Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2022

Os Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2022 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, que permiten coñecermos unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores.

– Todos os paseos comezan ás 12:00 h., cunha duración aproximada de hora e media.
–  As inscricións faranse exclusivamente a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal desde o luns anterior a cada un dos paseos, ata que se esgoten as prazas. A duración é de aproximadamente unha hora e media. O lugar de saída para comezar o paseo comunicarase no correo de confirmación da inscrición.

Os paseos son os seguintes:

– 30 de abril, ás 12.00 h. “O ritmo das mareas”, con Teresa Ramiro. Máis información aquí.
A historia do porto pesqueiro das Xubias, o marisqueo na ría… Visualizaremos in situ os lugares máis significativos e explicarannos o pasado e presente de Oza.

– 14 de maio, ás 12.00 h. “A Coruña, capital da banda deseñada galega”, con Manel Cráneo.
Reimundo Patiño, as Xornadas de cómic que se realizaban no Fórum Metropolitano a primeiros dos 90, o festival “Viñetas desde o Atlántico”, as librarías especializadas, Polaqia, Demo Editorial e a plataforma Coruña Gráfica. Unha volta polo panorama autoral local.

– 21 de maio, ás 12.00 h. “Paseo imaxinario pola vida e obra de Luz Pozo Garza“, con Susana S. Arins.
Os paseos imaxinarios (ou non) son unha versión fantasiosa das rutas biográficas. Exixen por parte das participantes a capacidade de se desprazar a outros lugares, pois o espazo en que se desenvolven non deixa de ser unha metáfora doutros espazos. Este paseo imaxinario (ou non) nace da lectura atenta da obra de Luz Pozo Garza e non é outra cousa que unha escusa para compartirmos os seus textos.

– 28 de maio, ás 12.00 h. “As malas mulleres“, con Marilar Aleixandre.
A novela recibiu o Premio Blanco Amor en 2020, e con ela recuperamos a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Coruña, onde Concepción Arenal e Juana de Vega foron pioneiras.

Pontevedra: XXIII Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, 2022

Pontevedra: Culturgal 2021, do 26 ao 28 de novembro

Viveiro: actividades destacadas na Feira do Libro 2021 para os 14 e 15 de agosto

O 15 de agosto continúa a Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela, de 12:00 a 14:30 h., e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:

Sábado 14
– 19:00 h. Luz Darriba asina exemplares de Abril, publicada por Belagua.
– 20:00 h. Primitivo Marcos presenta e asina exemplares de Viveiro 1810. Augas mortais, publicado pola Deputación de Lugo. No acto, o autor estará acompañado por Carlos Nuevo Cal.
– 21:00 h. Paco Rivas asina Talasonimia da Mariña Lucense. Os nomes do Mar, publicado por Embora.

Domingo 15
– 21:00 h. Presentación de Nas pulsacións, de Manuel López Rodríguez, publicado por Espiral Maior; Obra inacabada de Dosinda Christensen, de Xerardo Quintiá, publicado por Alvarellos; e Peixes que esvaraban ao unísono, de Medos Romero, publicado por Caldeirón. Coa presenza, xunto á autora e autores, de Eduardo Estévez e Carlos Lorenzo.

Feira do Libro da Coruña 2021: actividades destacadas dos 7 e 8 de agosto

O 8 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:

Sábado 7
– 12:00 h. Presentación e sinatura de Ba, de Dani Padrón, publicado por Bululú. Participa, xunto ao autor, María Canosa.
– 13:00 h. David Lorenzo asina exemplares de A predicción de Aloia, publicado por Do Cumio, e O neno peixe, publicado por Triqueta.
– 13:00 h. Blanca Millán asina O gran libro das nosas cousas, publicado por Do Cumio, e Benxamín, o cachalote que quería ser golfiño e Lola e as 21 vacas, publicados por Triqueta.
– 13:00 h. Contacontos arredor de Ola! Son un bicho bóla!, con Elvira Ribeiro e a ilustradora Noe Caamaño, publicado por Apiario.
– 18:30 h. Presentación de Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa, de María Canosa, publicado por Bululú. Haberá unha actriz caracterizada de Emilia Pardo Bazán.
– 18:30 h. Presentación de Orixe orzánica das sereas todas, de Rodrigo Osorio, publicado por Alvarellos, coa presenza de Henrique Alvarellos, xunto ao autor. Como personaxes, Urbano Lugrís e Leandro Carré (colabora o colectivo In nave civitas).
– 19:30 h. María Canosa asina Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa, publicado por Bululú.
– 19:30 h. Abel Alves e Jorge Campos asinan exemplares de O destino de Kameko, publicado por Aira.
– 20:30 h. Presentación e sinatura de A vida incerta, de Montse Fajardo, publicada por Do Cumio. No acto participa, xunto á autora, María Xosé Bravo.
– 20:30 h. María Lado asina exemplares de Gramo Stendhal, publicado por Apiario.

Domingo 8
– 18:30 h. Rena Ortega asina exemplares de Bo camiño, peregrino!, publicado por Do Cumio.
– 19:30 h. Xabier Quiroga asina exemplares de O baile dos estorniños, publicado por Xerais, e o resto da súa obra.
– 19:30 h. María Moure de Oteyza asina María das Herbas e as herbaxeiras do Caurel, publicado por Teófilo Edicións.
– 20:30 h. Emma Pedreira presenta e asina Os libros que hai en min, publicado por Cuarto de inverno. Participan, xunto á autora, Andrea Jamardo e David Cortizo Conde.
– 20:30 h. Jamas asina exemplares de Diario dun pirata confinado, publicado por Urutau.

Rianxo: actos destacados na Feira do Libro 2021 para o 23 de xullo

O 23 de xullo continúa a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao, con horario de 12:00 a 14:00 horas, e de 18:30 a 22:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

– 12:00 h. Fon asina Gazafellos, publicado por Aira Editorial.
– 19:30 h. Patricia Torrado asina Don Carlos e o misterio dos lucecús, publicado por Baía.
– 20:30 h. Lois Oreiro asina Os mundos de agora, publicado por Galaxia.