José Luis Baños de Cos gaña o V Premio Vidal Bolaño 2022
Desde Galaxia:
“Reunido o Xurado do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, formado polo dramaturgo Ernesto Is, a actriz Cecilia Vázquez Martínez, Delio García Represas, profesor do IES Ribeira do Louro, e Raquel Castro, como secretaria; decide, por unanimidade, onte, na sede da Editorial Galaxia, outorgar o Premio á peza presentada baixo o título Lume. Que aberta a plica resultou ser da autoría de José Luis Baños de Cos.
O Xurado destaca da peza que sexa unha obra que aborda o tema das diversas violencias sociais, como a homofobia ou a violencia de xénero, das que todos os personaxes sofren as consecuencias. A escrita, cunha dramaturxia que mestura relato e drama, dálle relevancia ás partes grupais, onde a xeito de coro clásico agroma a conciencia social.
Trátase dunha obra moi acaída pola temática e pola linguaxe empregada para a súa representación ou lectura nos centros de ensino secundario.”
Bases do XXII Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño
Lugo: conversas arredor de venecia abandonada, de Eduardo Estévez
Corme: representación de Recortes de risa, de José Luís Graña Muíño
Silleda: presentación de O poder máxico do sorriso, de Thalía Troitiño González
Lalín: conversas arredor de venecia abandonada, de Eduardo Estévez
Bruxelas: presentación de Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga
A Coruña: presentación de Pousos de natureza, de Ricardo Seixo
A Coruña: presentación de A música das buguinas, de BellónMaceiras
O xoves 8 de setembro, ás 19:30 h., na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, BellónMaceiras (Daniel Bellón e Diego Maceiras) presenta o seu primeiro conto musicado dirixido ao público infantil e familiar, A música das buguinas cunha selección de temas populares e composicións propias. No acto estarán presentes, ademais de BellónMaceiras, o autor Pepablo Patinho e Leandro Lamas, ilustrador. As persoas interesadas deben inscribirse aquí.







