Desde o Consello da Cultura Galega:
“O Consello da Cultura Galega presentou o pasado día 21 de marzo -Día Mundial da Poesía- un vídeo de homenaxe a Xela Arias (como figura homenaxeada do Día das Letras 2021), baseado nun fermoso diálogo literario entre novas voces poéticas e a da autora viguesa. Doce escritoras e escritores nacidos a partir da década dos oitenta imaxinaron en conversa íntima con cadanseu poema de Xela Arias, que eles e elas mesmas seleccionaron.
A poesía converteuse nun lugar de (re)encontro dende o que asomarnos, aínda que for por un intre, a ese anceiado equilibrio imposible. Esta aposta web e audiovisual deu lugar a un proxecto bibliográfico co que lembramos e reinvidicamos o labor editorial da propia Xela Arias, quen xuntou na súa figura o papel de creadora poética e editora. O exquisito traballo das editoras de Apiario deu lugar ao volume que se presenta o 29 de setembro ás 18:30 horas no Consello da Cultura Galega, nun recital en que participan algunhas das voces presentes nas súas páxinas de conversa con Xela e co futuro. Lois Alcayde Dans, Tamara Andrés, Alba Cid, Berta Dávila, Rosalía Fernández Rial, Oriana Méndez, Arancha Nogueira e Ismael Ramos porán voz aos seus versos e aos de Xela. Porque o ano 2021 continúa e Xela Arias segue a ser a protagonista das nosas letras.
A inscrición farase aquí.”
Arquivos da etiqueta: Arancha Nogueira
Compostela: SELIC 2021. Festival da Lectura
Feira do Libro da Coruña 2021: actividades destacadas do 9 de agosto
O 9 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:30 h. Marta Dacosta asinará exemplares de Notas sobre a extinción, publicado por Galaxia, e do resto da súa obra.
– 18:30 h. Recital poético arredor do libro Manifesto 25N. Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller, publicado por Alvarellos. Participan Arancha Nogueira, Andrea Fernández Maneiro, Beatriz Maceda, Viki Rivadulla e outras autoras.
– 18:30 h. Presentación e sinatura de Don Carlos e o misterio dos lucecús, de Patricia Torrado Queiruga, publicado por Baía. Participa, xunto á autora, Belén López Vázquez.
– 19:30 h. Presentación e sinatura de Apelidos da Galiza, Portugal e Brasil, de Diego Bernal, publicado por Através. Participa, xunto ao autor, Alberto Pombo.
– 19:30 h. Héctor Carré asina exemplares de Medos, publicado por Xerais, e o resto da súa obra.
– 20:30 h. Presentación cruzada e sinatura de Zona a Defender, de Manuel Rivas, publicado por Xerais, e Miss Marte, de Manuel Jabois.
Ourense: presentación de Teimas dun ninguén, de Roberto Rodríguez González
Actos expansivos 25 anos con Lois Pereiro
Mesa redonda Intervencións poéticas, poéticas insubmisas
“Poesía polos Penedos”, na Costa da Morte
Compostela: presentación de A mestra corremundos, de Arancha Nogueira
Compostela: actividades destacadas dos 15 e 16 de maio na Feira do Libro 2021
Os 15 e 16 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este fin de semana:
Sábado 15
– 12:00 h. Hortensia Bautista asina Bambán de vento, publicada pola Fundación EDMAIA.
– 13:00 h. Teresa Ríos asina Non estamos preparados para medrar, publicado por Urutau.
– 18:00 h. Victoria García (autora) e Laura Cortés (ilustradora) asinan As formiguiñas fiandeiras, publicado por Hércules.
– 19:00 h. Luís Rodríguez Cao asina As viaxes de Xurxo, publicado por Medulia.
– 20:00 h. Teresa Moure asina A tribo que conserva o lume, publicado por Através, e Sopas New Campbell, publicado por Cuarto de Inverno.
– 20:00 h. Susana Sanches Arins asina SuperUlex, publicado por Cuarto de Inverno.
Domingo 16
– 13:00 h. Ramón Sánchez asina Vagar de náuseas, publicado por Urutau.
– 18:00 h. Raquel Castro asina Dormente, publicado por Galaxia.
– 18:00 h. Ledicia Costas asina Os minimortos e A señorita Bubble. Baixo cero, publicados por Xerais.
– 19:00 h. Arancha Nogueira asina A mestra corremundos, publicado por Cuarto de Inverno, e #hastags para un espazo / confinamento agónico, publicado por Positivas.
– 19:00 h. Rocío Viéitez Ferro (tradutora) asina Mociñas, de Louisa May Alcott, publicado por Laiovento.
– 20:00 h. Daniel Salgado asina Os paxaros e outros poemas, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Xosé Carlos Carracedo Porto asina Diario dun confinamento, publicado por Bolanda.