O
venres 14 de outubro, ás 20:30 horas, na Asociación Cultural Agromadas (Rúa Abelardo Arce nº 25, Seixalbo, Ourense), preséntase a obra Philogelos (O amante da risa), de Hierocles e Philagrios, a compilación de chistes máis antiga traducida do grego ao galego por Margarita Seara e Óscar Soto, e publicada por Rinoceronte. No acto participan tradutor e tradutora, así como o director da editora, Moisés Barcia e do coordinador da Colección Vétera, Raúl Gómez Pato. Haberá música grega e petiscos.
Arquivo da categoría: Teatro
A Coruña: presentación de Nunca paraíso. Teatro breve (1973-2015), de Manuel Lourenzo
O
xoves 13 de outubro, ás 19:00 h., na FNAC da Coruña (Praza de Lugo, s/n), terá lugar a presentación do libro Nunca paraíso. Teatro breve (1973-2015), de Manuel Lourenzo, publicado por Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Xabier P. DoCampo e Manuel Bragado. Ao remate, Elsinor Teatro interpretará as pezas dramáticas do autor “Antes da función” e “Zanzíbar”
A Real Academia Galega edita a primeira serie de antoloxías dedicada ás Irmandades da Fala
Desde
a Real Academia Galega (a foto é da RAG):
“A Real Academia Galega presentou o xoves 29 de setembro dous dos primeiros títulos da súa nova colección, Antoloxías da Academia, que arrinca cunha serie que lles rende homenaxe ás Irmandades da Fala no centenario da súa fundación. Alén dunha pequena escolma de textos editada en polo agora presidente da institución en 1977 (ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antón Villar Ponte), estas son as primeiras antoloxías que saen do prelo dedicadas especificamente ás Irmandades e que cobren os distintos xéneros que cultivaron, salientou o propio Xesús Alonso Montero.
O teatro e a oratoria e prosa de non ficción, xéneros en cuxo fomento este movemento puxo especial interese para prestixiar a lingua galega, centran os números que abren o proxecto. A colección concibiuse como un xeito de achegar de xeito atractivo ao público lector contemporáneo escritos fundamentais para entendermos o papel esencial que xogaron as Irmandades na modernización da nosa cultura. Cada escolma vai acompañada dun limiar que facilita a comprensión dos textos e dos seus contextos un século despois.
O responsable da edición de Irmandades da Fala: oratoria e prosa non ficcional. Antoloxía e secretario da Academia, Henrique Monteagudo, e a profesora da Universidade da Coruña Laura Tato Fontaíña, editora do título O teatro nas Irmandades da Fala, compareceron en rolda de prensa acompañados polo presidente da RAG. A serie completarase cunha antoloxía poética, a cargo de Xosé Ramón Pena, e outra de narrativa editada por Ramón Nicolás. (…)”
Xornadas As Irmandades da Fala en Compostela, 2016
Outeiro de Rei: A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna, por Lucecús Teatro
Vedra: Circuíto Galego de Teatro Amador
Carballo: nova edición do Festival Outono Teatro, 2016
“Celebrar
a XXV edición do FIOT é unha oportunidade para festexar a chegada a este fito do noso camiño, un logro importante para unha proposta cultural que naceu e medrou modestamente, pero con coherencia e persistencia, e coa ambición de ser sólida e potente.
Vinte e cinco anos abrindo o telón á ilusión, á reflexión, á sorpresa, á beleza, ao encontro, á provocación, á experiencia, á compañía, á emoción… O Outono de Teatro non é un conxunto de espectáculos programados en outubro, é unha idea compartida e viva que xa moitos, desde o público ata os artistas ou todo tipo de colaboradores, evocamos na nosa memoria como algo máis que teatro, unha illa propia que compartimos.”
O programa completo, que se estende durante case todo o mes de outubro, pode descargarse aquí.
Pontevedra: Mesa de debate Un novo teatro galego, no Centenario das Irmandades da Fala
Ourense: actividades destacadas do 82 Congreso PEN Erguendo pontes literarias do luns 26 e martes 27
Dentro
do programa do 82 Congreso do PEN Clube, Erguendo pontes literarias, terán lugar en Ourense as seguintes actividades destacadas o luns 26 e martes 27, dentro do seu programa: Programa-Congreso-PEN-2016.
Luns 26
– 20:00 h. Teatro Principal (Rúa da Paz, 9). Acto inaugural. Espectáculo “Ourense Literario”, a cargo da Compañia de Teatro A Panadaría. Con Bieito Iglesias, lembranza de: Eduardo Blanco-Amor, Carlos Casares, Antón Risco, Antón Tovar, Pura Vázquez, Marcos Valcárcel e Xosé Fernández Ferreiro.
Martes 27
– 20:00 h.. Praza de San Martiño. A (Poesía) Milagre do Mundo. Unha idea de Manuel Rivas. Música de Pulpiño Viascón. Olga Novo, Oriana Méndez, Estevo Creus, María do Cebreiro, Dores Tembrás, Xohana Torres, Iolanda Zúñiga, Lucía Aldao.





