Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Compostela: presentación de A vida secreta de Úrsula Bas, de Arantza Portabales
Betanzos: recital poético e conversa sobre XelArias. Palabra á intemperie, de Emma Pedreira e Laura Romero
Lugo: “Nós e Vicente Risco. 100 anos de pensamento”
A Coruña: Jazzliza: a nosa voz de sempre nas nosas voces de hoxe
Ourense: Encontro a tres. Movendo os marcos do patriarcado
Xela Arias. A palabra esgazada – En diálogo coas artes – Capítulo 4 – Día das Letras Galegas 2021
A froita do coñecemento (Catroventos), de Liv Strömquist
Bases do IV Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil
Álex Mene faise co XXIV Premio de poesía Concello de Carral co seu primeiro poemario: Os puntos do impacto
Desde o Concello de Carral:
“O vigués Álex Mene vén de facerse co XXIV Premio de Poesía Concello de Carral coa súa obra Os puntos do impacto. O autor, que conta xa con varias publicacións, acadou o galardón tras conquistar ao xurado do certame cun “universo orixinal e coherente e cunha estrutura ben elaborada, na que sobresae a solidez da voz poética, propoñendo unha volta á ancestralidade e un retorno do ser humano á natureza para diluírse nela”.
O xurado salientou, iso si, “a calidade demostrada no conxunto de obras presentadas a esta edición do certame, no que se contou cun alto número de poemarios merecentes do premio”. O tribunal do concurso estivo formado polo concelleiro de Cultura, Francisco Bello Hermida –presidente-, por Manuel López Rodríguez –gañador da pasada edición e que estivo en calidade de vogal-, Inma Otero –crítica literaria e profesora, tamén en calidade de vogal-, Luciano Rodríguez Gómez –profesor e investigador literario como vogal- e por Carlos Lorenzo –técnico municipal de Cultura en calidade de secretario-. (…)
O premio de Carral está dotado con 2.500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.
O acto de entrega do premio Concello de Carral está previsto para o 28 de maio e servirá, así mesmo, para presentar o libro As pulsacións, co que Manuel López Rodríguez gañou a XXIII edición do certame.
Como vén sendo habitual, a Xunta de Galicia colabora co Concello de Carral, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais para a publicación da obra premiada. (…)”