Arquivo da categoría: Música
Vídeos da VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Sexo e obscenidade na literatura de tradición oral (e III)
A
VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Sexo e obscenidade na literatura de tradición oral tivo lugar o sábado 24 de outubro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Lugo (Rúa Ramón Ferreiro, s/n).
Damos a coñecer nesta Axenda os vídeos onde se recollen as intervencións que tiveron lugar ese día. Pódense consultar todos aquí.
– Conferencia de Xosé Miranda e Xoán R. Cuba. Os contos eróticos galegos, presentados por Isidro Novo. O vídeo pode verse nesta ligazón.
– Mesa redonda Cuarta máis, cuarta menos! Escatoloxía, prexuízos e tabús, con José Luis Garrosa, Xosé Miranda e Xoán R. Cuba, moderados por Isidro Novo. O vídeo pódese visualizar aquí.
– Percorrido polo repertorio popular a cargo de Luís “O Caruncho”: Ti contabas as estrelas, eu as areas do chan. O vídeo pode verse aquí.
Compostela: LGx15: Ideas para o futuro da lingua
Vídeos da VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Sexo e obscenidade na literatura de tradición oral (I)
A
VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Sexo e obscenidade na literatura de tradición oral tivo lugar o sábado 24 de outubro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Lugo (Rúa Ramón Ferreiro, s/n).
Desde hoxe damos a coñecer nesta Axenda os vídeos onde se recollen as intervencións que tiveron lugar ese día. Pódense consultar todos aquí.
– Presentación de Cesáreo Sánchez. O vídeo pode verse nesta ligazón.
– Conferencia de Rubén Aramburu: Sexo e obscenidade na canción popular galega. O vídeo pódese visualizar aquí.
– Ilustración musical da conferencia de Rubén Aramburu, por Mini e Mero. O vídeo pode verse aquí.
A Coruña: entrega do Premio Repsol a Marcos Calveiro
O
martes 17 de novembro, ás 20:30 horas, na sede da Fundación Paideia Galiza (Praza de María Pita, 17), na Coruña, Marcos Calveiro recibirá o Premio Repsol de Narrativa Breve outorgado á súa novela Fontán, publicada por Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Román Rodríguez González, Ignacio Egea Kraul, Víctor F. Freixanes e Loreto Silvoso. Ao final haberá un recital a cargo dos membros do Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Rianxo: recital de poesía e música “No desmaio do teu bico” (antoloxía musicada da lírica galega), no IES Félix Muriel
Artes (Ribeira): Encontro de Creadoras no Barbanza 2015
Gondomar: 450 nenos e nenas participan nun contacontos e nun concerto de Mamá Cabra
Este
xoves 12 de novembro 450 nenos e nenas de nove colexios do Val Miñor vanse achegar a Gondomar para asistir a dúas actividades organizadas por Espazo Lectura coa colaboración do Concello de Gondomar: un contacontos a cargo da actriz e contadora Raquel Queizás na biblioteca municipal e un concerto do grupo Mamá Cabra no auditorio Lois Tobío. Estas dúas actividades enmárcanse nunha xornada de achegamento á biblioteca municipal e de fomento da lectura que Espazo Lectura organiza desde hai varios anos coa colaboración do Concello de Gondomar.
A biblioteca municipal acollerá ao longo da mañá do xoves 12 tres pases do espectáculo de contos “A maleta da avoa”, a cargo da actriz e contadora Raquel Queizás. Ademais, no auditorio municipal haberá dous pases dun concerto do grupo de música infantil Mamá Cabra, que este ano celebra o seu 15º aniversario. Os 450 nenos e nenas aistirán ás dúas actividades, organizados en quendas que lles permitirán tamén gozar dunha mañá de lecer e convivencia no espazo do Parque da Coelleira.
Cemiterio dos Ingleses (Camariñas): 125 aniversario do afundimento do Serpent
Vilalba: entrega do premio Chairego de Honra a David Otero
O
sábado 7 de novembro, a partir das 12:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos van nomear a David Otero “Chairego de Honra”, un recoñecemento polo seu labor de espallador das esencias da Terra Chá por todas as comarcas do país. Os actos comenzarán a esa hora na Casa da Cultura, cunha táboa redonda na que van intervir Helena Villar, Xoán C. Garrido, Héitor Picallo, Mini e Mero, Xabier P. DoCampo, Alfonso Blanco e Xulio Xiz… Despois do xantar haberá un concerto de Mini e Mero e o Gaiteiro Nubeiro Raúl Galego.
Para apuntarse ao xantar, é preciso chamar ao teléfono 646413890 ou enviar un correo electrónico a xermolos@xermolos.org







