Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Nos relatos de Silencio, os personaxes son científicos de distintas épocas, desde Copérnico a Pasteur. O libro precisou dous anos de documentación e tres de escrita e reivindica liberdade de pensamento. Aparecen tamén algunha figuras femininas, mulleres que foron silenciadas ao longo da historia. A entrevista pode verse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Braga: presentación de Cartografías da narrativa galega contemporánea, de Xaquín Núñez Sabarís
Lugo: presentación de Porque te quero, de Baldo Ramos
Coloquio virtual sobre Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga
Boiro: presentación de O paraíso dos inocentes, de Antón Riveiro Coello, o 30 de outubro
Barreiros: presentación de Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra, de Henrique Rabuñal
Rosalía Fernández Rial: “En Árbores no deserto quixen abordar a escrita dende códigos das artes vivas”
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Rosalía Fernández Rial constrúe Árbores no deserto desde as voces de 11 grandes autoras e activistas do feminismo. Ademais, como dramaturga estrea no FIOT A lúa, válvula de spray, unha peza escénica con direccion de Q. Cadaval e interpretacións de Santi Romay, Melania Cruz e María Roja. A entrevista pode verse aquí.”
Oroso: presentación das biografías de Castelao, obra de Miguel Anxo Seixas Seoane
Inma López Silva: “Soño con quedar para tomar whisky até o mencer con Beauvoir, Didion e Sontag”
Entrevista de César Lorenzo Gil a Inma López Silva en BiosBardia:
“(…) – BiosBardia (B): Con que escritor/a lle prestaría pasar unha noite de festa? Pode estar vivo/a.
– Inma López Silva (ILS): Botei moitas fins de semana probando a ver se tropezaba por Brooklyn con Paul Auster, así que non vou considerar tirado todo ese tempo… Tamén coido que gozaría, malia probabelmente discutir moito, con Michel Houellebeq. Pero se puidese, soño cun encontro con Beauvoir, Didion e Sontag, comprometéndonos as catro a tomar whisky ata o amencer. En sesión de espiritismo, con Nietzsche, Shakespeare, Molière e Mary Wollstonecraft. E tendo en conta as posibilidades reais de levar adiante os meus plans, gustaríame emborracharme con Juan Tallón, Diego Giráldez, María do Cebreiro e Francisco Castro, xuntos ou por separado. E é público e notorio o meu gusto polas ceas de alto contido alcohólico e literario con Arantza Portabales, Mercedes Corbillón e Susana Pedreira, ás que desexo fervorosamente incorporar a Rexina Vega, cousa que acontecerá en breve. Xa ve que non teño problemas nin coas farras nin co bo comer e o bo beber. Podería seguir. Creo que case que gozaría con calquera. Incluso iría de cañas con vostede de boa gana.
– B: Escribirá as súas memorias?
– ILS: En realidade, cada certo tempo, escribo unha memoria parcial como son libros coma New York, New York, Maternosofía ou Chámame señora, pero trátame coma a un señor. Supoño que vou facendo ese labor pouco a pouco para non pasar tanto traballo ao final, cando o que me apetecerá será seguramente ir de copas con escritoras e escritores novos que me dean a vida e non a morte.
– B: Que autor/a considera vostede responsable de que vostede se dedique á literatura?
– ILS: Hai varios. Un deles é Suso de Toro. A descuberta da súa literatura foi para min unha epifanía pois demostraba que na miña lingua se podía escribir, publicar e ler o tipo de narrativa e co nivel de modernidade que eu gustaba de ler noutros idiomas. E desde un punto de vista práctico, Carlos Casares: foi el quen, aos dezasete anos, me pediu por ler o que tiña escrito. Mandeille un monllo de relatos que, un tempo despois, foron o meu primeiro libro publicado na editorial Galaxia, Rosas, corvos e cancións. (…)”