Arquivos da etiqueta: Nus
Nus. Manuel Gago
Desde Radiofusión:
“A novela publicada por Xerais (2021) provoca sorrisos e incluso gargalladas limpas. Aparecen compartindo un xantar Cunqueiro e Castroviejo e mestúrase na trama a gastronomía e o sexo. “O amor celébrase mellor cando a comida é feliz e abundante. (…) O sexo continua tras o pracer de xantar, como unha segunda sobremesa” afirma o narrador, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do pais. Manuel Gago contou en Radio Fene unha anécdota relacionada co nudismo. Pasoulle a Pio Cabanillas e a Manuel Fraga na zona do Salnés.
Toño Figueroa é un crápula, cínico e desvergonzado, pero pouco a pouco vai xerando empatía coa persoa lectora. Hai ademais dúas personaxes en Nus que xa apareceran na súa novela anterior O anxo negro. (…)
A Manuel Gago interésalle a gastronomía, a arqueoloxía, o sexo e aspectos da historia contemporánea de Galicia. Interésanlle cousas moi diferentes.
“Mirádevos, facédeme o favor. Nas mozas aínda ben, aí tedes a Lola, con eses xenerosos peitos de Venus prehistórica, e a Carmiña, toda ela fecundas cadeiras de egua árabe! Pero que hai de fermoso no corpo dun home coma nós, que non é máis ca unha acumulación de residuos de lacón con grelos e de ribeiro tinto! O último home merecente de amosar as vergoñas foi o David de Michelangelo!”
O escritor Manuel Gago e o narrador Toño Figueroa rinse de si mesmos con párrafos como este na novela Nus.”
Pode escoitarse aquí.
Ponteareas: actos destacados na Feira do Libro 2021 para os 17 e 18 de xullo
O 18 de xullo finaliza a Feira do Libro de Ponteareas (na Praza Maior, con horario de 12:00 a 14:00 horas -o sábado 17 de xullo abre ás 11:00 horas-, e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 17
– 20:00 h. Luz Darriba presenta Abril, publicado por Belagua.
– 20:00 h. Hortensia Bautista e Aurora Quinteiro asinan Bambán de vento, publicada pola Fundación Edmaia.
– 21:00 h. Rexina Vega asina O estado intermedio, publicado por Galaxia.
Domingo 18
– 18:00 h. Paula Carballeira presenta Pan con chocolate, publicado por Xerais.
– 19:00 h. María Lado asina Gramo Stendhal, publicado por Apiario.
– 20:00 h. Manuel Gago presenta Nus, publicado por Xerais.
– 21:00 h. María Lado presenta Palabra de marzo, publicado polo Concello de Ponteareas.
Nus, a nova novela de Manuel Gago: “Os coiristas dos 80 foron os primeiros en decatarse do poder da imaxe nas protestas sociais”
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Nus é un retrato irónico e irreverente da contraditoria Galicia dos 80 a través das aventuras dun crápula. A novela sitúanos na revolución nudista nas praias galegas e as convulsións políticas e sociais da época. O autor conta a historia desta época desde a perspectiva da clase alta e adéntrase na literatura erótica. A entrevista pode verse aquí.”
Compostela: actividades destacadas dos 8 e 9 de maio na Feira do Libro 2021
O 8 de maio comeza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este fin de semana:
Sábado 8
– 12:30 h. Pregón de inauguración a cargo de Arantza Portabales.
– 13:00 h. Arantza Portabales asina A vida secreta de Úrsula Bas, publicada por Galaxia, e Historias de Mentes, publicada por Bululú.
– 13:00 h. Esther Carrodeguas asina Malcriada e 32m2, publicadas por Positivas.
– 18:00 h. Yolanda Castaño asina Xela quixo ser ela, publicado por Xerais.
– 18:00 h. Estefanía Padullés asina Leopoldo, o pequeno monstro, publicado por Hércules, e Un mundo para Maruxa, publicado por Belagua.
– 19:00 h. Luz Darriba asina Abril, publicado por Belagua.
– 19:00 h. Beatriz Busto Miramontes asina Um país a la gallega, publicado por Através.
– 20:00 h. Antón Reixa asina Outlet, publicado por Chan da Pólvora.
– 20:00 h. Andreia Costas asina Corazón de vaca e outras vísceras, publicado por Urutau.
Domingo 9
– 19:00 h. Carlos Negro asina Non cantan paxaros neste bosque, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Manuel Gago asina Nus, publicado por Xerais.
Tabela dos libros. Abril de 2021
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a nova Tabela dos Libros, que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Manuel Gago: “A novela retrata un escándalo da época e revela un segredo que poucos coñecen”
Entrevista a Manuel Gago na Radio Galega:
“No Galicia por diante, con Kiko Novoa, Manuel Gago preséntanos Nus, unha historia sobre o país e o movemento nudista dos 80, na editorial Xerais. “A novela retrata un escándalo da época e revela un segredo que poucos coñecen”, asegura na Radio Galega. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Nus (Xerais), de Manuel Gago
Manuel Gago presenta Nus: “Como un crápula acaba metido nas reivindicacións nudistas da Galicia dos 80”
Entrevista a Manuel Gago na Radio Galega:
“O colaborador do Galicia por Diante, Manuel Gago, anunciou que a súa próxima novela, Nus, publicarase o 11 de marzo. Aproveitou o espazo das #Efeméridas para adiantarnos un pouco máis a historia deste grupo que, no principio dos 80, loitaron polo dereito a ir espidos en Galicia. A entrevista pode escoitarse aquí.”