Nesta festa do aforismo participarán Francisco Pillado, Xavier Seoane, Manuel Bragado e unha representación dos autores e autoras: Lino Braxe, Tucho Calvo, Lois Diéguez, Estíbaliz Espinosa, Francisco X. Fernández Naval, Alfredo Ferreiro, Rafael Lema, Siro López, Olga Patiño, Ánxeles Penas, Francisco Pillado, Gustavo Pernas, Henrique Rabuñal, Claudio Rodríguez Fer, Xavier Seoane, Dores Tembrás, Ramiro Torres e Fidel Vidal.
Arquivos mensuais: Febreiro 2017
Escolares de Ourense participan nun faladoiro literario con María Solar
Desde a Televisión de Galicia:
“O 1 de febreiro en Ourense escolares de toda a provincia tiveron a oportunidade de participar e debater nunha tertulia literaria. O libro elixido foi desta volta As horas roubadas, da escritora María Solar. Ela estivo alí para escoitar as súas reflexións e compartir canda eles os segredos da súa última obra.
Proceden de institutos de toda a provincia, pero levan semanas debullando o mesmo libro.
As tertulias comezaron no ano 2007 e dende aquela pasaron por aquí milleiros de escolares, e moitos autores como María Solar, que compartiu inquedanzas con estes novos lectores.
A participación é voluntaria, non inflúe nas súas notas. Fano simplemente por amor á lectura.
E lembran que actividades coma esta serven non só para fomentar a lectura, senón tamén para coñecer xente da súa idade coas mesmas inquedanzas.”
Entrevista a Carme Fernández Pérez-Sanjulián sobre As Irmandades da Fala, cen anos despois
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Carme Fernández Pérez-Sanjulián, coordinadora do volume As Irmandades da Fala, cen anos despois do grupo ILLA de Investigación Lingüística e Literaria Galega. “Foise consolidando a idea clara de que as Irmandades non son só o momento fundacional, senón que funcionan como organizadoras da actividade cultural e ideolóxica, como magma de fondo, entre o 1916 e o 1931”. Pode escoitarse a entrevista aquí.”
O ISBN constata a mingua da edición en Galicia
Desde Cultura Galega:
“As cifras sobre a edición estatal que acaba de facer públicos a Axencia do ISBN constatan o continuo descenso na edición no noso país. Así se en 2015 este rexistro contabilizaba un total de 2.266 obras publicadas en Galicia, durante 2016 a cifra reduciuse en 100 títulos, e quedou con 2.156. A contía supón apenas un 2,7% por cento do total de obras publicadas no Estado, e deixa a nosa comunidade como a sexta cunha maior produción. Polo momento non se fixeron públicas as cifras de edición desglosados por idiomas. Estes datos recollen tamén que no noso país viron a luz 527 títulos en formato dixital, un 24% do total, porcentaxe próxima á media estatal dun 28%.”
A Coruña: conferencia de Carlos López Bernárdez
O martes 7 de febreiro, ás 20:00 horas, na Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1), na Coruña, Xosé Carlos López Bernárdez imparte a conferencia “Maruja Mallo e a nova identidade feminina”.
A Coruña: recital de Marilar Aleixandre e Julia Uceda no Ciclo Poetas Di(n)versos
A segunda
feira 6 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Marilar Aleixandre e Julia Uceda. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos febreiro 2017.
Taboleiro do libro galego (decembro 2016-xaneiro 2017), por Ramón Nicolás
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí as novidades editoriais publicadas en lingua galega máis demandadas nalgunhas librarías galegas ao longo dos meses de decembro de 2016 e xaneiro de 2017. Nesta ocasión, a información subministrárona un total de doce librarías. Grazas, pois, a Cartabón, Casa del Libro de Vigo, Cronopios, Andel, Lila de Lilith, Suévia, Biblos, Librouro, Moito Conto, Trama, Miranda e Libros para Soñar.
NARRATIVA
1º-. Dolores Redondo, Todo isto che darei (tradución Dolores Torres), Xerais.
2º-. Antón Riveiro Coello, A ferida do vento, Galaxia.
3º-. Manuel Esteban, A ira dos mansos, Xerais.
4º-. Daniel Asorey, Nordeste, Galaxia.
5º-. Xabier Quiroga, Izan, o da saca, Xerais.
6º-. Patrick Ness, Un monstro vén a verme (tradución de Xesús Fraga), Kalandraka.
7º-. Xosé Monteagudo, Todo canto fomos, Galaxia.
8º-. María Solar, As horas roubadas, Xerais.
9º-. María Canosa, Cando cae a luz, Urco.
10º-. Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas, Galaxia.
11º-. María Reimóndez, A dúbida, Xerais.
POESÍA
1º-. Marilar Aleixandre, Desescribindo, Apiario.
2º-. Manuel Antonio, De catro a catro (manuscrito inédito), (edición de Anxo Tarrío), Alvarellos.
3º-. VV.AA., No seu despregar, Apiario.
4º-. Paula Carballeira, Nunca mascotas, Galaxia.
5º-. Marga Tojo, Últimos bruídos, Positivas.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Ana Torres Jack, Máis aló do azul e do rosa, Galaxia.
2º-. Jorge Mira-María Canosa, A que altura está o ceo?, Alvarellos.
3º-. Isidro Dubert (ed.), Historia das historias de Galicia, Xerais.
XUVENIL
1º-. Ledicia Costas, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Xerais.
2º-. Héctor Cajaraville, Quen dá a quenda?, Xerais.
3º-. David Pérez Iglesias, Todo o tempo do mundo, Xerais.
4º-. Iria Misa, Xa non estou aquí, Xerais.
5º-. Carlos Meixide, Cans, autoedición.
INFANTIL
1º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Esmeraldina, a pequena defunta, Xerais.
2º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais.
3º-. María Canosa, Rubicundo, Xerais.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. Iago López, Macus Romero, O cociñeiro Martiño, Xerais.
2º-. María Lado, Rosalía de Castro, Urco.
3º-. Xosé Ballesteros, Marco Somà, Os tres porquiños, Kalandraka.
LIBROS CD-DVD
1º-. VV.AA., Aire. Maria Fumaça, Galaxia.
2º-. Miguel Ángel Alonso, Luz Beloso, Mel, unha mosca agradecida, Nova Galicia.
3º-. Migallas, Canta connosco, Kalandraka.
4º-. Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Non hai berce coma o colo, Kalandraka.
5º-. Paco Nogueiras e David Pintor, Brinca vai!, Kalandraka.
BANDA DESEÑADA
1º-. Jacobo Fernández, Marcopola 4. Avoa power, Xerais.
2º-. Luís Davila, O bichero VI, Edición do autor.
3º-. Miguelanxo Prado, Presas fáciles, El Patito Editorial.
4º-. Fermín Solís, Así é Santiago, El Patito Editorial.
Entrevista a Teresa Moure e Justo Beramendi no Diario Cultural
Desde o
Diario Cultural da Radio Galega:
“Teresa Moure: “Foi a revolución bolxevique a que conseguiu popularizar unha serie de símbolos que seguen funcionando, seguen estando na nosa linguaxe, como referentes”.
Justo Beramendi: “Estamos vivindo unha involución moi grave de todo o conquistado polas sociedades no último cuarto do século XX”.
Preséntase Bolcheviques/Bolxeviques, unha obra en dous volumes con traballos de 23 especialistas arredor dos 100 anos da Revolución. Poden escoitarse as entrevistas aquí.”
Ledicia Costas no IES Porto do Son (vídeo de David Pérez Iglesias)
Onde ferve o amor por Galiza, 270 cartas entre Martínez-Risco e o galeguismo exterior
Desde a Real Academia Galega (foto de Almara, na RAG):
“Eduardo Blanco Amor, Xosé Neira Vilas ou Luís Seoane son algúns dos moitos persoeiros da Galicia na diáspora que intercambiaron cartas co xurista, escritor e académico Sebastián Martínez-Risco. Para eles, e tamén para institucións ou persoas doutras procedencias interesadas na nosa cultura, o presidente da Real Academia Galega (RAG) de 1960 e 1977 foi “unha especie de representante oficioso da cultura galega, e case poderiamos dicir que do país no seu conxunto, nun momento en que Galicia non tiña institucións representativas propias”, expresa Xosé Ramón Freixeiro Mato. Así queda reflectido nas 270 cartas que compoñen Onde ferve o amor por Galiza. Correspondencia do galeguismo exterior con Sebastián Martínez-Risco (1942-1977), edición ao coidado do profesor da Universidade da Coruña publicada pola Deputación da Coruña.
A obra, que recompila sobre todo cartas do arquivo persoal de Martínez-Risco (Ourense, 1899 – A Coruña, 1977) e outras conseguidas en institucións como o Centro Galego de Buenos Aires, foi presentada na sede da RAG nunha rolda de prensa na que o investigador estivo acompañado polo presidente da Academia, Xesús Alonso Montero; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e a actriz Isabel Risco, neta de Martínez-Risco. O libro toma o seu título dunha frase extraída dunha carta que Isaac Díaz Pardo lle escribiu a Martínez-Risco en 1955 desde Arxentina. O editor escolleuna “porque representa moi ben ese sentimento de preocupación polo futuro de Galicia” que lle amosaban ao académico as persoas que contactaban con el desde o exterior, moitos deles galegos exiliados e emigrados, pero tamén persoas interesadas na nosa cultura de Portugal, Francia ou América. (…)”