Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Feira do Libro de Santiago: actividades do luns 30 de abril
O
luns 30 de abril continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa para este día:
– 20:00 h. Presentación de A incríbel viaxe de Noa, de Fernando Cimadevila, obra publicada por Contos Estraños.
A Coruña: presentación de Escaquis e Romeu, de Antonio M. Fraga e As peripecias de Extravaganzza Pérez, de Ledicia Costas
Pontevedra: presentación de A biblioteca de Pedrarcana, de Carlos Taboada
Compostela: contacontos-obradoiro A brétema, de María Victoria Moreno, con Eli Ríos e Andrea Jamardo
Vídeo da presentación de Soneto no alfabeto, de Xoán Carlos Domínguez Alberte, en Vigo
Ferrol: actos destacados do 23 de abril na Feira do Libro
A
segunda feira 23 de abril finaliza a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 18:30 h. Actuación infantil Cantares das Letras, de Rosalía a María Victoria Moreno, de Luís Vallecillo.
– 19:30 h. Presentación de Anatomía da lingua e Tenrura, de Antón Cortizas, publicados por AS-PG e Galaxia, respectivamente.
Gondomar: XI Semana do Libro e a Lectura Dar que ler coma quen dá de beber
A Coruña: contacontos sobre Xandra, a landra que quería voar, con Mercedes Queixas
Ferrol: actos destacados do sábado 21 e domingo 22 na Feira do Libro
O
sábado 21 e domingo 22 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
Sábado 21
– 12:00 h. A ilustradora María Brenn asina exemplares de Soños de nenos, publicado por Embora.
– 18:00 h. Obradoiro de ilustración Debuxando contos, con María Lires.
– 20:00 h. Presentación do álbum ilustrado Lúa, de Pepablo Patinho, publicado por Embora.
Domingo 22
– 12:00 h. Siro López asina exemplares da súa antoloxía Siro, na caseta de Central Librera.
– 12:00 h. Miguel Anxo Romero e Leandro Lamas asinan exemplares de Poemas con Canela, na caseta de Edicións Embora.





