Arquivo da categoría: Contacontos
Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do sábado 6 e domingo 7
O domingo 7 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:
Sábado 6
– 19:00 h. Xosé Duncan asinará exemplares de Negruña, publicado por Urco Editora, na caseta de Berbiriana.
– 20:00 h. Concha Blanco asina exemplares da súa obra na caseta de Edicións Embora.
Domingo 7
– 13:00 h. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz, organizada por Nova Galicia Edicións.
– 20:30 h. Presentación de Un dente sen cadáver, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia. Intervirán o autor e o editor Carlos Lema.
Carballo: actividades do xoves 21 na Praza dos Libros
Chega unha nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 21 ao 24 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para o xoves 21, destacamos os seguintes:
– 12:30 h. Pregón a cargo de Xosé Lois González “O Carrabouxo”.
– 18:30 h. Teatro na mochila. Contacontos infantil a cargo de Anxo Moure.
– 21:00 h. Presentación da novela DisParo, de María Canosa, publicada por Embora.
Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o sábado 2 e domingo 3
O sábado 2 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 1
– 18:30 h. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz, organizada por Nova Galicia Edicións.
– 20:00 h. Pedro Feijoo asinará exemplares das súas obras na caseta da secretaría da feira.
Domingo 2
– 20:00 h. Jorge Rodrigues Gomesende asina exemplares de Frouma de Ruivéns, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.
Vigo: Festival de Poesía PoemaRia 2016
Redondela: actos destacados na Feira do Libro para o sábado 18 e domingo 19
O domingo 19 finaliza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario para os seus dous últimos días de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes dous días:
Sábado 18
– 18:00 h. Contacontos de Miguel Ángel Alonso Diz. A actividade está promovida por Nova Galicia Edicións.
– 19:00 h. Manrique Fernández asina exemplares de Tres feridas, publicada por Belagua, na caseta da Libraría Molière.
– 20:00 h. Presentación de As horas roubadas, de María Solar, publicado en Xerais. No acto, a autora estará acompañada por Manuel Bragado.
– 20:00 h. Jorge Rodrigues Gomesende asina exemplares de Frouma de Ruivéns, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.
Domingo 19
– 19:00 h. Coloquio A muller na literatura, coordinado por Yolanda Castaño, coa participación de Iolanda Zúñiga, Fina Casalderrey e Ana Tierra.
A Estrada: presentación de Marta e a píntega, de Eli Ríos
Ourense: actos destacados na Feira do Libro para o sábado 4 e domingo 5
O sábado 4 e domingo 5 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Rúa do Paseo, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 4
– 18:00 h. Contacontos de Miguel Ángel Alonso Diz, organizado por Nova Galicia Edicións.
– 19:00 h. Presentación de Transición, de Pablo Fernández Barba, publicado por Sotelo Blanco Edicións, obra gañadora do XVI Premio Risco de Creación Literaria.
– 19:30 h. Bieito Iglesias asina exemplares de O ouro de Ourense, publicado por Engaiolarte, na caseta da Libraría Kathedra.
– 20:00 h. Presentación de O volframio en Varilongo, de Carmen Blanco Ramos, publicado por Xerais. No acto acompañará á autora Patricia Arias Chachero.
Domingo 5
– 12:30 h. Presentación do libro Lindos abrollos, de Carlos Abeledo, publicado por Edicións Embora, con cata de viños de Adega Pousadoiro.
– 20:00 h. Presentación de Liquidación de existencias, de Ramón Caride, publicado en Xerais. No acto acompaña ao autor Jorge Emilio Bóveda.
– 21:00 h. Presentación do XX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, Análise estructural e simbólica do mito da moura, de Rafael Quintiá, publicado por Sotelo Blanco Edicións. No acto participan Miguel Losada, Antonio Blanco e José Mª Eguileta.