A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento de Carlos Taboada

O escritor, editor, publicista e ilustrador Carlos Taboada faleceu o 13 de agosto en Pontevedra. Autor de diversas obras individuais e colectivas, levou adiante tamén un importante traballo en proxectos como o colectivo de actividades artísticas Polo Correo do Vento e Lela Edicións.

Na páxina web da AELG poden verse as entrevistas e obra lida polo autor na súa propia voz.

Quédanos a súa obra e o seu exemplo vital como persoa de creatividade multidisciplinar e grande humanidade.

Desde a AELG adherímonos ás palabras que Míriam Ferradáns nos transmite sobre Carlos: “Ser bo. Ser bo e esforzarse por selo. Escoller entre moitas posibilidades aquelas que permiten seguir alimentando un corazón limpo e nobre. Posuír a bondade sen limitarse ao xesto. Traballar con talento, alegría, visión e profundísimo compromiso cara á cultura, á lingua, á infancia e á sociedade. Traballar con amor. Cunha sensibilidade incuestionable. Con ansia. Ser bo e trazar as cores dos murais, as cores dos libros, as cores das palabras e as cores da risa das persoas queridas que resoarán, co pasar do tempo, coma unha melodía vibrante e feliz. Ser bo e que este silencio inesperado atravese centos de estratos ata o centro exacto da vida que ti nos deixas.”

Pontevedra: Festa dos Libros 2025

Pontevedra: Festa dos Libros 2024

Pontevedra: Festa dos Libros 2023

Programa da Festa dos Libros 2023 en Pontevedra

Carlos Taboada le un texto de Ricardo Carvalho Calero

Desde a AELG recollemos a lectura dun texto de Ricardo Carvalho Calero, por parte de Carlos Taboada, no marco da homenaxe ao autor ferrolán proposta desde a área de Patrimonio e Lingua da Deputación de Pontevedra en colaboración coa AELG, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #Aculturasegue e/ou #CulturaNaRede.