Arquivos da etiqueta: Castelao
Lugo: presentación de Arredor de Castelao no século XXI, de Pilar García Negro
A Coruña: Castelao político, conferencia de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
O 20 de xaneiro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, comeza o ciclo Castelao Sempre, coa conferencia Castelao político, onde Uxío-Breogán Díeguez Cequiel fará un repaso pola actividade máis senlleira de Castelao, primeiro en Galiza e xa logo no exilio.
Compostela: 75 cabodano de Castelao, o 7 de xaneiro
Compostela: inauguración da exposición do 75 aniversario da sinatura de As cruces de pedra na Galiza, de Castelao
Vigo: inauguración da exposición “Castelao. De Sempre en Galiza ao Consello de Galiza. 1944-2024″
A Coruña: lectura teatralizada de Un ollo de vidro, de Castelao
Lugo: 4º Encontro ao redor da zanfona. “Celme da zanfona”, do 12 ao 15 de setembro
Ferrín analiza nun novo libro os momentos clave nos que se manipulou a figura de Castelao
Desde La Opinión:
“Sempre en Galiza de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao está considerada a Biblia do galeguismo. Hoxe, podemos conseguilo sen problemas. Non iremos ao cárcere; non nolo confiscarán; non sufriremos torturas. Mais dende que se publicou en Bos Aires no 1944 ata expirar a ditadura de Franco, portalo podía supoñer acabar entre reixas. A pesar dos riscos, un rapaz de 15 anos chamado Xosé Luís Méndez Ferrín facíase cun exemplar prestado no 1953. Nunca máis prescindiría dos postulados desta catedral de principios. Estes días, chega ás librarías o novo libro de Ferrín, Castelao é noso (Alvarellos Editora) onde expón os momentos cumio nos que se manipulou o legado do histórico galeguista.
Castelao é noso tamén lembra como Ferrín logrou o Sempre en Galiza. Por teléfono, explicaba onte o escritor e exdirector da Real Academia Galega (RAG) o que sentiu ante aquelas páxinas: “Resultoume moi emocionante e incluso perigoso. Era un libro prohibido, ilegal, transmitido de forma clandestina a través de mariñeiros de barcos de liñas regulares que colaboraban na difusión”.
A súa nova obra recompila 13 artigos publicados neste diario entre 2007 e 2020 en No fondo dos espellos. Os textos falan —como sinala no limiar Fernando Ramallo— do “apropiacionismo” da figura de Castelao, “un suxeito político radicalmente republicano, nacionalista federalista, contrario á monarquía” pero que nos últimos anos foi defendido por determinados políticos —Núñez Feijóo, por exemplo— como monárquico. “Castelao era republicano e morreu como tal”, recalcaba onte Ferrín polo teléfono. A continuación, algúns exemplos da usurpación. (…)”
Pico Sacro: Alba de Gloria 2024
12h: Benvida aos asistentes e intervención de Felipe Senén, Secretario da Real Academia Galega de Belas Artes e exdirector do Museo Arqueolóxico da Coruña.
12: 45h: Rubida ao último treito do cumio do Pico Sacro, para ler o Alba de Gloria de Castelao. As A. C. Vagalumes e A. C. O Galo, lerán Alba de Gloria, sendo este ano a asociación invitada a lela xunto con elas a A. C. Lucenza-Ateneo de Nigrán.
13:30h: Visita á chamada Cova da Raíña Lupa.
15:00h: Xantar. Cada quen levará a súa comida, bebida e os aparellos necesarios para comer.
17h: Roteiro pola Terras da Ulla.













