As adaptacións da Antígona clásica, (a Antígona de María Xosé Queizán), por Rosa Enríquez

ArtigoRosa Enríquez por Eduardo Castro Bal de Rosa Enríquez na Sega:
” “A miña Antígona, chamada Elvira, vive na Idade Media, finais do século XI. (…) -­explica María Xose Queizán no prólogo da triloxía teatral, Antígona, A cartuxeira, Neuras­Esta Antígona non se limita a querer enterrar o seu irmán dun xeito particular. Esta Antígona desafía o poder e sae do privado, do feminino, e pretende enterrar o irmán nun acto público e revolucionario. Non permanece na lei escura, na lei da muller, senón que irrompe na lei pública, na lei masculina, e decide contestala. Trátase pois dunha Antígona política”. Con esta aclaración, Queizán pon enriba da mesa o seu desexo de revisar esa Antígona ancestral, imaxinada, no seu inicio por Sófocles, e tantas veces recreada por escritores e artistas de todas as épocas. María Xosé, consciente disto, identifícase como “intérprete” dese personaxe clásico que tanto interese ten suscitado ao longo dos séculos. “Os mitos e a súa trascendencia xeran a dinámica da repetición. Repetir, reincidir, é a base da escrita. Ser escritora consiste en ser intérprete das interpretacións, en palabras de Montaigne”, explica a autora. E leva razón, mesmo cando cremos escribir algo diferente, estamos interpretando. Así aconteceu coa obra do dramaturgo grego. A proliferación de Antígonas nas artes, alén das letras, é unha proba evidente do efecto causado por este personaxe feminino. Aí está a de Garnier, por exemplo, que, como moi ben apunta a viguesa, representa “unha mater dolorosa do século XVI”; a de Romain Rolland, profundamente antibelicista e mesmo “santificada”, dende un punto de vista laico, con ese “vaticinio” sentencioso do francés, que a escritora galega recolle tamén no prólogo e que reza así: “¡Só as mulleres poden salvar a humanidade das mans dos homes!”. As mulleres como salvadoras? Non sei se esta “concesión moral” de Romain Rolland pode interesarnos. Entendo a expresión e o contexto no que se produce. Valoro tamén a concienciación do autor, mais non creo que iso de nos atribuír “a misión” de “salvar os homes”, mesmo “a humanidade” en xeral, sexa unha visión feminista en absoluto. Máis ben semella unha especie de santificación laica de noso, na que, obviamente, o elemento nuclear volven ser eles e as súas necesidades. Daquela, volvo insistir, esta idea da muller como salvadora de homes nin me agrada, nin me parece revolucionaria. Porque o interesante, o realmente necesario, é rachar o núcleo do patriarcado, de xeito que o foco de atención deixe de ser a heterosexualidade masculina.
Non pode haber un único foco. Por iso, no canto de traer aquí a cita de Shelley ­iso de que “todos somos gregos”, por mor da influencia que esta construción cultural tivo e ten en Occidente­, case prefiro afirmar que “todas somos Hipatias”, por exemplo. Ou Antígonas xa que estamos.

María Xosé Queizán: Antígona. A cartuxeira. Neuras, 2008, Galaxia.”

Inma López Silva: “A cadea é coma o mundo de fóra, pero cunha dor latente que racha con todo”

EntrevistaInma-López-Silva-685x1024 de Xesús Fraga a Inma López Silva en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Que lle atraía de situar a súa novela [Aqueles días en que eramos malas] nun cárcere?
– Inma López Silva (ILS): -Interesábame tratar fundamentalmente dous temas: a maldade e a liberdade, e a situación no cárcere pareceume idónea como punto de partida desde o que poñer en dúbida a universalidade absoluta deses dous conceptos. Partindo desa idea, derivei en cuestións como a diferenza entre o criminal e a vítima, o vínculo interesado entre o delito e o mal e, sobre todo, na liberdade como única verdade absoluta na vida. O cárcere é o requintado mecanismo que inventou o ser humano non só para castigar aquilo que considera malo, senón tamén para agachar aquilo do que as sociedades se avergoñan, mercadeando para isto con ese prezado ben que é a liberdade. Neste sentido, ademais, xorde a última pata na trípoda inicial da novela: as mulleres, dobremente debilitadas, porque o feito de ser muller implica un crime engadido a outros crimes, e menos liberdade dentro da propia exclusión. De aí que a historia suceda nun módulo de mulleres. Vistos desde o punto de vista feminino, tanto a maldade coma a liberdade adquiren matices éticos que me parecen ineludíbeis e sobre os que me sentía na obriga de escribir. (…)
– LVG: ¿Que traen á novela cada unha das personaxes, tan diferentes entre si?
– ILS: Cada unha delas aporta unha óptica para entender como se remata no cárcere. En todas se agacha unha historias real que demostra que a maior parte da poboación dun centro penitenciario, en especial nos módulos de mulleres,é xente produto dunha situación e dun contexto sobre o que case nunca se ten o control. Sor Mercedes, Margot e Valentina poñen a dúbida sobre quen é o criminal e quen é a vítima, mentres que Laura, a funcionaria, amosa que estando do outro lado da reixa non se é tan distinta das presas.
– LVG: Unha quinta personaxe, escritora, chámase Inma. ¿Que buscaba nese xogo metaficcional?
– ILS: O xogo da autoficción xurdiu coma unha continuidade a respecto das miñas últimas obras, que oscilaban entre o memorialístico e o ensaístico. Pero neste caso, meterme a «min» permitíame introducir unha reflexión que complementa as que comentaba antes: calquera pode acabar no cárcere. A diferenza entre entrar e non entrar está moitas veces nun erro, nun intre fatídico, nun momento de loucura e, sobre todo, na capacidade para pagar bos avogados. Velaí o meu papel na novela: non ser tanto o trasunto da escritora coma o da lectora que cre que ela nunca sería unha mala de cárcere. (…)”

O Carballiño: presentación de Un dente sen cadáver, de Miguel Anxo Fernández

O Miguel Anxo Fernándezxoves 11 de agosto, ás 20:30 horas, na Praza Maior do Carballiño, Miguel Anxo Fernández presenta Un dente sen cadáver, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Paco Fumega, Xosé Prada e Luís González Tosar.

Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do sábado 6 e domingo 7

OFeira do Libro da Coruña 2016 cartaz domingo 7 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:

Sábado 6
19:00 h. Xosé Duncan asinará exemplares de Negruña, publicado por Urco Editora, na caseta de Berbiriana.
20:00 h. Concha Blanco asina exemplares da súa obra na caseta de Edicións Embora.

Domingo 7
13:00 h. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz, organizada por Nova Galicia Edicións.
20:30 h. Presentación de Un dente sen cadáver, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia. Intervirán o autor e o editor Carlos Lema.

Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do xoves 4

OFeira do Libro da Coruña 2016 cartaz xoves 4 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

19:00 h. Presentación de As terapias da Doutora Ledicia, de Raquel Castro, e Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada de Carlos Labraña, publicados por Galaxia. Presentará o acto o editor Francisco Castro e, durante o mesmo, farase unha pequena representación teatral.
19:00 h. Presentación de Foron, somos, publicado en Redelibros. Participan no acto José Estévez, Iria López, Natalia Lema, José Antonio Rodríguez, Oti Campos, Ricardo Souto, Luísa Arias, Matilde Páramo e Asun Blanco.
19:45 h. Presentación de Peixes e Mariscos. As receitas de Benigno Campos, publicado por Galaxia. Ademais do autor intervirá o editor Víctor Freixanes.
20:00 h. Xosé Tomás asina exemplares da súa obra na caseta de Edicións Embora.
20:30 h. Presentación de A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931), de Emílio Xosé Ínsua, publicado por Baía Edicións. Participan, xunto ao autor, Goretti Sanmartín e Belén López.

Taboleiro do libro galego XLV (xuño e xullo de 2016), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Neste primeiro día de agosto o Caderno da crítica incorpora a referencia das novidades editoriais publicadas en lingua galega máis demandadas ao longo dos meses de xuño e xullo deste ano que andamos. Nesta ocasión, a información subministrárona amablemente un total de doce librarías ás que se lles agradece a cortesía nestas datas complicadas para estes requirimentos: Biblos, de Betanzos; Andel, Cartabón, Libros para Soñar e Librouro, de Vigo; Moito Conto e Suévia, da Coruña; Cronopios de Santiago de Compostela e Pontevedra; Lila de Lilith, de Santiago de Compostela; Trama, de Lugo; Airas das Letras, de Allariz e Miranda, de Bueu. (…)

NARRATIVA
1º-. Ramón Nicolás, O espello do mundo, Xerais.
2º-. Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas, Galaxia.
3º-. Manuel Gago, O anxo negro, Xerais.
4º-. María Reimóndez, A dúbida, Xerais.
5º-. María Solar, As horas roubadas, Xerais.
6º-. Diego Giráldez, Galería de saldos, Xerais.
7º-. Francisco Castro, Amor é unha palabra coma outra calquera, Galaxia.
8º-. Manuel Rivas, O último día de Terranova, Xerais.
9º-. Xosé Monteagudo, Todo canto fomos, Galaxia.
10º-. Miguel Anxo Murado, Libro de horas, Galaxia.
11º-. Miguel Anxo Fernández, Un dente sen cadáver, Galaxia.
12º-. VV.AA., Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal, Urco.
13º-. Xabier Quiroga, Izan, o da saca, Xerais.
14º-. Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos, Xerais.

POESÍA
1º-. María do Cebreiro, O Deserto, Apiario.
2º-. Carlos Negro, Masculino singular, Xerais.
3º-. VV.AA., 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, Biblos.
4º-. Gonzalo Hermo, Celebración, Apiario.
5º-. VV.AA., Dez anos na Porta, A porta verde do sétimo andar.

ENSAIO-TEATRO
1º-. Isidro Dubert (ed.), Historia das historias de Galicia, Xerais.
2º-. Esther F. Carrodeguas, Voaxa e Carmín, Difusora.
3º-. VV.AA., Atlas arqueolóxico da paisaxe galega, Xerais.
4º-. Xosé Manuel Beiras, O proxecto común da nación galega, Laiovento.
5º-. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (coord.), As Irmandades da Fala (1916-1931), Laiovento.
6º-. VV.AA., Poesía hexágono, Apiario.

XUVENIL
1º-. Ledicia Costas, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Xerais.
2º-. Fran Alonso (ilustrador Dani Padrón), Contos nerviosos, Embora.
3º-. Antonio G. Teijeiro, Raiolas de sol, Galaxia.
4º-. Manuel Sánchez Gálvez, Maelström, Maelström, Galaxia.
5º-. Celia Díaz Núñez, A boca do monte, Galaxia.

INFANTIL
1º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Esmeraldina, a pequena defunta, Xerais.
2º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais.
3º-. Justin Richardson e Peter Parnell, Con Tango son tres, Kalandraka.
4º-. Federico Fernández e Germán González, Balea, Kalandraka.
5º-. El Hematocrítico, Feliz Feroz, Xerais.
6º-. Manuel Rivas, Bala perdida, Xerais.
7º-. Gracia Iglesias e Rosa Osuna (ilustración), O fío, Kalandraka.
8º-. Eli Ríos, Marta e a píntega, Galaxia.

LIBROS CD-DVD
1º-. Paco Nogueiras e David Pintor,  Brinca vai!,  Kalandraka.
2º-. Sérgio Tannus e Luís Barbolla (ilustracións), Alegría!, Galaxia.
3º-. Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Non hai berce coma o colo, Kalandraka.
4º-. Uxía e Magín Blanco, Canta o cuco, Galaxia.
5º-. Gelria, Cantos de poeta, Gelria.

BANDA DESEÑADA
1º-. Miguelanxo Prado, Presas fáciles, El Patito Editorial.
2º-. Luís Davila, O bichero VI, Edición do autor.
3º-. Xosé Tomás, Manual de escola, AS-PG.”

VARIOS
1º-. Benigno Campos, Peixes e mariscos, Galaxia.
2º-. VV.AA., Luzes de Galiza, nº 32.

Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do mércores 3

OFeira do Libro da Coruña 2016 cartaz mércores 3 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

18:00 h. Presentación e contacontos do libro A canción do sol, de Estefanía Padullés, publicado por Hércules de Edicións. A continuación, sinatura de libros na caseta da Secretaría.
19:00 h. Presentación de Marta e a píntega, de Eli Ríos, publicado por Galaxia. Ademais da autora intervirán Nuria González, mestra de Educación Infantil, e o editor Francisco Castro.
19:00 h. Presentación de O amor nos escuros días de Birkenau, de Alberto Canal, publicado por Xerais. Con Manuel Bragado.
19:30 h. Sinatura de Ledicia Costas na Caseta de Secretaría.
19:45 h. Presentación de Cámbiache o conto!, de Pinto e Chinto, publicado por Xerais. Con Manuel Bragado.
20:00 h. María Canosa asina exemplares da súa obra na caseta de Edicións Embora.
20:30 h. Recital poético-musical sobre Lugrís, organizado por Alvarellos Editora e In nave civitas. Previamente, ás 20:00 horas, manifestación atlántica e recital, con saída do Vecchio.
21:15 h. Presentación d´O espello do mundo, de Ramón Nicolás, publicado por Xerais. Con María Canosa, Mercedes Queixas e Manuel Bragado.

Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do martes 2

OFeira do Libro da Coruña 2016 cartaz martes 2 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

19:00 h. Charo Pita presenta Oxalá estiveses aquí, publicado por Galaxia. Intervirán a autora e o editor Francisco Castro.
19:00 h. Ignacio Castro asina exemplares de Roxe de Sebes na caseta da Libraría Xiada.
19:30 h. El Hematocrítico e Alberto Vázquez asinarán exemplares de Feliz Feroz. O lobiño riquiño e Axente Riciños, publicados por Xerais, na Caseta de Berbiriana.
19:30 h. David Ortiz asinará exemplares do seu libro O libro dos cócteles, publicado por Xerais, na Caseta de Secretaría.
20:00 h. Suso Lista asina exemplares das súas obras. Na caseta de Edicións Embora.
20:00 h. Espectáculo musical O Bigote de Mimí, de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto, baseado no libro homónimo de Manuel María, publicado pola Casa Museo Manuel María.
20:30 h. Presentación d´A dúbida, de María Reimóndez, publicado por Xerais. No acto participan, xunto á autora, Eli Ríos e Manuel Bragado.
21:15 h. Presentación d´O Beato, de Alfredo Conde, publicado por Xerais. Con Manuel Bragado.