Arquivos da etiqueta: Ramiro Torres
Carballo: presentación de Hipnose Encarnada, de Ramiro Torres
Presentación de Hipnose Encarnada, de Ramiro Torres, en Carballo
A Coruña: presentación de Hipnose Encarnada, de Ramiro Torres
Presentación de Hipnose Encarnada, de Ramiro Torres, na Coruña
A Coruña: presentación de O eco das ondas, de César Morán
Presentación de O eco das ondas, de César Morán, na Coruña
A Coruña: diálogo poético Galiza-Palestina

As dúas actividades realizaranse diante da igrexa de Santo André, aínda que en caso de choiva trasladarase ao local de Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Santo André nº 36, 1º). Toda a información aquí.
A Coruña: conversas arredor de venecia abandonada, de Eduardo Estévez
Anxo Mena obtén a XXXII edición do Premio Nacional de poesía Xosemaría Pérez Parallé
“Anxo Mena, nado en Carral en 1982 obtivo a XXXIV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, que convoca o Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene, co apoio do Concello de Fene.
O xurado escolleu o libro de Mena, titulado Alimentar canarios con ovos da casa, de entre 57 obras presentadas a concurso este ano.
A entrega do premio terá lugar na sede do Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene o próximo sábado 20 de novembro.
Trátase da XXXIV edición deste Premio, creado para homenaxear ao poeta fenés Xosemaría Pérez Parallé, coñecido como O Segrel do Penedo. Poeta popular, activista literario, promotor da celebración en Galicia do Día das Letras Galegas que fora instituído en Montevideo pola comunidade galega no exilio.
O autor galardoado é Doutor en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo, especializado en Paleoceanografía e Sedimentoloxía, temas nos que segue a investigar. Actualmente reside en Cangas e traballa no Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), en Vigo.
Obtivo o Premio de Poesía Anduriña Voandeira (2011), o Premio de Poesía Díaz Jácome de Mondoñedo (2012) e o Premio de Poesía da Universidade de Vigo (2015).
O xurado deste ano estivo composto por: Inma Otero Varela, Ramiro Torres e Regina Touceda.”







