O martes 28 de xuño, ás 19:30 horas, Pepe Barro creador do proxecto, deseño e coordinación da exposición Saúde e Terra, irmá(n)s!, realizará para a A. C. Alexandre Bóveda unha visita guiada. A exposición organizada pola Deputación da Coruña, a Real Academia Galega e o Museo do Pobo Galego para conmemorar o centenario das Irmandades da Fala está aberta na Fundación Barrié da Coruña até o 30 de xuño.
O percorrido expositivo relata a historia das Irmandades a través de publicacións, documentos, imaxes e obxectos, así como gravacións musicais e discursos e artigos de persoeiros da época. Pódese contemplar ademais unha escolma de pezas artísticas vencelladas a acción das Irmandades e dalgúns dos artistas máis relevantes daquel tempo.
A través de dez espazos, faise un achegamento á orixe do movemento e á súa evolución, desde a acción centrada en primeiro lugar na normalización do idioma ata a intervención política e os seus principais protagonistas.
Saúde e Terra, irmá(n)s! dá ademais visibilidade á participación das mulleres nas Irmandades da Fala, que apostaron desde o primeiro momento pola “igualdade absoluta, política e civil da muller e do home”.
Se desexas vir a esa visita guiada debes anotarte no correo acab@mundo-r.com ou chamando por tfno ao 981200869 (de 19:00 a 21:00 h.) antes do vindeiro xoves 23 de xuño.
Arquivos da etiqueta: Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
A Coruña: coloquio “40 anos de sociolingüística galega moderna. Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza“
A Coruña: presentación de Ollares, de Ricardo Seixo Fernández
A Coruña: conferencia Manuel María e o teatro, por Pilar García Negro
A Coruña: Mostra de teatro amador
A Coruña: Conversas en Irmandade, José-Maria Monterroso e Pablo González Mariñas lembran a Jenaro Marinhas del Valle
A Coruña: E o teatro fixo país, con Carlos Biscaínho, nas Conversas en Irmandade
A Coruña: proposta Manuel María, na túa voz, o 23 de abril
“O 23 de abril celébrase o “Día Internacional do Libro”. Desde a Fundación Manuel María de Estudos Galegos están a traballar na realización de multitude de actos simultáneos en toda Galiza consistentes na lectura pública da obra de Manuel María.
O evento servirá de homenaxe literaria e popular ao escritor ao que se lle dedica este ano as Letras Galegas, Manuel María, e á súa obra creativa.
Manuel María tivo unha moi importante vinculación coa cidade da Coruña. Xa nos anos cincuenta participa en diversos recitais poéticos na nosa cidade e foi tamén aquí, no Teatro Rosalía de Castro, onde se lle tributou unha grande homenaxe con motivo da súa xubilación no ano 1995. Pouco despois, unha vez que tamén se xubilou Saleta, escollen a nosa cidade para nela vivir até o seu falecemento o oito de setembro de 2004. Neste tempo foi unha personalidade de referencia para toda A Coruña.
Desde a Asociación Cultural Alexandre Bóveda estamos a colaborar coa Fundación Manuel María na organización desta homenaxe na nosa cidade para o día 23 de abril e por iso nos diriximos a ti para pedirche que participes neste evento, ben achegándote a gozar coa obra de Manuel María ou se así o desexas lendo algún texto de Manuel.
O acto comezará ás 12 da mañá no Museo de Belas Artes.
No caso de que queiras ler pregámosche que no lo comuniques neste correo irmandadesdafala@gmail.com e se xa che é posible, que poema ou texto vas ler de cara a intentar que non haxa repeticións.”