O mércores 17 de maio, ás 21:00 horas, en Bitácora (Avenida Américas, 57, Santa Cristina, Perillo, Oleiros), terá lugar unha Noite de poemas e narrativa, no marco do Día das Letras Galegas, coa participación de Nuria Otero, Alfredo Ferreiro, Laura Rey, Ramiro Torres, Emma Pedreira e Xosé Duncan, acompañados coa música de Carla López.
Arquivo da categoría: Recitais
Boiro: Maio. O mes das nosas letras
A Coruña: programa de Letras Galegas 2017 da Libraría Azeta
Rianxo, Celanova e Allariz: VIII Seminario sobre a memoria histórica
Visantoña, Santiso: O encanto da fala, por Lisístrata
Arteixo: encontro literario e recital poético na memoria de Paco Souto
O venres 12 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Cívico e Cultural de Arteixo terá lugar un encontro literario, presentado por Alfredo Ferreiro, enmarcado no programa cultural do mes de maio.
Trátase de dar a coñecer as obras máis recentes de autores vencellados ao Concello de Arteixo. Os autores convidados son Francisco A. Vidal, Henrique Rabuñal, Miguel Sande, Modesto Fraga, Xosé Iglesias e Xabier Maceiras.
Tamén haberá un recital poético na memoria do poeta e activista cultural Paco Souto, para o que se conta co seguinte elenco: Emma Abella, Henrique Rabuñal, Iolanda Aldrei, Miguel Sande, Modesto Fraga, Rocío Blanco, Xosé Iglesias, Xabier Maceiras e Alfredo Ferreiro. O evento será acompañado pola música de Alberto Laso e Karlos Barral, co seu proxecto Infusiones Musicales.
Compostela: II Lecturas poéticas en Fonseca, homenaxe a Fran Cortegoso
A Coruña: recital de Martín Veiga e Eiléan Ní Chuilleanáin no Ciclo Poetas Di(n)versos
A segunda
feira 8 de maio, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Martín Veiga e a poeta irlandesa Eiléan Ní Chuilleanáin. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos maio 2017.
A Coruña: lectura pública de poesía de Luz Pozo Garza, introducida por Cesáreo Sánchez Iglesias
Feira do Libro de Santiago: actividades destacadas do sábado 29 e domingo 30 de abril e luns 1 de maio
O sábado 29 de abril comeza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para o sábado 29 e domingo 30 de abril, e luns 1 de maio:
Sábado 29
– 19:00 h. Concerto-presentación de Volta, revolta e reviravolta, de As Maimiñas, publicado por Galaxia.
Domingo 30
– 19:00 h. Espectáculo musical O mundo de Carliños, de Luís Vallecillo, baseado na figura de Carlos Casares.
Luns 1
– 18:00 h. Obradoiro de escrita, por Fernando M. Cimadevila: “Claves para a escrita e a publicación dunha novela”.
– 19:00 h. Presentación e recital sobre Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, libro coordinado por Miro Villar e Xosé M. Lobato, e publicado por Alvarellos.
– 20:00 h. Presentación de Eugenia Osterberger: A compositora galega da Belle Époque (1852-1932), de Beatriz López-Suevos, Susana de Lorenzo e Rosario Martínez Martínez, publicado por Ouvirmos.