Lugo: Proxecto Florencio, no Museo Provincial

O xoves 6 de setembro, a partir das 20:30 horas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n), aCentral Folque, co apoio da Área de Cultura e Turismo, vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo e do concello da Fonsagrada, presenta o Proxecto Florencio, unha proposta educativa para músicos de toda Galiza centrada no repertorio de Florencio dos Vilares: violinista cantor e contador natural da Fonsagrada de grande relevancia dentro do patrimonio musical galego. O espectáculo resultante, estreado n’A Fonsagrada no mes de xullo, conta coa dirección musical do zanfonista Germán Díaz e coa presentación de Celso Sanmartín. A entrada é de balde.

Mondoñedo: performance poético-gastronómica Untares galegos, con Estíbaliz Espinosa e Marina Oural

O xoves 17 de novembro, entre as 12:00 e as 14:00 horas, no mercado de Mondoñedo, terá lugar unha performance poético-gastronómica baixo o título de Untares galegos, a cargo de Marina Oural e Estíbaliz Espinosa, dentro do ciclo cultural organizado pola Central Folque baixo o título Cunqueiro. Estación Mondoñedo. Vía Poesía Galega.

Cunqueiro. Estación Mondoñedo

Cunqueiro: estación Mondoñedo é un ciclo de actividades culturais en homenaxe ó escritor Álvaro Cunqueiro, cun programa variado sobre a súa figura e a súa obra: teatro, poesía, gastronomía, vida tabernaria, maxia, fantasía, imaxinación, deseñado por aCentral Folque para o Concello de Mondoñedo.

Marín: Moita poesía, pouca diversión, con Lucía Aldao e María Lado

O domingo 12 de xuño, ás 20:00 horas, como parte da programación do Ciclo Artes no Mercado de Abastos de Marín que organiza a Central Folque, Lucía Aldao e María Lado achegarán o seu espectáculo Moita poesía, pouca diversión, como parte da programación do ciclo Artes no Mercado de Abastos que organiza a Central Folque.