Arquivos da etiqueta: Marta Dacosta
Oroso: presentación de Así fala Penélope, antoloxía a cargo de Marta Dacosta
Moaña: presentación de Obra poética completa, de Xosé Manuel Millán Otero
Gondomar: presentación de Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero), con Marta Dacosta
Pontevedra: Teñamos a poesía en Paz, con Eduardo Estévez, Marta Dacosta e Xabier Xil Xardón
Nigrán: acto poético-musical nos 60 anos da publicación de Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro
Vilagarcía de Arousa: Semana de Muller e cultura, do 7 ao 14 de outubro
A AELG lamenta fondamente o pasamento de Ana Luísa Amaral, Escritora Galega Universal
Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega expresamos a nosa desolación pola morte da nosa Escritora Galega Universal deste 2022, Ana Luisa Amaral, cuxo nomeamento foi ratificado pola Asemblea Xeral da AELG, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade literaria da súa obra. Doémonos moito ao saber da súa morte, ela para sempre Escritora Galega Universal .
Ana Luísa acompañáranos coa súa palabra poética na Gala dos Premios Follas Novas do pasado maio, dado que non puidera facelo presencialmente. Agardábamos poder entregarlle a figura de Rosalía de Castro como Escritora Galega Universal no outono deste 2022 en Santiago de Compostela, que lle faremos chegar á súa familia.
En palabras de Marta Dacosta, quen ía facer a laudatio: “Amaral era a poeta que contraria a tradición, a que reinterpretou e volveu falar dos mitos, das personaxes, das figuras prototípicas. Contrariou e ironizou. Nos seus poemas Penélope négase a Ulises e Medea decide ficar no palacio. Lemos os seus poemas como espellos en que a palabra ocupa o lugar exacto, transparente, simbólico, traslada sentimentos, constrúe un mundo propio sen artificios innecesarios. Espida, densa, directa.”