Arquivo da categoría: Coloquios
Gondomar: faladoiro arredor de Identidade e afectos patrios, de Ramón Villares
O
mércores 13 de xuño, ás 20:00 h., na Libraría Libraida de Gondomar (Rúa Rosalía de Castro, 13), terá lugar un faladoiro arredor de Identidade e afectos patrios de Ramón Villares, publicado en Galaxia. No coloquio participarán, a carón do autor, Emílio Xosé Ínsua e Carlos Méixome.
Compostela: Galego, porta aberta para o mundo, do 26 ao 29 de xuño

A inscrición debe facerse antes do 15 de xuño aquí.
Semana do Libro de Compostela (Selic) 2018, actos destacados do sábado 9 e domingo 10
O
sábado 9 e domingo 10 de xuño finaliza a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 11:00 a 21:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para estes días dentro do seu programa:
Sábado 9
– 11:00 h. Clube de Lectura Aberto con Eli Ríos sobre Culpable. Organiza Jorge R. Durán. Colabora Chan da Pólvora Libraría.
– 12:00 h. Paseo literario con Carlos Callón. Homosexualidade en Compostela na Idade Media. Organiza Asociación Cultural O Galo. ▸ Inicio: Escaleira de San Domingos de Bonaval.
– 12:30 h. Através editora. Conversa con Brais Arribas e Afonso Becerra. Conversa para presentar a nova colección «Alicerces».
– 13:30 h. El faro de los tres mundos. Presentación da colección
«Biblioteca de teatro» da editorial Kalandraka. Actuación da Compañía Chévere.
– 17:30 h. Espazo Efémero. Orfeu Negro.
– 18:00 h. Librería Palacios. Manuela. Presentación do álbum ilustrado Manuela, dirixido a público infantil, e posterior sinatura do libro a cargo dos seus autores.
– 18:30 h. Urco Editora. María Victoria Moreno. Contacontos para público infantil sobre a vida e obra de María Victoria Moreno a cargo de Eli Ríos.
– 19:00 h. Xandobela. Pan e auga? Sopas! As cantigas de base popular e tradicional, a gastronomía e os enredos e brincadeiras forman parte da narración das historias do avó Casiano.
– 19:30 h. Libraría Lenda. Tundra. Presentación do poemario Tundra, de Carlos Negro, editado por Espiral Maior. Coa participación de Xiao Berlai.
Domingo 10
– 13:00 h. aCentral Folque. Presentación + microconcerto Mulleres de Gargamala e Maruxa das Cortellas. Xulia Feixoo (percusionista e etnomusicóloga) e Guillerme Ignacio (compilador de música de tradición oral e músico) unen os seus saberes nesta mostra que viaxa entre a divulgación e o espectáculo musical.
– 17:30 h. Espazo Efémero. Premios SELIC.
– 18:00 h. Historias da tinta imaxinaria. Paisaxe imaxinaria que pretende achegar tres caras da oralidade galega a todos os públicos, especialmente aos máis pequenos e pequenas coa participación de Alba María (improvisadora oral e filóloga) e Queco Díaz (guitarrista e pedagogo).
– 18:30 h. Xandobela. Quen ten cu ten medo. Contos de medo. «Becho que rebufas, detrás dese penedo. Vaite d’aí, que non che teño medo!».
– 19:00 h. Catro Ventos Editora. Biodiversidade: cara unha sexta
extinción masiva. Presentación do libro Ensaio sobre ecoloxía, coa participación do seu prologuista, Xosé Veiras García.
– 19:30 h. Roteiro Rúas de Poesía. 3 poetas recitando poemas polas rúas: Isaque Ferreira, João Rios e Rui Spranger. Actividade promovida por Póvoa de Varzim.
A Coruña: presentación de Unha educación de premio, de Selina Otero
Semana do Libro de Compostela (Selic) 2018, actos destacados do 8 de xuño
O
8 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 17:00 a 21:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:
– 18:30 h. Chan da Pólvora. «Poesía en Acción», con Estela Pan. Diálogo interdisciplinar para abrir un espazo de encontro no que o verso acada unha materialidade distinta á do trazo clásico no papel.
– 18:30 h. Xandobela. Navegando entre papel e contos. Contos e obradoiros. Ás veces portámonos mal e convertémonos en bechos insoportables; ás veces somos adorables e encantadores… Contos de diversidade e interculturalidade, para a paz e a convivencia.
– 19:00 h. Mesa debate. Irmás Cartoné. «A tradución, factor normalizador para o sistema literario galego». Con Patricia Buján Otero, de Catro Ventos Editora; Laura Sáez, de Patasdepeixe; Celia Recarey, de Irmás Cartoné.
– 20:00 h. Paseo literario Scórpio. de Ricardo Carvalho Calero. Paseo que rende homenaxe a Ricardo Carvalho Calero a través da súa novela Scórpio. As persoas asistentes percorrerán espazos da cidade relacionados tanto co autor como coa obra. ▸ Inicio: Casa do escritor. Carreira do Conde, 4.
– 20:00 h. Encontro co poeta Antonio Gamoneda. Conducido por Claudio Rodríguez Fer.
– 21:30 h. Off SELIC. Elías Knörr. Recital ao redor dos poemas de O xardín de atrás – Bakgarðurinn traducidos ao galego en O marinheiro con cabalos matutinos baixo o vestido.
– 22:30 h. Proxección de Contrafaces de Antón Cortizo. Centrado na voz poética de Knörr. En colaboración coa MICE. ▸ Teatro Principal.
Semana do Libro de Compostela (Selic) 2018, actos destacados do 7 de xuño
O
7 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 17:00 a 21:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:
– 18:00 h. Chan da Pólvora. Não tenho culpa de viver. Teresa Moure presentará Não tenho culpa de viver, na que traduce ao galego os poemas de Ana Brouwer para a colección «Malaca de fóra».
– 18:30 h. Mesa debate. «Sepáranos tanto o que nos une». Unha mesa temática con dous escritores portugueses, Rui Zink e Marta Bernardes, e dous escritores galegos, Suso de Toro e Teresa Moure, moderado por Carlos Quiroga. Actividade promovida por Póvoa de Varzim.
– 19:30 h. Palabras Vivas. «Voces poéticas en feminino». Lectura dramatizada de poesías de autoras galegas sobre unha base musical, acompañada dunha proxección de imaxes ilustrativas con Elisa Barreiro, Marina Nieto e Fortunato Rodríguez.
– 19:30 h. Paseo literario Fermín Bouza Brey, con Antón Lopo. O paseo cínguese á ruta que debeu seguir Fermín Bouza Brey en Compostela despois de ser expulsado da xudicatura a primeiros dos anos cincuenta. En colaboración coa AELG. ▸ Inicio: Rúa do Vilar, 43.
Semana do Libro de Compostela (Selic) 2018, actos destacados do 4 e 5 de xuño
O
4 e 5 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 17:00 a 21:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:
4 de xuño
– 18:30 h. El faro de los tres mundos. Radio Bule-Bule. Encontro con Paco Nogueiras e pequeno concerto baseado no seu libro-cd Radio Bule-Bule. Ed. Kalandraka.
– 19:00 h. Patasdepeixe editora. Obradoiro «Que é un libro?». Traballo con nenas/os de 6-10 anos sobre o que é un libro e como é proceso o de produción.
– 19:30 h. Correntes da conversa. Unha conversa sobre o Correntes d’Escritas, coa presenza de Manuela Ribeiro, organizadora do evento, e Carlos Quiroga, escritor e profesor de Literaturas Lusófonas na Universidade de Santiago de Compostela.
5 de xuño
– 17:30 h. Espazo efémero. Presentación Colección Libros SELIC.
– 18:30 h. Urco Editora. Obradoiro de ilustración. Obradoiro de ilustración para público infantil impartido por Eva Agra, ilustradora da colección Mulleres Bravas da nosa historia.
– 20:00 h. Poesía musicada con Aurelino Costa e Carlos Costa. Un guitarrista portugués e un poeta. Actividade promovida por Póvoa de Varzim.




