III Feira do Libro de Ribadeo (do 3 ao 5 de xullo)

Feira do Libro Ribadeo 2015 1Feira do Libro Ribadeo 2015 2

Noia: presentación de dun lago escuro, de Marta Dacosta

OMarta Dacosta venres 29 de maio, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Noia, terá lugar a presentación do libro dun lago escuro, de Marta Dacosta, publicado en Xerais. No acto, organizado por A Lanzadeira de Alcor e Xerais, participa, xunto á autora, Manuel L. Rodríguez.

Premios AELG 2015 – Gala das Letras

ConviteGalaLetrasAELG2015aOsAELG Logo 2-2015 socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2014 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados/as da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia respectivamente.

As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o sábado 9 de maio, ás 20:00 horas, no Círculo de las Artes do Concello de Lugo. A entrada é libre até completar aforo.

Así pois, da conxunción de votos emitidos na primeira quenda resultaron finalistas:

Blog literario

Ensaio

Literatura Infanto-Xuvenil

Xornalismo Cultural

Narrativa

Poesía

Teatro

Tradución

Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras.

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

Premio AELG 2015 “Institucións Culturais”

  • Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
  • Asociación de Medios en Galego

Premio “Mestras-es da Memoria” 2015
A segunda edición do premio Mestres e Mestras da Memoria, que se concede nesta ocasión a Josefa Arias e Emilio do Pando, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional

Escritor Galego Universal 2015
O escritor Luiz Ruffato será o Escritor Galego Universal, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana. Con este nomeamento Ruffato súmase á listaxe conformada por Mahmoud Darwish, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge e Bernardo Atxaga. Vexa aquí a axenda de Ruffato na Galiza.

No transcurso da gala a AELG tamén entregará a distinción “Bos e Xenerosos” ás/aos xornalistas Margarita Ledo Andión, Manuel Lombao, Tareixa Navaza e Xosé María García Palmeiro.

Coa actuación musical de Abraham Cupeiro e Iago González: Os sons esquecidos.

Obras finalistas dos Premios AELG 2015

OsAELG Logo 2-2015 socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2014 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados/as da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia respectivamente.

As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o sábado 9 de maio no Círculo de las Artes do Concello de Lugo.

Así pois, da conxunción de votos emitidos na primeira quenda resultaron finalistas:

Blog literario

Ensaio

Literatura Infanto-Xuvenil

Xornalismo Cultural

Narrativa

Poesía

Teatro

Tradución

Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras.

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

Premio AELG 2015 “Institucións Culturais”

  • Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
  • Asociación de Medios en Galego

Premio “Mestras-es da Memoria” 2015
A segunda edición do premio Mestres e Mestras da Memoria, que se concede nesta ocasión a Josefa Arias e Emilio do Pando, por toda unha  vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional

Escritor Galego Universal 2015
O escritor Luiz Ruffato será o Escritor Galego Universal, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana. Con este nomeamento Ruffato súmase á listaxe conformada por Mahmoud DarwishPepetelaNancy MorejónElena PoniatowskaJuan GelmanAntonio GamonedaJosé Luis Sampedro, Lídia Jorge e Bernardo Atxaga.

No transcurso da gala a AELG tamén entregará a distinción “Bos e Xenerosos” ás/aos xornalistas Margarita Ledo Andión, Manuel Lombao, Tareixa Navaza e Xosé María García Palmeiro.

Marta Dacosta: “Vivimos no día de hoxe na comodidade de non profundizar, no conformismo”

EntrevistaMarta Dacosta a Marta Dacosta en La Opinión:
“(…) – La Opinión (LO): Na súa obra está moi presente a agua. Por que?
– Marta Dacosta (MD): Ten que ver con criarme á beira do mar e pertencer a unha familia ligada a el, nun principio. O mar sempre foi algo moi presente. Logo, vivindo separada del, sustitúeno as fontes, as correntes… Logo, á experiencia vital, engádeselle a tradición literaria. Na miña obra a auga é orixe de vida.
– LO: O seu imaxinario se nutre de vivencias ou de literatura?
– MD: Bebe de fontes moi diversas. Por exemplo, a combinación entre lendas tradicionais do sur da provincia de Pontevedra e a figura hamletiana de Ofelia, que vexo como maltratada psicolóxica.
– LO: Cal é a forma de abordar temas como o maltrato na poesía?
– MD: É difícil abordalo sen que o poema perda a integridade. É un tema complicado de por si, e ademáis caese no risco de cinguirse á protesta, que ten que estar en equilibrio coa parte de calidade literaria, estílistica e creativa.
– LO: Cal foi a traxectoria da poesía galega?
– MD: Dende a Transición, podemos falar dunha primeira etapa, menos explícita e dende o simbólico, en parte como reacción ante unha corrente anterior que se focalizou na denuncia. Nos 90 volve a atención ao significado do texto. Pero son liñas xerais dun proceso que tería que verse cun século de distancia.
– LO: E a súa propia?
– MD: Co tempo voume desprendendo cada vez máis do innecesario. Esculpo máis o texto. Pero ségueme sendo útil; para min a poesía é imprescindible e infalible.
– LO: Como escritora?
– MD: E como lectora, o texto poético é o que mellor recolle o que busco ao ler. Lemos para entreternos, pero tamén para entender o mundo e atoparnos. A poesía ten capacidade de transmitir e ser terapéutica.
– LO: Dun lago escuro toca tamén a negación da realidade.
– MD: Si, a través da imaxe da nadadora que nada boca arriba, mirando un día soleado e de cóstas ás profundidades. Vivimos na comodidade de non profundizar. Tanto no plano persoal como social, critico o conformismo. Un certo grao de conformismo é intrínseco, pero agora hai un control para convencernos de que vivimos no mellor dos mundos posibles.
– LO: Trata moito a idea da tradición feminina.
– MD: Para min esa visión feminina é convición, a de que a muller galega tivo un papel central na preservación da nosa cultura, e unha posición, a de que as mulleres teñen todas as dificultades duplicadas. Pero non vexo conflito en que un escritor escriba cunha muller como protagonista, ou viceversa. Si se todos os protagonistas fosen homes.”

A Coruña: presentación de Dun lago escuro, de Marta Dacosta

AMarta Dacosta segunda feira, 23 de febreiro, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32, baixo) da Coruña, preséntase Dun lago escuro, de Marta Dacosta, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participa Yolanda Castaño.

Coñécense os finalistas dos Premios da Edición 2014

DesdeAsociación Galega de Editores a Asociación Galega de Editores:
Os Premios da Edición naceron para poñer en valor o traballo do sector editorial galego ao longo dun ano. O que os diferencia do resto dos que se convocan no ámbito do libro é que premian a escolla da editorial, recoñecendo esa outra parte de autoría que aportan os editores cando elixen os libros que van editar. O sistema de votación consiste nunha primeira proposta de candidaturas, tres por editorial e categoría, realizada polas empresas que o desexen, e unha segunda na que os editores votan a dúas candidaturas de cada categoría, agás as propias.
O mércores 28 de xaneiro finalizou a fase de votacións e os libros, autores e proxectos finalistas pasarán agora a un xurado composto por un libreiro, unha bibliotecaria, un xornalista, un escritor e un editor, este último sen vinculación coas as empresas editoriais asociadas.
Xúntase a relación dos finalistas das nove categorías.

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE FICCIÓN 2014
Ícaro, de Federico Delicado, Kalandraka Editora.
A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz. Edicións Xerais.
Salseiros, de Suso Lista. Edicións Embora.
Somnámbulos, de Suso de Toro. Edicións Xerais.
Dende o conflito, de María Reimóndez. Edicións Xerais.

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE POESÍA OU TEATRO NO ANO 2014
Onde nunca é mañá, de Manuel Álvarez Torneiro, Kalandraka Editora.
Anamnese, de Eli Rios. Sotelo Blanco Edicións.
Dun lago escuro, de Marta Dacosta. Edicións Xerais.
Atravesar o fantasma, de Carlos Callón. Edicións Xerais.
Os privilexios dos sonámbulos, de Pablo Bouza. Alvarellos Editora.

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN ANO ANO 2014
O soño galego de Julio Cortázar, de Francisco X. Fernández Naval. Ediciones Linteo.
Galleira Passport. Crónicas viaxeiras do século XXI, de Luís Menéndez. Alvarellos Editora
María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970), de Ana Romero Masiá. Baía Edicións.
Á procura da poesía, de Aurora López e Andrés Pociña. Alvarellos Editora.

PREMIO LOIS TOBÍO Á TRADUCIÓN NO ANO 2014
Cidade de Cristal, de Xavier Queipo. El Patito Editorial
Tratado Lóxico-Filolóxico, de Xoán Fuentes Castro. Toxosoutos.
As floriñas de San Francisco, de Darío Xohán Cabana. Alvarellos Editora.
Ofrenda á tormenta, de Ramón Nicolás. Edicións Xerais.

PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO LIBRO ILUSTRADO DO ANO 2014
Erik o construtor de soños, de Dani Padrón. Editorial Bululú.
O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Nova Galicia Edicións.
As floriñas de San Francisco, de Darío Xohán Cabana. Alvarellos Editora.
Ovella descarreirada, de Óscar Villán. Edicións Xerais.
O libro dos bicos, de Nuria Díaz. Edicións Embora.
Leviatán, de Ramón Trigo. Kalandraka Editora.
Feroz o lobo, de Leire Salabarria. OQO Editora.
Elefante comellón, de Marc Taeger. Kalandraka Editora.

PREMIO NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 2014
Reo, de Xesús Fraga. Editorial Galaxia.
A fuxida, de Berta Davila. Biblos
O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Nova Galicia Edicións.
Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras. Baía Edicións.
A cociñeira do rei, de Soledad Felloza. OQO Editora.
Non hai berce coma o colo, de Magoia Bodea e outros. Kalandraka Editora.
Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Edicións Xerais.
Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre. Edicións Xerais.
Xique Xoque, Fiu Fiú, María Fumaça. Editorial Galaxia.
Cuca e o abrigo marrón, Patricia Castelao. Edicións Rodeira.

PREMIO XOSEFA IGLESIAS VILARELLE AO MELLOR LIBRO EDUCATIVO DO ANO 2014
– Colección Emocións (9 títulos), de Mireia Canals/Sandra Aguilar. Baía Edicións.
Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena. Edicións Xerais.
Quen falta?, de Arianna Papini. Kalandraka Editora.
Historia das mulleres galegas. Das marchas nómadas á Marcha Mundial das Mulleres. Baía Edicións.

PREMIO ROSALÍA DE CASTRO Á INICIATIVA EDITORIAL DO ANO 2014
– Serie audiovisual Cocorico. OQO Editora.
Lemos, cantamos, gozamos… Semana da música infantil nas Feiras do Libro de Galicia. Editorial Galaxia.
Colección Oeste (Divulgación e ensaio) cumpre 10 anos en 2015. Van publicados 18 volumes. En 2014 reactivouse a publicación con cinco títulos novos. Aposta polo xénero moi pouco comercial mais imprescindible, como é o caso do ensaio e a divulgación. Alvarellos Editora.
– Colección Rescate. Cumpre 10 anos en 2015. Van publicados 19 volumes. En 2014 publicáronse dous: O rescate (con máis de 80 poemas inéditos) do poeta Aurelio Aguirre e a biografía de máis de 700 p. de San Francisco de Emilia Pardo Bazán. Estes dous, en coedición co Consorcio de Santiago. En 2008 levara o premio Irmandade do Libro á Mellor Obra editorial do ano. Alvarellos Editora.
– Proxecto europeo Cociña de Contos. OQO Editora.

PREMIO XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ AO AUTOR/AUTORA OU COLECTIVO DE AUTORES EN LINGUA GALEGA NO 2014
– Begoña Caamaño, María Reimóndez e Xurxo Souto.

Taboleiro do libro galego (XXVI), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí as novidades editoriais en lingua galega máis vendidas ao longo do pasado mes de setembro. O meu agradecemento ás dez librarías que, nesta ocasión, puideron participar: Paz, Trama, Suévia, Miranda, Abrente, Biblos, Andel, Cartabón, Libros para soñar e Lila de Lilith.

NARRATIVA
1º-. Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, Xerais.
2º-. A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais.
3º-. A voz do vento, de Pemón Bouzas, Xerais.
4º-. Chovida do ceo, de Alfredo Conde, Edicións Xerais.
5º-. 55, de Xavier Queipo, Xerais.
6º-. O espido de Gina,  de Miguel Anxo Fernández, Galaxia.
7º-. A maleta de Victoria Kent, de Xerardo AgraFoxo, Galaxia.

POESÍA
-. Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, A. C. Caldeirón.
2º-. dun lago escuro, Marta Dacosta, Xerais.
3º-. Río Alzhéimer, de Carlos Pereira, Alvarellos.
4º-. Anamnese, de Eli Ríos, Sotelo Blanco.
5º-. Os inocentes, de María do Cebreiro, Galaxia.

ENSAIO-TEATRO
-. Guía para o descenso enerxético, A. C. Véspera de nada.
2º-. A alternativa está aquí, de María Reimóndez, Xerais.
3º-. Bibliotecarias e bibliotecarios infames, de F. X. Redondo Abal, Laiovento.
4º-. Crónicas dun tempo escondido, de Sabino Torres, Galaxia.
5º-. Eu estaba alí, Afonso Eiré, Hércules de Edicións.
6º-. Contra a morte das linguas, de Miguel Moreira, Edicións Xerais.

XUVENIL
-. Reo, de Xesús Fraga, Galaxia.
-. Dragal III, de Elena Gallego, Xerais
-. Recinto gris, de Ledicia Costas, Edicións Xerais.
-. Os Megatoxos e o dragón de xade, de Anxo Fariña, Xerais.

INFANTIL
-. O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións.
-. Verdedades, de Yolanda Castaño e Xosé Tomás, Biblos.
-. A nena á que non deixaban ser feliz, de Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso, A Porta Verde / Nova Galicia Edicións.
-. O grúfalo,  de Julia Donaldson, Patas de Peixe.

LIBROS CD-DVD
-. Brinca vai!, de Paco Nogueiras, Kalandraka.
2º-. Xiqui Xoque, fiú fiú!, de Uxía, Editorial Galaxia.
3º-. Cantos animais, de Susa Herrera e María Noel Toledo.
4º-. Unha viaxe polo mundo, de As Maimiñas, Galaxia.

BANDA DESEÑADA
1º-. O bichero IV, de Luís Davila, Edición do autor.
2º-. A causa do crime, de Tokio, Demo Editorial.