Artigo
de Armando Requeixo en Criticalia:
“Á hora de escribir, moitos autores de toda época e lugar desenvolveron costumes extravagantes cos que se sentiron seguros e que, dalgunha maneira, foron aos seus ollos imprescindibles para lograr plasmar literariamente aquilo que querían comunicar. Entre esas cerimonias da escrita contaríanse hábitos que tiñan que ver cos materiais empregados, co lugar no que se atopaban, cos alimentos ou substancias que inxerían, coas datas e horas da creación e un longo etcétera de condicionantes sen os cales se vían perdidos e incapaces de levar adiante a súa escrita. (…)
Os escritorepondals galegos non se subtraeron a esta vertixe maniática e hai rechamantes exemplos neste sentido. Entre os clásicos, o máis célebre é sen dúbida o do poeta Eduardo Pondal, quen acostumaba escribir os seus barís poemas de pé, amosando así un carácter tan rexo coma o dos famosos guerreiros celtas que imaxinou.
Agora ben, entre os nosos coetáneos hai tamén hábitos singulares. Mirado do material érao Agustín Fernández Paz, quen adoitaba escribir en cadernos de follas amarelas. Tamén Luís Valle precisa facelo con algunha pluma ou bolígrafo que teña para el un significado especial; Miguel Sande escribe nas marxes dos libros doutros autores se estes lle gustaron, do contrario fican intactos, e Xosé María Álvarez Cáccamo emprega decote bolígrafos de tinta cor violeta e cadernos de papel cuadriculado que vai numerando.
Xenuínas pola atmosfera que dispoñen ao seu redor á hora da escrita sono Ánxela Gracián, que chama polo can Argos ao seu carón, come mazás a moreas e toma moito café; Berta Dávila, quen pendura os textos das paredes da casa para poder manipulalos fisicamente e retocalos a vontade; Iolanda Zúñiga, á que non é preciso preguntarlle se está escribindo algo porque a súa onicofaxia creativa xa a delata; ou Xina Vega, que se fai cunha bóla de neve por cada libro que comeza e, cando está atoada na redacción, abanea esta, contempla o caer das folerpas e deixa que a maxia da inspiración volva a ela tan cunqueirianamente.”
Arquivos da etiqueta: Xosé María Álvarez Cáccamo
Compostela: presentación de Cartas dende o esquenzo, de Baldo Ramos
Vigo: mostra «A dobre páxina. Baldo Ramos e Pepe Cáccamo»
Desde
Afundación Vigo:
“Do 6 de abril en adiante podes visitar na Sede Afundación de Vigo a exposición «A dobre páxina. Baldo Ramos e Pepe Cáccamo», un diálogo artístico entre obra visual-obxectual e poesía discursiva dos dous artistas, canda a interpretación plástica de poemas dun amplo conxunto de autor@s galeg@s. Remata o 28 de abril.
O diálogo artístico entre Baldo Ramos e Pepe Cáccamo desenvolve, a través do proxecto expositivo A dobre páxina, unha nova modalidade comunicativa no proceso de interacción entre a poesía discursiva e a poesía obxectual. O libro, a plataforma clásica da palabra, é agora o soporte físico das intervencións, tensións e conversas entre ambos artistas, creando libros-obxecto de fondo valor literario e estético.
A dobre páxina pódese entender como o terceiro proxecto despois de Cara inversa no 2014 e Libros conversos no 2016, no que os artistas foron dessenvolvendo esta conversa artística. Na mostra intensifícase a proximidade entre as poéticas discursivas e visuais de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos. O libro de vello é a materia sobre a que traballan, intervindo cada un sobre unha das dúas páxinas centrais abertas e enfrontadas, en equilibrio ou contraste de estilos, con natural préstamo recíproco das linguaxes propias de cada autor. O obxectivo procura, alén do fortalecemento dos vínculos expresivos que van tecendo desde hai anos o seu diálogo creativo, a solución dun reto: construír pezas artísticas unitarias nas que se fundan –sen confundirse– e complementen as propostas individuais de cada autor. O mesmo horizonte perseguen as liñas de versos que, na parede da sala actuarán ao xeito de pé de foto.”
Ferrol: Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, en abril e maio
Pontevedra: Obradoiro de poesía visual, con Baldo Ramos. Os ollos das palabras: Poesía para ver
O
Obradoiro de poesía visual Os ollos das palabras: Poesía para ver, impartido por Baldo Ramos, cunha clase maxistral de Xosé María Álvarez Cáccamo, é unha iniciativa da Escola de Escritores da AELG, coa colaboración do Pazo da Cultura e o patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra.
“Lemos cos ollos. As palabras sempre conteñen un significado visual, pero tamén poden ser un significante que comunica plasticamente. Acceder á poesía polos ollos. Escribir como o escultor que moldea unha forma ata que significa, ata que atrae a nosa ollada. Cicelar a poesía coas mans. Darlle a forma que nos permita compartir cos demais a súa materialidade, o seu xeito de ser corpo, de ser espazo habitable.”
Partindo dunha reflexión inicial sobre aspectos históricos e estéticos da poesía visual, e dun resumo da experiencia do autor neste ámbito, elaboraranse dous proxectos literarios diferentes:
Un libro de artista ou libro obxecto, confeccionado cos materiais (poéticos e plásticos) que xurdan do obradoiro.
Un libro colectivo, en formato de libro-acordeón, composto polas colaboracións das persoas participantes.”
Calendario e inscrición
– Días: venres 16 e 23 de febreiro; sábado 3, venres 9, venres 16 e xoves 22 de marzo; venres 6 e venres 27 de abril; venres 4, venres 11, venres 18 e venres 25 de maio.
– Horarios: de 18:00 a 20:00 en xoves e venres, e de 11:00 a 13:00 os sábados
– Lugar: Pazo da Cultura (Rúa Alexandre Bóveda), no Seminario 8 – Aula da Escola de Escritoræs da AELG.
– 25 prazas para persoas maiores de 16 anos.
– Inscrición, necesaria e gratuíta, en inscricions@pontevedra.eu, indicando os seguintes datos:
Nome e apelidos
Correo electrónico
Núm. do documento de identidade
Enderezo completo
Data nacemento
Ocupación
– As prazas asignaranse por orde de solicitude.
Pontevedra: Teñamos a poesía en Paz, con Lara Dopazo Ruibal, Xosé María Álvarez Cáccamo e Berta Álvarez Cáccamo
Vigo: presentación de Tinta de luz, de Xosé María Álvarez Cáccamo e Berta Cáccamo
O
sábado 13 de xaneiro, ás 12:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102), en Vigo, preséntase Tinta de luz, de Xosé María Álvarez Cáccamo, con ilustracións de Berta Cáccamo, publicado por Chan da Pólvora.
Compostela: presentación de Tinta de luz, de Pepe Cáccamo
A
sexta feira 15 de decembro, ás 20:00 horas, en Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, preséntase Tinta de luz, de Pepe Cáccamo e Berta Álvarez Cáccamo, publicado por Chan da Pólvora, co que estrea a colección Udra de poesía para nenos e nenas.






