruña: IX Día das Galegas nas Letras en homenaxe a Luísa Villalta
Compostela: “É un falar. A oralidade na escrita. Escribir a voz”, con Susana Arins e Uxue Alberdi
Paseos Literarios por Compostela 2022
Os Paseos Literarios por Compostela 2022 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago de Compostela.
No marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC) 2022, ten lugar unha nova edición deste Ciclo de percorridos literarios por Compostela, procurando outra ollada á historia e xeografía da cidade.
A participación nos paseos é libre e gratuíta, non é precisa inscrición previa.
PROGRAMA
– Construíndo a capital das letras. Compostela na narrativa galega do século XX
Mario Regueira
Data: 10 de xuño, 16:30 h. Praza de Galicia.
– Compostela fóra de mapa
Ana Cabaleiro
Data: 11 de xuño, ás 16:30 h. Barrio de Sar, ao pé da ponte que pasa sobre o río.
Santiago de canto em lenda
Susana S. Arins
Data: 14 de xuño, ás 16:30 h. Arco de Mazarelos.
Prácticas de piratería con Jamas, de Dios Ke Te Crew. O roteiro do Pirata (des)Confinado
Jamas (Julio Negueruela)
Data: 18 de xuño, 16:30 horas. Rúa do Home Santo, 55.
Compostela: actividades do 14 de xuño na SELIC 2022
Crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Susana S. Arins
Estas son algunhas das fotografías do Paseo imaxinario pola vida e obra de Luz Pozo Garza con Susana S. Arins, celebrado o pasado 21 de maio. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.