Rendemos unha merecida e sentida homenaxe ás mulleres e homes que crearon ás máis fermosas historias de todos os tempos. Repasaremos e sacaremos á luz a súa biografía e reivindicaremos a súa obra. Serán historias contadas, na súa voz e coa nosa palabra, dunha literatura que levan disfrutado lectores dende hai anos, ata converterse nos clásicos de hoxe.
Achegaremos a figura e contaremos contos de Carlos Casares ao alumnado da Escola de Educación Infantil de Barrionovo, que celebrará o Día do Libro na Biblioteca Miguel Sande, o venres 28 de abril ás 10:00 h. e ás 11:00 h.
Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Vigo: A memoria dos pioneiros: Os nenos da varíola, conferencia de María Solar, actividade ligada a Inspiraciencia
Inspiraciencia
é máis que un concurso: como todos os anos, organiza e propón varias actividades paralelas para afondar as interaccións múltiples entre a ciencia e a literatura, como o ciclo de conferencias Elementos da química na literatura, que quere escoitar algunhas das voces que falaron de química do campo literario. Ademais, propóñense outras actividades e formatos de exploración das relaciones entre ciencia e literatura. Destacamos:
A memoria dos pioneiros: Os nenos da varíola
María Solar. Bióloga, xornalista e autora do libro
27 de abril, ás 19:00, no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel. Rúa Joaquín Yáñez, 6. Vigo, Pontevedra
En 1980 a OMS declarou o planeta Terra libre de varíola, unha enfermedade terrible que matou e marcou durante séculos a millóns de persoas en todos os continentes. Era a primeira victoria absoluta dos humanos sobre un virus. Unha vacina rematara por primeira vez, e única polo momento, cunha enfermidade. Esa victoria comezouse fraguar a finais do século XVIII coa invención da mesma, e a comezos do XIX coa primeira expedición para implantala como método sanitario. En 1803 a Expedición filantrópica da vacina sufragada pola Real Facenda Española, amparada polo monarca Carlos IV e dirixida polo médico real Francisco Xavier Balmis, partía do porto da Coruña na corveta María Pita. A bordo o equipo médico da Expedición, a reitora da casa de expósitos da Coruña, Isabel Zendal e 22 nenos orfos que servirían para portar a vacina ata a América, “brazo a brazo” a través dunha cadea de vacinacions. No porto, outro médico pioneiro e ilustrado despedía ao barco, o doutor Posse Roybanes.
A participación española nesta gran xesta médica segue a ser esquecida polos libros de texto e non é o referente histórico e médico que debera. A literatura, unha vez máis serve para poñer carne, pel e sentimentos a cada un dos implicados, para facernos vivir e sentir aquela odisea e entender que tras ela algo importante cambiou no mundo.
Compostela: presentación de Sementes, de Sonia García
Oseiro (Arteixo): celebración do Día do Libro, Rimando e Xogando con Manuel María
Escudeiros (Ramirás): presentación de Versos para conversar, de Xoán Carlos Domínguez Alberte
Ferrol: actos destacados do venres 21 na Feira do Libro
O
venres 21 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Presentación de Anatomía da lingua (Lingua de amar, lingua de amor), de Antón Cortizas, coa participación do ilustrador Leandro Lamas.
– 20:00 h. Bernardo Maiz presenta o seu libro Amada García e os seus arredores, publicado por Embora.
Vigo: presentación de Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas
Vídeo da presentación en Vigo de Sangue de lúa. As crónicas de Landereina e entrevista a Sabela González
Raúl Gómez Pato: “Cando escribes poesía para nenos, tes que entrar no seu universo e amoldarte”
Entrevista
a Raúl Gómez Pato en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Que sentiu ao escoitar os seus poemas musicalizados por primeira vez [Cousas de papá]?
– Raúĺ Gómez Pato (RGP): Cando vou recitar un poema sempre digo que a música de Héctor o mellorou sustancialmente. Ao escoitalo por primeira vez, pensei que o poema estaba moi mellorado. Se a iso lle unimos as ilustracións, a sensación que tes como escritor é o dobre de gratificante.
– LVG: É profesor. ¿Len os nenos menos do que deberían?
– RGP: Na actualidade hai moitas actividades vinculadas coa lectura como os contacontos, que acostuman a estar cheas. Ao que non están acostumados, sen embargo, é a poesía. É curioso porque os nenos quédanse moito mellor cos versos. Pode verse nas cancións, facilítalles moito a tarefa de memorizar.
– LVG: ¿Son un público esixente?
– RGP: Para min e moito máis difícil escribir para o público infantil. Se escribes para adultos falo pensando no teu propio universo pero cando escribes poesía para nenos tes que introducirte no seu universo e amoldarte. A maiores, os nenos teñen moi claro o que lles gusta e o que non. (…)”



