“A
editora pontevedresa Kalandraka acaba de ser recoñecida co Premio Nacional ao Mellor Labor editorial, que convoca anualmente o Ministerio de Cultura. O xurado do galardón destacou “o compromiso coa literatura infantil, destacando o cuidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a dedicación a xéneros máis complexos como a poesía”, e sinalou que “é por isto, un referente en España e no estranxeiro”. O galardón, sen dotación económica, pretende “distinguir o conxunto do labor editorial dunha persoa física ou xurídica que destacase pola súa aportación sobresaínte e innovadora á vida cultural española”. É a primeira vez que unha firma galega se fai con este galardón, que xa recibiron en anos anteriores firmas tan consolidadas no panorama estatal como Siruela, Gredos, Alianza ou Visor, entre moitas outras. Segundo recoñece Xosé Ballesteros, director da editora, “sendo sincero non sabía nin que se reunía hoxe o xurado, a chamada pilloume totalmente de improviso”. No entanto, sinala que “estamos moi contentos por varias razóns, a primeira polo premio en si. Considerámolo como o recoñecemento a un labor colectivo, non só dos que traballamos na editora senón tamén dos autores e ilustradores do noso catálogo e tamén da xente da imprenta. Resulta unha satisfacción saber que os libros galegos son recoñecidos noutros lugares. Tamén é unha alegría que o premio recaia nunha editora galega, porque sempre semella que estamos na periferia da edición. E logo, é unha satisfacción porque é a primeira vez que o galardón vai a unha editora de literatura infantil e xuvenil”.” Desde Cultura Galega.
Arquivos da etiqueta: Kalandraka Editora
Santiago: paseo ilustrado por Compostela con David Pintor
O vindeiro sábado 15 de setembro é o último día para visitar, na Galería Sargadelos de Santiago, a exposición de ilustracións de David Pintor para o caderno de viaxe Compostela, editado por Kalandraka. Con motivo da clausura da mostra, David Pintor será o guía dun roteiro a pé por algúns dos espazos emblemáticos representados nesta obra, na zona monumental da cidade. Un paseo ilustrado por Compostela con David Pintor comezará ás 12:00 na Galería Sargadelos, onde o ilustrador comentará os aspectos máis salientables das 15 imaxes que compoñen a exposición para, posteriormente, iniciar un percorrido no que o público poderá comparar os referentes urbanos reais coas representacións gráficas.
Chamádeme Simbad, na lista de honra do IBBY
“Chamádeme Simbad,
do escritor vigués Francisco Castro e publicado en Galaxia, foi incluído na Lista de Honra coa que a OEPLI -Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil – (pola do IBBY no estado español) recoñece os libros máis significativos destinados ao público máis novo editados nos últimos dous anos. A OEPLI selecciona catro escritores, un por cada unha das linguas do estado, xunto a outros catro tradutores e un ilustrador. Entre estes últimos nomes hai que destacar o de Carmen Torres, tradutora ao galego de Kafka e a boneca viaxeira (Galaxia) de Jordi Serra i Fabra; e a pontevedresa Kalandraka editora (…)”. Vía Fervenzas Literarias.
Carballo: actividades do venres 24 na Praza dos Libros
Dentro
da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolverá até o domingo 26 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o venres 24:
– 12:30 h. Contacontos de Paula Carballeira e presentación do seu libro O principio, publicado por Kalandraka.
– 19:30 h. Presentación conxunta das obras Patente de corso, de Rafa Villar, e Acuario, de María Canosa, publicadas por Embora. No acto, nenas e nenos recitarán poemas dos libros.
– 20:30 h. Espectáculo poético-musical de presentación de Vinte en escena, de Rosalía Fernández Rial, publicado en Positivas. No acto participan, xunto á autora, Mon Búa, Mon Lendoiro e Chiña.
A Coruña: actividades destacadas do xoves 2 na Feira do Libro
Continúa
a XLI Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns da Méndez Núñez), aberta até o venres 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas. As actividades máis destacadas do xoves 2 de agosto son:
– 18:00 h.: Antonio Piñeiro asinará exemplares da súa novela As fiandeiras, publicado en Galaxia. Paula Carballeira fará o propio co seu libro O principio, publicado en Kalandraka. Posteriormente levará a cabo unha sesión de contacontos.
– 19:00 h.: Presentación do libro Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de implantación, de Carlos Arias e Mariña Pérez Rei, publicado pola editorial Bubela. Xunto cos autores do libro, participarán no acto Yolanda Castaño, Eva Veiga e Francisco X. Fernández Naval.
– 20:00 h.: Conversa de dous músicos de Berrogüetto con Francisco Castro arredor da súa biografía musical Berrogüetto. O pulso da terra, publicado en Galaxia.
– 21:00 h.: Presentación da tradución de Illuminations/Iluminacións, de Arthur Rimbaud, obra de Xoán Abeleira. No acto participan, xunto ao tradutor, François Davo e Manuel Rivas.
A Coruña: actividades destacadas do mércores 1 na Feira do Libro
Comeza
a XLI Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns da Méndez Núñez), aberta até o venres 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas. As actividades máis destacadas do mércores 1 de agosto son:
– 13:00 h.: Pregón a cargo de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
– 18:30 h.: Presentación de Os poemas do río, de Cristina Corral e Aurora Cascudo, publicado en Everest Galicia.
– 19:00 h.: Presentación de O peizoque Roque, de Dores Tembrás, publicado en Galaxia. Participan Francisco Castro e Xosé Tomás.
– 19:30 h.: Sinatura de libros de As catro estacións de Vivaldi, de José Antonio Abad, publicado en Kalandraka.
– 20:00 h.: Lectura de Manuel Rivas: Conto inédito de O máis estraño, un capítulo de Todo é silencio e inéditos do libro de próxima aparición en Xerais titulado As voces baixas. Ao remate da lectura, Manuel Rivas asinará exemplares da súa obra.
Vigo: actividades destacadas do sábado 30 e domingo 1 na Feira do Libro
Continúa
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta até o domingo 8 de xullo. As actividades máis destacadas do sábado 30 de xuño e domingo 1 de xullo son:
* Sábado 30 de xuño:
– 19:00 h.: presentación de Dun tempo e dunha terra. Antoloxía poética de Celso Emilio Ferreiro, de Gonzalo Navaza, publicado en Tambre. No acto participa, xunto ao autor e o ilustrador David Pintor, Luís Ferreiro e Ignacio Chao.
– 20:00 h.: presentación de Xardín de inverno, de Ledicia Costas, publicado por Tambre. Xunto á autora participan Daniel Puente Bello e as Poetas da Hostia.
– 21:00 h.: presentación de Infancia de vacas mortas, de Xosé Daniel Costa Currás, publicado en Barbantesa. No acto, xunto ao autor, participa Ledicia Costas.
* Domingo 1 de xullo:
– 19:30 h.: sinatura de exemplares de Artur, de Xosé Manuel González, “Oli”, publicado en Kalandraka.
– 21:00 h.: Enogastrofonías ferreirianas, percorrido por Celso Emilio Ferreiro a través da poesía, a música e o viño. Preséntase o monográfico da revista Arraianos Celso Emilio Ferreiro fai 100 anos. Participan: Aser Álvarez, Alexandre Meire e Mario Poti.
A Coruña: presentación de Non hai escapatoria, de Tim Bowley
Santiago: clausura da Campaña de Animación á Lectura
Santiago: actividades destacadas dos 5 e 6 de xuño na Feira do Libro
Finaliza
a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda), con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h.
As actividades máis destacadas do sábado 5 e domingo 6 de maio son as seguintes:
* Sábado 5:
– 19:00 h. Presentación de Transmuta, de Xabier Cordal, publicado en Xerais. No acto intervirán, xunto ao autor, Manuel Bragado, Oriana Méndez, Mónica Caamaño e Arturo Casas.
– 20:00 h.. Presentación de Iria, de Anxo Angueira, publicado por Xerais. Acompañarán ao autor Manuel Bragado e Xosé Luís Méndez Ferrín.
* Domingo 6:
– 12:30 h. Presentación do libro A aldea, de Xavier Frías Conde, publicado por Urco Editora. No acto, o autor estará acompañado por Tucho Calvo.
– 18:00 h. Paula Carballeira e un representante de Kalandraka Editora presentan O principio, novo álbum desta autora e narradora, ilustrado por Sonja Danowski.


