O
xoves 5 de xullo, na Capela do Hospital de Cangas, dentro da 29 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, realizaranse dous microespectáculos a partir dunha das Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá (publicadas en Laiovento). Un da actriz e performer María Roja, que conta coa colaboración no espazo sonoro de Berio Molina, e outro da actriz Paula Pier, con dirección e dramaturxia de Diana Mera.
Arquivos da etiqueta: Edicións Laiovento
Ferrol: presentación de A saúde como negocio
A Coruña: presentación de Outramente…, de Pilar García Negro
O
martes 22 de maio, ás 20:00 horas, na Sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia (Cantóns da Coruña), preséntase o libro Outramente…, de Pilar García Negro, publicado en Laiovento. No acto, xunto á autora, participan Francisco Pillado, José Luis Gómez e María M. Val.
Arteixo: presentación de Tres logomonos: Colgados, Pisados, Esnakizados, de Gustavo Pernas
O
mércores 16 de maio, ás 20:30 horas, no Centro Cultural de Arteixo, preséntase o libro Tres logomonos: Colgados, Pisados, Snakizados, de Gustavo Pernas, publicado en Laiovento. No acto, no que participan Francisco Pillado, Miguel Anxo Fernán-Vello, Celina Varela Suárez e Ánxela Abalo, o autor fará unha lectura dramatizada de Snakizados. No mesmo espazo, o venres 18 de maio ás 20:30 horas, represéntase Pisados, de Áncora Produccións.
Santa Cruz, Oleiros: presentación de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco
O
xoves 22 de marzo, ás 19:00 horas, nas Torres de Santa Cruz (Oleiros), preséntase o libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, publicado en Laiovento. No acto, no que se proxectará o documental As silenciadas, de Pablo Ces, participa, xunto á autora, Francisco Pillado.
Ribadeo: presentación de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco
Conxo: presentación de Lingua galega e variación dialectal, de Xosé Manuel Sánchez Rei
A
cuarta feira 14 de marzo, ás 20:00 horas, na Casa das Asociacións (Rúa Manuel Beiras) de Cornes, Conxo, terá lugar a presentación do libro Lingua galega e variación dialectal, de Xosé Manuel Sánchez Rei, publicado en Laiovento. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Ramón Freixeiro Mato e Néstor Rego.
A Estrada: presentación de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco
O
xoves 8 de marzo, ás 20:00 horas, na sala de exposicións de Novagalicia Banco da Estrada, a Asociación Cultural Vagalumes, con motivo do Día Internacional da Muller, realizará un acto de presentación do libro da profesora Aurora Marco Mulleres na guerrilla anfranquista galega, no que se proxectarán imaxes do documental As silenciadas, de Pablo Ces. No acto, xunto á autora, intervirá Francisco Pillado.
Vigo: presentación de Dramatículas, de Afonso Becerra
O
mércores 15 de febreiro, no Teatro de Arte Livre (Rúa Vázquez Varela, 19), de Vigo, preséntase o libro Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. No acto, xunto ao autor, participan Marta de Sinllán e Manuel F. Vieites, contando tamén coa actuación teatral de María Roja, Roberto Cordovani e Javi Toste.
Xuño, Porto do Son: presentación de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, e proxección de As silenciadas
O
sábado 4 de febreiro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura (Lugar da Agra, s/n, a carón do Centro de Saúde) de Xuño (Porto do Son), preséntase o libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, publicado en Laiovento. No acto, en que se proxectará o documental As silenciadas, de Pablo Ces, e organizado pola A. C. Barbantia, participarán, xunto á autora do libro, Pablo Ces e Xesús Laíño.

