O martes 29 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), Francisco Castro pronunciará unha conferencia titulada Leonardo e Verne, soñadores do futuro, contemplada dentro do ciclo Pasados, presentes e futuros da ciencia na literatura, e que se desenvolve simultanemente, dentro do programa Inspiraciencia, nas cidades de Barcelona, Madrid, Valencia, Vigo e Zaragoza.
Arquivos da etiqueta: Francisco Castro
Madrid: presentación de O caso máis estraño do detective Marschen, de Xavier Frías Conde
O xoves 17 de xaneiro, ás 19:00 horas, en Aturuxo Tenda Galega (C/ Vallehermoso, 104) de Madrid, preséntase O caso máis estraño do detective Marschen, de Xavier Frías Conde, publicado en Galaxia. No acto, presentado por Ricardo Pichel, participará, xunto ao autor, Francisco Castro.
O neno can entra no catálogo das mellores publicacións sobre o tratamento da discapacidade
Desde La Voz de Galicia:
“O neno can, o libro de breves relatos a favor de Unicef no que Fina Casalderrey e Francisco Castro abordan asuntos relacionados coa falta de dereitos básicos que padecen moitos nenos, acaba de ser incluído no Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais. Esta institución, con sede en Oslo, elabora a coñecida como Lista Outstanding Books 2013, unha colección cos títulos destacados polo seu tratamento da discapacidade. O libro galego, publicado no 2012, e no que se contan historias de cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo, a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos ou a discriminación de quen é diferente por calquera motivo, logra desta maneira un gran recoñecemento internacional. Entra nun catálogo que recolle as mellores publicacións sobre esta temática -editado en varias linguas-, e que se expón, primeiro, na Feria do Libro Infantil de Boloña e, posteriormente, en distintas capitais a través dunha mostra itinerante. Asemade, entra a formar parte dunha colección permanente que se expón no Centro IBBY. O libro que, a pesar da crueza das realidades que conta, amosa relatos cheos de vida, publicouse en galego pola Editorial Galaxia, firma que amosa a súa satisfacción polo recoñecemento. Nos vindeiros meses será publicado en castelán por outra editorial. (…)”.
A Coruña: obradoiro de escrita creativa con Francisco Castro
Francisco Castro dirixe un Obradoiro de escrita creativa dirixido a persoas ás que lles gusta escribir. Está concebido dende unha perspectiva lúdica e moi participativa. Quen acuda terá a oportunidade de plasmar sobre o papel todo o que caiba na súa imaxinación, literaturizar a súa vida, xogar a crear mundos coas palabras… en definitiva, a gozar da experiencia literaria e da creación escrita. Todas as persoas que participen terán a ocasión de, dende o primeiro momento, escribir poemas, relatos, contos… a partir de actividades lúdicas e sorprendentes.
Dende o minuto un do Obradoiro escribiremos, faremos literatura. O director do Obradoiro proporá actividades que actuarán como catalizadores da creatividade. Logo, sobre os resultados obtidos (os poemas, os relatos, a descrición dos personaxes, a literaturización dalgún aspecto da realidade), será o momento de teorizar e amosar como grandes autores e autoras da literatura universal construían o seu universo de ficción. O Obradoiro, que é eminentemente práctico e participativo, ten o seguinte programa:
– A práctica do relato breve.
– Crear personaxes.
– Técnicas básicas de narración literaria.
– Como atopar o teu estilo literario.
Os seus obxectivos son escribir e gozar do feito de crear literatura e aprender as técnicas básicas da creación literaria.
RESUMO
– Nivel: Iniciación.
– Duración: 8 horas. Prazas limitadas.
– Datas de inicio e finalización: 11 e 25 de xaneiro; 8 e 22 de febreiro; e 8 e 22 de marzo.
– Horario: venres alternos de 18:00 a 20:00 horas.
– Prezo: 60 € socios. 80 € non socios de Polisemias.
– Inscrición: aquí.
Ribeira: presentación de A verdadeira historia da mosca da tele, de María Solar
O mércores 26 de decembro, ás 20:00 horas, no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira, preséntase A verdadeira historia da mosca da tele, de María Solar, publicado en Galaxia. No acto, xunto á autora, participan Francisco Castro, Quico Cadaval e Tonhito de Poi.
Gondomar: O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, en Espazo Lectura
“O sábado 22 de decembro, ás 12:00 horas, a Biblioteca de Gondomar acolle a derradeira sesión do ano 2012 do club de lectura compartida Lendo Contigo, que celebra ademais o seu quinto aniversario. Moitos dos nenos e nenas que ao longo destes cinco anos participaron nesta actividade, son agora membros do recentemente inaugurado Comando Le. Por iso, para celebrar cinco anos lendo xuntos e atravesando etapas lectoras, o sábado terá lugar unha sesión conxunta do Lendo Contigo e mais do Comando Le que xirará arredor da lectura do libro O neno can (Galaxia, 2012) de Fina Casalderrey e Francisco Castro. Os autores acompañarannos na sesión, pero esta non será a única sorpresa da mañá…” Desde Espazo Lectura.
Manuscritos: Francisco Castro
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
Betanzos: presentación de Cando Artur non era rei, de Xabier López
O venres 30 de novembro, ás 20:30 horas, na Sala Azul do Edificio Liceo de Betanzos, preséntase a última obra de Xabier López, Cando Artur non era rei, publicada en Galaxia. No acto acompañan ao autor Gabriela Rodríguez, presidenta da A. C. Eira Vella, e Francisco Castro.
Madrid: conferencia Ser escrit@r, con Francisco Castro
O martes 20 de novembro, ás 19:30 horas, no Espazo das Linguas Ibéricas (Auditorio Ambrosio Morales da Universidade de Alcalá, C/ Eloy Gonzalo, 3-5) de Madrid, Francisco Castro dará unha conferencia sobre o tema Ser escrit@r.
Bilbao: participación de Francisco Castro nas xornadas LiburuTekia
O martes 13 de novembro, ás 17:30 horas, na Biblioteca Foral de Bilbao, Francisco Castro participará nas xornadas LiburuTekia de Bilbao, na mesa redonda titulada Lenguas minoritarias en la red: reto/oportunidad. El idioma desde el punto de vista del libro. Euskera, catalán y gallego. No acto participan tamén Jorge Giménez e Carles Cortès.