Tabela dos libros. Marzo de 2020

Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”

Pontevedra: VIII Xornadas sobre o Entroido de Galiza

Compostela: presentación de A matanza do porco, de Xoán Carlos García Porral

O 13 de febreiro, ás 20:00 horas, no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro A matanza do porco. Cultura e tradición, de Xoán Carlos García Porral, publicado por Edicións Fervenza.

Compostela: presentación de Anarquistas galegos en América, de Bieito Alonso

O 12 de febreiro, ás 20:30 horas, en Numax (Rúa Concepción Arenal, 9), en Santiago de Compostela, preséntase Anarquistas galegos en América, de Bieito Alonso, publicado por Galaxia. Acompañando ao autor, asistirá Lourenzo Fernández Prieto.