Ourense: actividades destacadas do 30 de maio na Feira do Libro 2019

O 30 de maio continúa a Feira do Libro de Ourense (na rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

19:00 h. Concerto-presentación de Cantamos, de Luís Vallecillo, publicado por Guindastre Edicións. Posterior sinatura na caseta da Secretaría.
19:00 h. María Eiras asinará e fará debuxos relacionados co seu libro As nosas letras de muller a muller na caseta da Libraría Pedreira.
20:00 h. Andrés Pombo Graña estará asinando exemplares de O segredo das Burgas, publicado por Galaxia, na caseta da Libraría Cartabón.

Crónica videográfica da Gala do Libro Galego (IV)

A Gala do Libro Galego 2019, actividade conxunta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, tivo lugar o sábado 11 de maio de 2019, en Santiago de Compostela.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:

– Entrega do Premio na categoría de Banda deseñada: O puño e a letra, por Yolanda Castaño e VV. AA. (Edicións Xerais de Galicia).

– Entrega do Premio ao Libro mellor editado: Seis Poemas Galegos, de Federico García Lorca (Alvarellos Editora), recollido por Henrique Alvarellos.

– Entrega do Premio á Traxectoria en Xornalismo cultural: Revista Luzes. Recollen Ana Luísa Bouza e Valeria Pereiras.

Compostela: Diálogo con Pilar Pallarés e Antón Lopo, Premios da Crítica 2018

O 28 de maio, ás 20:00 horas, na Rúa do Vilar, 19, terá lugar o acto de entrega dos Premios da Crítica 2018, en lingua galega, na modalidade de narrativa e poesía, organizado pola Asociación Galega da Crítica (AGC) coa colaboración do Ateneo de Santiago.
Estes premios concédeos a Asociación Española de Críticos Literarios dende 1956 e outórganse aos mellores libros de narrativa e poesía publicados no ano anterior, tanto en castelán como en galego, euskera e catalán. A decisión do xurado dos Premios da Crítica deuse a coñecer en Vilafranca do Bierzo o pasado día 6 de abril. A proposta da Asociación Galega da Crítica, este ano o fallo recaeu no poemario Tempo fósil de Pilar Pallarés e na novela Extraordinario de Antón Lopo.
O acto consistirá no seguinte:
– Intervención de apertura do acto por Salvador García-Bodaño, Presidente do Ateneo de Santiago, e Mario Regueira, Presidente da Asociación Galega da Crítica.
-Presentación da obra Tempo fósil por Carme Fernández-Pérez Sanjulián.
-Intervención de Pilar Pallarés.
-Presentación da obra Extraordinario por Ana Romaní.
-Intervención de Antón Lopo.
-Entrega dos premios.
-Intervención de clausura do acto.