Desde o Premio Frei Martín Sarmiento:
“O día 9 de xuño coñecéronse os gañadores da décimo terceira edición do Premio Frei Martín Sarmiento, organizado polo departamento de Dinamización Lingüística de Escolas Católicas coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O acto, que estivo presidido por Juan Manuel Buján, presidente de Escolas Católicas de Galicia, contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García así como coa de distintas personalidades do ámbito da cultura, ademais dunha representación do alumnado e dos pais que participaron no premio literario.
Os gañadores desta XIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento foron:
– Educación Infantil
CÉ ORQUESTRA PANTASMA; Fíos do querer; S. Coop. Galega Miudiño.
– 1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
PINTO & CHINTO; A estrambótica Illa do Tesouro; E. Bululú.
– 2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
LÓPEZ DOMÍNGUEZ, XAN; Viaxe a Dragonia; Ed. Rodeira-Edebé.
– 3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
LÓPEZ LÓPEZ, XABIER; O home que sabía voar; Ed. Tambre.
– 4ª categoría: 1º e 2º de ESO
RIPALDA, XOSÉ LOIS; O inspector Chumbo; Ed. Ir Indo.
– 5ª categoría: 3º e 4º de ESO
ALFAYA, AN; A cea das enaguas; Ed. Tambre.
– 6ª categoría: adultos
SOLAR, MARÍA; As horas roubadas; Ed. Xerais.”
Arquivos da etiqueta: Valentín García Gómez
Pontevedra: presentación de Mariña: de deusa a santa, de Rafael Quintía
Compostela: presentación de Da lectura e outras cousiñas, de Xosé Luna Sanmartín
A Coruña: presentación de Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo, de Siro López
Compostela: presentación de Aulas sen paredes, de Rosalía Fernández Rial
O
venres 10 de febreiro, no IES Xelmírez I de Santiago de Compostela, preséntase o libro Aulas sen paredes, de Rosalía Fernández Rial, publicado en Positivas. O programa do acto é o seguinte:
– 12:00 h. Biblioteca. Presentación. Con Manuel Portas, un dos alumnos que aparece no documental, Manuel Dios, Valentín García e a propia autora.
– 13:00 h. Proxección do documental Aulas sen paredes, coa asistencia dos alumnos protagonistas.
Entrega do Premio García Barros a Miguel Sande e cea literaria
Desde
Galaxia:
“O venres, día 16 de decembro, entregouse na Estrada o Premio García Barros ao escritor Miguel Sande pola súa novela A candidata, publicada por Editorial Galaxia. Posteriormente, celebrouse unha Cea Literaria cun coloquio na sobremesa no que se debateu arredor do tema “Crise do modelo narrativo e heterodoxia na concepción dos xéneros literarios. ¿Aínda é posible a antinovela?”. Este é o décimo ano consecutivo que se celebra tanto a Cea Literaria coma o coloquio, que escolle como punto de partida un asunto relacionado coa obra gañadora.
Participaron, ademais de Miguel Sande, outros gañadores do premio en edicións anteriores (Xosé Monteagudo, Manuel Portas, Xesús Constela e Antón Riveiro Coello), críticos literarios (Xosé Manuel Eyré, Armando Requeixo e Inma Otero Varela) e escritores (Berta Dávila, Anxos Sumai, María López Sández e Adolfo Caamaño), xunto co director de edicións de Galaxia, Carlos Lema. Na cea tamén estiveron presentes, entre outros, Juan Constenla, concelleiro de cultura da Estrada e Valentín García Gómez, secretario xeral de política lingüística.
Unha crónica do acto tamén se pode ler aquí.”
A Coruña: entrega do Premio de Narrativa Breve Repsol a Daniel Asorey
O
mércores 14 de decembro, ás 20:30 horas, na Fundación Paideia da Coruña, terá lugar o acto de entrega do Premio de Narrativa Breve Repsol a Daniel Asorey, pola súa obra Nordeste. O acto, ao que é preciso acceder con convite previo, será presentado por Ana Rodríguez, e participan, xunto ao autor, Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, Ignacio Egea, vicepresidente da Fundación Repsol, e Víctor Freixanes, da Editorial Galaxia.






