Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Cesáreo Sánchez publica Tempo Transfigurado na colección Tambo de Kalandraka. Pode accederse á entrevista aquí.”
Arquivos da etiqueta: Cesáreo Sánchez Iglesias
Crónica videográfica da Gala Premios Mestras e Mestres da Memoria (II)
O
27 de maio tivo lugar en Lugo a Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, actividade que contou co apoio das Áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo. Estes Premios concédense a informantes de literatura popular, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional. A proposta da Sección de Literatura de Tradición Oral, coordinada por Antonio Reigosa, a asemblea xeral de Socios-as da AELG acordou outorgárllelos ás Pandeireteiras da Alén (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos) e a Serafín Mourelle Bugallo.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
– Laudatio de Poldo Cañizo ás Pandeireteiras da Alén:
– Entrega do Premio Mestras da Memoria ás Pandeireteiras da Alén:
– Segunda intervención musical. Con Branca Villares e Ricardo Marcos Casás Salgado:
A Coruña: recital poético arredor da exposición Eclipse sirio, de Ali Ali
Crónica videográfica da Gala Premios Mestras e Mestres da Memoria (I)
O
27 de maio tivo lugar en Lugo a Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, actividade que contou co apoio das Áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo. Estes Premios concédense a informantes de literatura popular, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional. A proposta da Sección de Literatura de Tradición Oral, coordinada por Antonio Reigosa, a asemblea xeral de Socios-as da AELG acordou outorgárllelos ás Pandeireteiras da Alén (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos) e a Serafín Mourelle Bugallo.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
– Apertura da Gala. Antonio Reigosa, coordinador da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG:
– Introdución ao discurso da presidencia da AELG, por Antonio Reigosa:
Crónica videográfica da conferencia de Hélia Correia, Escritora Galega Universal 2017
O venres 19 de maio, na Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural, s/n. – Santiago), Hélia Correia, Escritora Galega Universal no 2017, ofreceu unha conferencia-coloquio, acompañada por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Carlos Quiroga, vogal de Lusofonía da AELG.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa:
– Benvida da presidencia da AELG, Cesáreo Sánchez:
– Presentación da conferencia. Carlos Quiroga, vogal da AELG para a Lusofonía.
Betanzos: presentación de Tempo transfigurado, de Cesáreo Sánchez Iglesias
Crónica fotográfica da Letra E – A Escritora na súa Terra, Pilar García Negro, 2017
Estas son algunas das fotografías da Homenaxe Letra E – A Escritora na súa Terra a Pilar García Negro, que tivo lugar o pasado sábado 10 de xuño en Lugo. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Intervencións de Mercedes Queixas, Cesáreo Sánchez e Pilar García Negro na Homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E (Salón de Plenos, Lugo)
Aquí
poden lerse as intervencións de Mercedes Queixas (acta de concesión da Letra E), Cesáreo Sánchez Iglesias e Pilar García Negro (resposta á laudatio de Carme Fernández Pérez-Sanjulián) na Homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E, o pasado sábado 10 de xuño en Lugo, no Salón de Plenos do Concello.
Intervencións de Cesáreo Sánchez e Pilar García Negro na Homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E (inauguración do monólito, Lugo)
Aquí
poden lerse as intervencións de Cesáreo Sánchez Iglesias e Pilar García Negro na Homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E, o pasado sábado 10 de xuño en Lugo, na inauguración do monólito dedicado á autora na Praza de Ferrol.
Pilar García Negro: “Confórtame ver que hai moitas persoas que valoran o que eu levo valorando tantos anos”
Artigo
en Sermos Galiza:
“Pilar García Negro recibiu na mañá do sábado na cidade de Lugo a homenaxe organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) co gallo da vixésimo terceira edición da súa iniciativa anual A Escritora na súa Terra-Letra E.
Nun salón de plenos consistorial ateigado de persoas e “a rebordar de afectos”, tal como o definiu o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, a protagonista manifestou o seu agradecemento á entidade e á encargada de realizar a laudatio, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, e expresou o seu nerviosismo e preocupación previas ao acto “por non aburrir a tantas amigas e amigos”.
García Negro só tivo palabras de agradecemento para as persoas presentes e asegurou que “o que me conforta é ver que hai moitas persoas que valoran o que eu levo valorando tanto tempo”. Así, en concreto, asegurou que “partillamos obxectivos concretos sobre a difusión práctica da lingua galega, a ampliación de obras de literatura no noso idioma, o pulo a un maior coñecemento de nós propios, da nosa historia… En fin, foi un acto moi esperanzador porque te encontras moi arroupada”.
A escritora luguesa quixo relativizar as palabras que os seus compañeiros e compañeiras dixeron ao longo do acto “porque ben sei que son hipérboles do cariño”; porén, expresou a súa intención de seguir traballando nos anos seguintes “para estar á altura deste recoñecemento” á “ourive da lingua”, en definición do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez.
O xantar de confraternización puxo fin a un programa que non se limitou ao acto do Concello. Deste xeito, ás 11:30 horas, a praza de Ferrol acolleu o descubrimento do monólito conmemorativo e a plantación da árbore, neste caso un magnolio, elección da propia homenaxeada.”





























