(No Carril das Hortas, Lugo)
Arquivo da categoría: Lectura
Compostela: II Lecturas poéticas en Fonseca, homenaxe a Fran Cortegoso
A Coruña: lectura pública de poesía de Luz Pozo Garza, introducida por Cesáreo Sánchez Iglesias
Feira do Libro de Santiago: actividades destacadas do xoves 4
O xoves 4 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 19:30 h. Presentación de Sacar a lingua é de mala educación, de Manuel Núñez Singala, publicado por Galaxia. O autor estará acompañado por Malores Villanueva.
– 20:30 h. Lectura dramatiza de textos de Xosé Neira Vilas, por Palabras Vivas.
Betanzos: Antón Riveiro Coello conversará sobre A ferida do vento
Ferrol: actos destacados na X Semana de Poesía Salvaxe para o 19 e 20
Do 19 ao 22 de abril terá lugar en Ferrol a X Semana de Poesía Salvaxe. Do seu programa destacamos os seguintes actos:
Mércores 19:
– 18:45 h. Inicio das lecturas poéticas ininterrompidas por parte de poetas novos de Ferrol (Eli Z e Xosé Abeledo), no Quiosco do Cantón.
Xoves 20
– 12:00 h. Recital poético no Mercado da Magdalena, coa intervención, entre outros/as, de Xoán Abeleira e Ana Cibeira. Á mesma hora, en Caranza, recital de Elisabeth Oliveira e Xosé Abeledo.
– 18:30 h. Encontro poético con David Rey Fernández e Yolanda Castaño, no Ateneo Ferrolán.
– 24:00 h. Actuación no Super 8 de, entre outras/os poetas, García MC, O Leo e Xoán Abeleira.
A Estrada: obradoiro de introdución á escrita creativa e Clubs de lectura “Lendo cos 5 sentidos”
Na Casa das Letras de A Estrada, desde o 18 de marzo ata o 17 de xuño (os sábados, de 17:00 a 19:00 horas), está tendo lugar un curso de escritura creativa, impartido por Manuel Portas (narrativa) e Neves Soutelo (creación poética).
Por iniciativa do colectivo A estrada das letras e co amparo do Concello da Estrada, o obradoiro Tecer versos e grilandas está orientado a público adulto e prográmase en 12 sesións (6 de creación poética, 6 de narrativa), de 2 horas de duración cada unha, nas que se traballará de forma amena e dinámica con diferentes chaves e ferramentas da creación literaria, coa axuda de exemplos e materiais propostos e contando sempre coa supervisión, indicacións e consellos dos responsables da actividade, escritores de recoñecida traxectoria no eido literario galego.
O obxectivo central desta actividade é achegar sen prexuízos a cada participante á súa propia voz literaria, mellorar a capacidade comunicativa dos participantes e estimular a súa creatividade e imaxinación a través da palabra escrita.
Para calquera consulta, as persoas interesadas poden escribir ao correo versosegrilandas@gmail.com.
Igualmente, e por segundo ano consecutivo, proseguen a súa actividade os CLUBS DE LECTURA “Lendo cos 5 Sentidos”, que este ano contan cos grupos de Primeiros Lectores, Infantil, Xuvenil e Adulto. O contacto, para máis información sobre os clubs, pode facerse a través do email lendo.aestrada@gmail.com.