
Arquivos da etiqueta: Begoña Caamaño
Presentación de O transgredir das ondas, de Paula Carballeira, na Coruña
Feira do Libro 2026 en Noia
Acto polo Día das Letras Galegas 2026 dedicado a Begoña Caamaño, en Vigo
Crónica fotográfica do acto polo Día das Letras Galegas 2026 na Coruña, o 10 de maio
Estas son algunhas das fotografías do acto polo Día das Letras Galegas que tivo lugar diante do Teatro Rosalía de Castro, na Coruña. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Vigo: acto polo Día das Letras Galegas 2026 dedicado a Begoña Caamaño
Manifesto da Plataforma de Crítica Literaria A Sega. Begoña Caamaño XIII Nosa Señora das Letras. 2026
Desde A Sega:
“Das que miran cara atrás para mirar cara adiante
Mirar cara a atrás é desfacer o relato que os homes teceron sobre nosoutras e co que nos amortallan, é atopar novos significados, reconciliarnos coas nosas devanceiras, recoñecer as verdadeiras heroínas e protagonistas e sementar referentas. Isto supón desfacer o relato e é aí cando as mulleres que miramos cara a atrás podemos enxergar o noso arredor e o cara a adiante. Na literatura dos homes, a figura dos clásicos (sempre en masculino branco occidental cisheterocentrado), actúa como un dedo acusador que indica o que non debe tocarse. Atreverse a relatar con outros ollos desanímase como transgresión contra o sagrado patriarcado. Toda aquela muller que mire cara a atrás será castigada. Por iso, unha e outra vez, as autoras debemos facer fronte e fitar aos ollos os relatos creados nas diferentes culturas. Transgredir para chegar a outro lado. Desfacer os mitos dos heroes, as fazañas que se edificaron sobre os nosos corpos e mediante a nosa opresión. Remexer o pasado para remanecer nun novo presente, nun futuro diferente. É esta unha tarefa ben complexa e hai a quen as meigas e as deusas tocan para que dese esforzo emerxa non só unha relectura, senón tamén unha voz singular e única. Escritas que tecen devanceiras para converterse nas nosas fragas libertarias. Relatos que revisan conceptos da nación. Palabras que anovan a linguaxe ao fozar cunha pericia insólita nos lugares máis escolleitos do idioma. Novelas que refugan da superficialidade e buscan irmás cómplices nas súas profundidades. Mares, fragas, tecidos, rebeldías, amizade, sororidade e comunidades de mulleres. Todo isto e máis construíu coa súa escrita e coa súa vida a nosa señora das letras 2026: Begoña Caamaño.“
Actividades polo Día das Letras Galegas, en Ribas de Sil
Día das Letras Galegas, maio de 2026
Esta actividade polo Día das Letras Galegas, maio de 2026, coorganizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a AELG, conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
Nesta ligazón pode descargarse o documento en .pdf coa proposta.














