Arquivo da categoría: Coloquios
Vigo: presentación de Tras do Ceo, de Manuel Rivas
Vigo: Os oficios do libro. Rexina Vega
A Coruña: VII Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Compañeira, facemos a foliada, o 15 de outubro
Chegan as VII Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Compañeira, facemos a foliada, organizadas pola Universidade da Coruña, coas que colabora a AELG ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
A actividade terá lugar o 15 de outubro, ás 17:00 horas, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, con entrada libre e gratuíta. As profesoras coordinadoras da actividade son Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire, Patricia Carballal Miñán e Andrea Maceiras Lafuente, da Facultade.
O obradoiro-coloquio contará coa presenza de:
– Icía Varela e Xosé Manuel Varela, que falarán sobre Cantareiras.
– Bea Campos, arredor de Orella pendella: obradoiro para xogar cos ditos de sempre.
A Coruña: “A prensa en galego e en papel. A experiencia de compromiso de O Sil e Nós Diario“, con Carlos Hervella e Xoán Costa
Pontevedra: Vermú entre libros, coloquio de Ledicia Costas con Llerena Perozo Porteiro
Corcubión: presentación e conversa arredor de Don Emérito, de Desiderio Paz Figueroa, en edición de Modesto Fraga
Bertamiráns: encontro literario con Eva Mejuto e June Fernández
Ciclo de conferencias sobre Literatura Infantil e Xuvenil 2024
A AELG colabora no Ciclo de conferencias sobre Literatura Infantil e Xuvenil, organizada pola Universidade da Santiago ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
Esta actividade enfócase como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, dado que desde 2020 non se levaron a cabo no seu formato habitual anterior.
Está orientada á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador/a, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.
Terán lugar estes tres encontros:
– O 22 de outubro, de 16:00 a 19:00 horas, na Aula 14 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: O tratamento do espazo na Literatura Infantil e Xuvenil galega, con Ánxela Gracián.
– O 28 de outubro, de 12:00 a 13:30 horas, na Aula 52 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: O álbum ilustrado e a animación á lectura na LIX galega, con Carmen Ferreira.
– O 29 de outubro, de 19:00 a 20:30 horas, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Escribir coa memoria prestada: a influencia da literatura oral galega na Literatura Infantil e Xuvenil, con Ánxela Gracián.