Tres alumnas do CEIP Alcalde Xosé Pichel entrevistan a Carlos Negro e María Solar

Desde Xerais:
“No derradeiro programa de radio do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco neste curso, tres alumnas entrevistaron a Carlos NegroMaría Solar despois de ler Penúltimas tendenciasMasculino singular e As horas roubadas, a iniciativa da profesora Mercedes Queixas:
Nesta ligazón pode verse a visita de Carlos Negro ao centro, que participou no club lector. E noutrouta ligazón, vemos o peche da tempada radiofónica no centro.
O audio da entrevista radiofónica pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.”

A Coruña: programa de Letras Galegas 2017 da Libraría Azeta

Compostela: II Encontro Regueifesta

“O vindeiro venres 12 de maio terá lugar no Auditorio de Galiza, en Santiago de Compostela, o “II Encontro Regueifesta” de improvisación oral en verso, a partir das 10.30.
O Proxecto Regueifesta é un proxecto inovador que está a impulsar a improvisación oral en verso -valores, aprendizaxes e novas normas socio-culturais- no ambito educativo. O seu obxectivo é impulsar un proceso de transformación através da lingua, a música e valores de xustiza social, desde a dimensión lúdica da regueifa, e implicando a comunidade educativa e múltiples axentes sociais.
Regueifesta desenvolve un proceso de participación para a normalización lingüística, impulsando dinámicas de activismo no ámbito educativo, desde o protagonismo do alumnado, profesorado e comunidade educativa e vinculando a escola co movimento social.
O Proxecto está a ser impulsado, inicialmente, polos institutos de Baio e As Cruces, e no Encontro Regueifesta do vindeiro 12 participarán 20 centros de ensino de Compostela e do resto da Galiza. Así mesmo, tamén chegará o IES de Arratia, desde o País Vasco, para participar no segundo intercambio educativo Regueibertso de improvisación oral.
Xa está confirmada a asistencia de 1000 estudantes que encherán as butacas do Auditorio da Galiza. No palco participarán regueifando Alba Maria e Josinho da Teixeira, o alumnado do IES de Viana do Bolo animaranos co seu folión, o grupo VintenBaio do IES de Baio presentará o seu disco “Ainda queda xera”, o alumnado do IES Antón Fraguas porá a bailar a todo o auditorio coa súa proposta musical e o alumnado do IES de Arratia improvisará bertsos (a expresión vasca da improvisación oral en verso).
Ademais, a Regueifesta presenta a nova fornada da regueifa: Xairo de Herbón, Esther das Luras, Noa de Capón, Nuria das Cruces, Lorena Medela e Xandro de Baio.
Terá lugar tamén a entrega de premios do “I Certame Enreguéifate”, impulsado polo Departamento de Lingua do Concello de Santiago, co obxectivo de dar a coñecer o repente galego entre a xente nova. A artista Lidia Botana, Bolboreta, tamén actuará na Regueifesta como madriña do evento, presentando o tema “Boina e Txapela”, himno do proxecto deste ano.
A Regueifesta continúa a súa celebración pola tarde, no Centro Xove da Almáciga, co I Festival “Boina e Txapela”, unha festa musical de freestyle, rap e rock que contará coa participación de Garcia MC e DJ Mil, Moudafaca e Gato Persa, Lidia Botana e, desde Euskal Herria, Radio Revolución e que terá un tempo para micro aberto e improvisación de quen queira participar. Este festival terá lugar a partir das 19.00h.
A Concellaría de Educación e o Departamento de Lingua do Concello de Santiago, a Vicepresidencia da Deputación da Coruña e a Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza son as tres entidades públicas que colaboran no Encontro Regueifesta e no Festival Boina e Txapela, a Vicepresidencia da Deputación da Coruña e a Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza son as tres entidades públicas que colaboran no Encontro Regueifesta e no Festival Boina e Txapela.”

Ourense: Xornada do Día das Letras Galegas. Carlos Casares (aberto ao público interesado)

Mondoñedo é Poesía 2017

Mondoñedo é Poesía 2017 chega á súa cuarta edición convocando, como nas edicións anteriores, a máis de dúas ducias de homes e mulleres, poetas e músicos, que recitarán e cantarán os seus poemas o día 1 de maio nas rúas, prazas e espazos culturais da cidade.
Esta actividade enmárcase dentro da programación das tradicionais Feiras e Festas das Quendas, que se celebran desde 1541 (hai xa 476 anos) en Mondoñedo, cidade creativa e cultural, capital galega da poesía.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS

TENDAL DE POESÍA: “Paxaros na cabeza” [Auditorio Pascual Veiga]
Instalación de traballos coordenados polo profesorado con poemas elaborados polo alumnado do IES San Rosendo e do CEIP Álvaro Cunqueiro.
Horario de visitas: sábado, 29 de abril, e domingo, 30 de abril: de 17:30 a 21:30 horas. O luns, 1 de maio: de 17:30 ata 21:00 h.

OFRENDA-HOMENAXE A EDUARDO LENCE-SANTAR
Cemiterio Vello: Luns, 1 de maio, 17:00 h.
Loador: Armando Requeixo
Con motivo de cumprirse o 25 de abril o centenario do nomeamento de E. Lence-Santar como primeiro Cronista oficial de Mondoñedo.

MONDOÑEDO é POESÍA 2017
Luns, 1 de maio
Nas rúas e prazas coa seguinte orde e horarios:
17:30 h.: Praza da Concello
Daniel Irimia Yáñez, Montse González Álvarez, Marina Oural Villapol, Carmen Pavón Souto e Silvia García. Poema musicado: Paloma Suanzes.
18:00 h.: Praza da Catedral
Antón de Guizán, África Sánchez, Eva García González, Chema Merino e Silvia García Fernández. Poema musicado: Paloma Suanzes.
18:30 h.: Praza Jaime Cabot (ao lado do Auditorio Pascual Veiga)
Carmen Rodríguez Lage, Antón Fortes Torres e Iria Rivas. Poema musicado: Paloma Suanzes.
No Auditorio Municipal Pascual Veiga
De 19:00 a 20:30 h.-Recital poético-musical

Música: Paloma Suanzes.
Regueifas: Trioliro Regueifeiros (Luís “O Caruncho”, Josiño da Teixeira e Bieito Lobarizas).
Poetas: Tamara Andrés Padín, Ana Vila Portomeñe, Xavier Rodríguez Baixeras, Eva Veiga, Miriam Ferradáns Ferradás, Modesto Fraga, Marta Dacosta e Manuel Rivas.

Publicacións*
Papel de color. Publicación conmemorativa de MONDOÑEDO é POESÍA 2017 con deseño e ilustracións de Antón Caxoto e textos poéticos dos e das poetas e músicos participantes.
*Esta publicación entregarase gratuitamente aos asistentes ao final do recital poético-musical no Auditorio Municipal Pascual Veiga.

Organizan: Asociación As San Lucas e Colectivo Mondoñedo É …
Patrocina: Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Educación, Xunta de Galicia e Deputación de Lugo.
Colaboran: Concello de Mondoñedo, CEIP Álvaro Cunqueiro e IES San Rosendo.

Chaves-Verín: Ponte Escrita. 2º Encontro Luso-Galaico de Escritores/as

A Casa-Museo Manuel María convoca un concurso escolar de videopoemas

Desde a Casa-Museo Manuel María:
“A Casa-Museo Manuel María convoca un novo concurso no ámbito escolar, dirixido a todo o alumnado do ensino non universitario a partir de 3º da ESO. Trátase dun concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía de Castro e de Manuel María.
O concurso ten a finalidade de potenciar a creatividade artística do alumnado a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe e, ao mesmo tempo, a difusión da obra poética en galego de Rosalía e a obra de Manuel María, dúas das voces máis destacadas da poesía galega.
As bases estabelecen unha única categoría para a participación neste certame, que vai de 3º da ESO até 2º de Bacharelato, incluindo Ciclos Formativos e ensinanzas artísticas.
Os videopoemas participantes deberán ser construídos sobre a base dun poema en galego de Rosalía ou dun poema de Manuel María. O poema escollido deberá aparecer nalgún momento do vídeo sobreimpreso, con independencia de que apareza tamén doutros xeitos. As videocreacións deberán presentarse en formato MP4 e non excederán dos 3 minutos de duración (incluídos os créditos, se os houber). As bases estabelecen que se debe tratar de pezas orixinais e inéditas. Caso de seren empregadas músicas, imaxes ou textos alleos deberán estar libres de dereitos de autor para as pezas seren aceptadas.
Os centros interesados en participaren nesta iniciativa deberanse preinscribir antes do día 7 de abril por escrito, mediante o envío dun correo electrónico ao enderezo contacto@casamuseomanuelmaria.gal. Seralles confirmada a recepción da preinscrición a través de correo electrónico nas 48 horas seguintes a máis tardar. Os traballos deberán ser enviados antes do día 27 de abril por calquera medio dixital. Antes do 8 de maio a Casa-Museo comunicará os videpoemas seleccionados para a súa proxección na Casa-Museo.
Dita proxección levarase a cabo nun acto público aberto que se celebrará o sábado 20 de maio na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei. Alí o xurado escollido, composto por persoas alleas á organización, valorará os traballos seleccionados e escollerá os premiados.”