Arquivo da categoría: Teatro en escena
Boiro e Lugo acollen esta fin de semana #camiños, de ButacaZero
O venres 15 de novembro chega á Cachada de Boiro unha das pezas máis divertidas e sorprendentes da escena teatral galega: #camiños, de ButacaZero en coprodución co Centro Dramático Galego. Neste caso, a cita será dobre, xa que pola mañá poderán desfrutar os adolescentes de boiro, ás 11:30, e xa pola noite, ás 21 horas, están convocados á cita todos os veciños e veciñas. Trala función, a compañía cambia de provincia xa que o domingo, ás 18:30, serán os lugueses e luguesas as que poderán desfrutar da peza no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Quen somos os galegos e as galegas do século XXI? Como nos colocamos no mundo nós, que levamos sempre o móbil pegado á man e vivimos nun mundo globalizado? Que queda dos e das nosas devanceiras dentro da nosa sociedade? Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira son os creadores desta peza que nos leva de camiño a nós mesmos, ao que somos e ao que desexamos ser, ao que fomos un día e ao que un día, podemos chegar a ser.
Para tecer este mapa botaron man de todos os rexistros escénicos necesarios: coreografías, teatro físico, bufón, música, playback, pasarela, audiovisuais. Unha peza imbuída por un espírito millenial, que, ao igual que as redes sociais nas que adoitamos gastar o noso tempo, é un collage ecléctico que tenta explicar o noso mundo. Un aluvión escénico que pretende non deixar a ninguén indiferente. Unha festa teatral na que celebrármonos pero tamén, reflexionármonos.
Tanta festa se xuntará no Auditorio de Goiáns que estarán presentes As churrascas, lideradas por Carrodeguas, que levarán a escena “aDiosRíos_aDiosFontes”, o título do seu primeiro “hit” de música electrónica cos versos de Rosalía de Castro. Un hit que suma xa 4.000 visitas en Youtube e que veu realizado por Fran X. Rodríguez, rianxeiro que non deixa de sumar premios no eido audioviosual
Compostela: lectura dramatizada de Estrelecer, de Carlos Labraña
A Galicia baleirada sobe a escena en As Pontes
“O vindeiro sábado 2 de novembro, ás 20 h, chega ao cine Alovi das Pontes unha das pezas máis divertidas e sorprendentes da escena teatral galega: #camiños, de ButacaZero en coprodución co Centro Dramático Galego.
Quen somos os galegos e as galegas do século XXI? Como nos colocamos no mundo nós, que levamos sempre o móbil pegado á man e vivimos nun mundo globalizado? Que queda dos e das nosas devanceiras dentro da nosa sociedade? Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira son os creadores desta peza que nos leva de camiño a nós mesmos, ao que somos e ao que desexamos ser, ao que fomos un día e ao que un día, podemos chegar a ser.
Para tecer este mapa botaron man de todos os rexistros escénicos necesarios: coreografías, teatro físico, bufón, música, playback, pasarela, audiovisuais. Unha peza imbuída por un espírito millenial, que, ao igual que as redes sociais nas que adoitamos gastar o noso tempo, é un collage ecléctico que tenta explicar o noso mundo. Un aluvión escénico que pretende non deixar a ninguén indiferente. Unha festa teatral na que celebrármonos pero tamén, reflexionármonos.
Tanta festa se xuntará no Auditorio de Goiáns que estarán presentes As churrascas, que levarán a escena “aDiosRíos_aDiosFontes”, o título do seu primeiro “hit” de música electrónica cos versos de Rosalía de Castro.
SINOPSE #camiños
Carolina viaxa de cara aos EEUU. Daiana, neta dunha emigrada galega, volve da Arxentina. Comparten asento no aeroporto. E entre elas, debúxanse milleiros e milleiros de #camiños. Camiños que unen as aldeas coa cidades, os poemas de Rosalía coa música electrónica, o spinning co churrasco, e as fotos viradas sepia coas que acabamos de colgar en ínstagram…
Camiños que unen o que fomos e o que desexamos ser.”
A Coruña: lectura dramatizada de O círculo, de José Luis Baños de Cos
Outeiro de Rei: Lucecús Teatro presenta Os libros contraatacan
Ferrol: À mesa!, de Teatro do Pichel
Cangas: presentación de Acariñando os desexos e A viaxe de Burhan. Éxodo, de Xoán Carlos Riobó
Compostela: representacións de O que segue, de Funboa Escénica
Vigo: representación de Armazenados
O 17 de outubro, ás 19:00 horas, no Centro Cultural Camões (Praza Tenente Almeida, s/n.), en Vigo, terá lugar a representación da obra teatral Armazenados, con texto de David Desola traducido por Diana Vasconcelos e Afonso Becerra.